Sangría nos sectores económicos galegos
Son as pequenas empresas as que representar maior caída, no caso de ingresos, case 10 pontos con referencia ao 2008. Non sucede tal cousa nas grandes empresas
A sangría de sectores económicos galegos, sigue medrando no país. Hoxe sabemos que un número de 6.000 empresas deixaron a súa actividade, entre os anos 2007 e 2010. A ninguén se lles escapa o que significa isto para a nosa economía, e o reflexo que ten PIB. Que dicir das consecuencias que traen estes dados para os postos de traballo. A recesión cabalga desbocada. Hoxe o noso panorama económico, podemos dicir, que está nunha fase de quebramento brutal. Só un reducido grupo, a cabeza do que está Indetex, fuxe desta queima. Un sector que amáis do das confeccións ten o alimentar e o de material de transporte. Ao marxe destes sectores segue o decrecemento, con forza no agrario e pesqueiro. No país contamos con sectores defininos como de crecemento e potencialidade, estratéxicos por así dicir, para unha sustentábel economía produtiva e creadora de postos de traballo digno. Falamos do agro-alimentar, pesqueiro ou naval. Mais as políticas aplicadas no país seguen as liñas mestras, caduca e retrógradas, conducentes a impedir un desenvolvemento normal dos nosos sectores produtivos. Non son capaces, nen sequera, de aplicar directrices políticas que amainen a recesión que nos destrúe.
As empresas galegas, no seu conxunto están a perder postos de traballo. Os datos aportados polo INEN apuntan que no ano 2009, o emprego perdido por sectores é: na construción 16.6%, na industria o 15.6% e nos servizos o 1.9%.
A distribución do emprego, por sectores de empresas, segundo o informe Ardan deste ano, seria o seguinte. No ano 2009, as 10.779 empresas, que representan un 67%, e teñen entre 1 e 10 traballadores, empregaban a 51.766 traballadores. As 4.482 empresas, sendo o 27.8%, e tendo entre 10 e 50 traballadores, empregaban a 95.045 traballadores. Logo están as 717, cunha presenza do 4,5%, entre 50 e 250 traballadores, que empregaban a 71.678 persoas, e por último, as 118 empresas, representando un 0.7% , con mais de 250 traballadores, que empregan a 103,403 persoas.
E de resaltar que as empresas que teñen entre 1 e 10 traballadores, representan o 16% dos postos de traballo, o emprego é onde menos baixa, sobre 0,5%, ao tempo que son as que menos rendabilidade e valor engadido teñen. Tendo unha media de valor engadido, negativo, sobre o -5% e unha rendabilidade económico do 3%. En comparanza coas grandes empresas onde o valor engadido e positivo, a rendabilidade económica se sitúa por media nun 5%, perdendo mais postos de traballo, un 5%; sendo a perda de postos de traballo, maior nas empresas entre 50 e 250 traballadores.
Son as pequenas empresas as que representar maior caída, no caso de ingresos, case 10 pontos con referencia ao 2008. Non sucede tal cousa nas grandes empresas.
Vemos nestes datos como as pequenas e medianas empresas aportan postos de traballo e actividade. Aínda sendo as mais castigadas pola políticas económicas. Sen estar estas en actividade non é posible a creación de postos de traballo e moitos menos un desenvolvemento económico dos país. Son estas as que non des-localizan as economías.
A nosa economía, que hoxe ven a representar o 5,30% do PIB da economía española, necesita políticas que a encamiñen a unha produción diferenciada, onde primemos sectores tradicionais pero aínda hoxe vitais, para a nosa industrialización e para a creación e potenciación dos nosos sectores produtivos. As medidas que non aposten polos sectores da industria agro-alimentar e pesqueira, sempre mermaran os nosos potencias económicos. Dentro do combate as marcas brancas, que nos danan gravemente.
Tamén hai que gañar espazos e mercados, e incrementar as exportacións aos países emerxentes, onde China , Brasil e a India, xogan un determinante papel. Pero, unha economía tan debilitada coma a galega, ten serias dificuldades para exter-nacionalizarse, por moitos motivos, entre os que podemos destacar a falta de capital necesario, o tamaño da nosa empresas, -subsanábel coas agrupacións- e a falta de interese das administracións. Tamén a nosa situación para as exportacións, foi desfavorábel no ano 2010. A recesión seguirá.