Saír do euro, crucial para Grecia
O certo é que a unión económica e monetaria fracasou, en particular porque creou unha fenda insostíbel entre o centro e a periferia
A falta de pagamento e a saída de Grecia [do euro] constituíron en todo momento a saída máis probábel da crise da eurozona. O certo é que a unión económica e monetaria fracasou, en particular porque creou unha fenda insostíbel entre o centro e a periferia. É probábel que para os países periféricos formaren parte da UME (Unión Monetaria Europea) sexa fonte de estancamento e desigualdade de rendas. Xa supuxo para Grecia un fracaso de proporcións históricas.
O problema ao que se enfrontaba o país en 2009-2010 tiña moito en común co resto da periferia, unha enorme débeda pública e privada, baixa competitividade, inxentes déficits por conta corrente e un déficit e unha débeda públicas que se estaban disparando rapidamente. A resposta da UE foi torpe. Adiantouse a Grecia o chamado rescate, pero a taxas do 3% e o 4% por riba das pagadas por Alemaña. Impúxose unha severa austeridade, recortando a renda nacional en 4,5% en 2010 e probabelmente nun 4% este ano.
Mesmo un alumno de primeiro podería chegar a entender que o último que necesita alguén en bancarrota son máis empréstitos punitivos e un recorte dos ingresos; inevitabelmente o plan de estabilización foi unha desfeita, fracasando en todos os seus obxectivos orixinarios. As cifras son impresionantes. Coas actuais medidas políticas, a "troika" UE/FMI/BCE (Banco Central Europeo) espera que a débeda soberana aumente até o 200% do PIB en 2015, desde un 150% aproximadamente na actualidade. O servizo da débeda custará un 12% do PIB -ben máis que o gasto en saúde e educación- mentres que o déficit do goberno estará nun 15% do PIB. O país quedará incuestionabelmente en bancarrota. Plenamente conscientes disto, os mercados financeiros estanse negando adiantar un céntimo máis en novos empréstitos privados. E dado que a troika planificara que Grecia retornase aos mercados en 2011 a lombos do esperado éxito do plan de estabilización, a crise chegou ao paroxismo.
A resposta da troika revela o fracaso sistémico rexistrado no corazón da eurozona. Grecia recibirá outro inxente empréstito, pero debe impor unha maior austeridade que inclúa recortes salariais e de pensións, mesmo a perda de 150.000 empregos na administración, máis impostos e unha privatización radical. E que é probábel que ocorra se o país acepta isto? Segundo os cálculos da troika, en 2015 a débeda soberana constituirá o 160% do PIB, o servizo da débeda custará o 10% do PIB e o déficit suporá o 8% do PIB. En resumo, Grecia seguirá estando en bancarrota.
Que sentido ten, daquela, este novo rescate? A resposta é que se trata de rescatar os posuidores de bonos e comprar tempo para os bancos. Jean-Claude Trichet, o presidente do BCE -un burócrata non elixido- impúxolle a súa vontade a Angela Merkel, a representante política máis poderosa de Europa. En 2015, Grecia atoparase en bancarrota, pero a súa débeda estará abrumadoramente en mans de entidades crediticias públicas: a UE, o BCE e o FMI. Cando se produza a falta de pagamento, os bancos xa estarán fóra diso e a carga recaerá nos contribuíntes europeos. Mentres tanto, Grecia someterase ao xugo da austeridade e presentará un desemprego oficial de en torno ao 15%. E cando a UE cancele a débeda grega, como debe, imporalle desmesuradas esixencias, entre as que talvez se conte unha aberta presión para que abandone a eurozona.
Por desgraza para a troika, esta vez o pobo grego entendeu a maldade do que se propón. Sente profundamente furioso cos seus representantes políticos e por ser obxecto de calumnias. Á fin e ao cabo, os gregos traballan máis horas que a maioría da xente da UE e, en tanto que asalariados, non poden evitar os impostos. Parece que se cruzou o Rubicón, pois o país está sopesando abertamente a opción da falta de pagamento e a saída.
No caso de que isto sucedese, sería un golpe de envergadura para a economía. Pero os gregos están preparados para afrontar unha situación apurada se vén un vieiro que leve á recuperación, algo que lles nega a política da UE. Unha forza política que prometese executar a falta de pagamento e a saída de forma democrática e soberana pondo á xente por diante dos bancos arrasaría co que se lle puxese por diante. Polo que respecta á UE, tería que lidar coa situación posterior no tocante aos bancos e a UME, coa esperanza de atopar a alguén que non sexa Trichet para que sirva de guía.