Que monotonía un traballo fixo para toda a vida

Que monotonía un traballo fixo para toda a vida
Chama a atención que se poida trivializar dun xeito tan obsceno sobre a estabilidade laboral

Mario Monti o novo primeiro ministro italiano non tivo reparo algún en afirmar nunha entrevista "digamos a verdade, qué monotonía un traballo fixo para toda a vida".

O exdirectivo do Goldman Sachs é comisario de diferentes carteiras da Comisión da UE mostra deste xeito a nula sensibilidade ou preocupación pola situación de miles de compatriotas italianos e de cidadáns europeos que ven como cada vez teñen mais dificultades para encontrar un posto de traballo. Chama a atención que diante da realidade dramática que están a vivir tantas familias se poida trivializar dun xeito tan obsceno sobre a estabilidade laboral. É revelador da aplicación da falla de escrúpulos na aplicacións das políticas de recortes nos dereitos e conquistas sociais.

A súa designación ao frente do goberno italiano e a de Lucas Papandreu no goberno grego foron impostos polo capital financeiro - "os mercados"- con absoluto descaro violentando o sistema democrático.

O plan impulsado por Monti denomínase "Salva Italia" pero as medidas que implica consistentes en mais precariedade, mais privatizacións, e mais recortes non van salvar aos italianos senón todo o contrario.

Do mesmo xeito, as medidas impostas pola troika a Portugal ou a Grecia están profundizando na crise económica e castigando á maioría social. Asusta comprobar como se propón a redución de salarios e pensións a privatización de servizos públicos, o despido de funcionarios públicos, a eliminación de negociación colectiva, etc, como condición para a financiación da débeda pública e se incrementa deste xeito o desemprego e a crise económica. En Galiza tamén podemos comprobar o fracaso destas políticas de recortes impulsadas por Feijoo nestes anos. As súas consecuencias non fan mais que agravar a crise afectando cada vez mais sectores económicos e sociais.