Proxecto de orzamentos do goberno galego para o 2012, continuístas e antisociais
Maior recorte dos Servizos Públicos e dos seus cadros de persoal
En diferentes ámbitos estanse a debater e coñecer as intencións do goberno galego de cara os próximos presupostos do ano 2012, proxecto con propostas que no relativo ás retribucións e reposición de efectivos do persoal da Xunta de Galiza,supoñen a continuidade na redución salarial dos empregados/as públicos/as nunha media dun 5% e a redución das pagas extras en máis do 30%; limitan ao 10% a taxa de reposición, incluíndo á Sanidade e o Ensino, e non recollen sequera unha cláusula de revisión salarial.
As retribucións dos empregados públicos fíxanse na mesma contía que no 2011. Estamos ante uns orzamentos que consolidan a rebaixa salarial do ano 2010 e que supoñen unha perda real de poder adquisitivo ao situarse a taxa de variación interanual do IPC galego en 3,4% xa no mes de setembro. Isto acumulado á suba do IPC do 2010 e 2011 xunto co recorte do primeiro ano e a conxelación do 2011 vai supor unha perda de ao redor do 15% do poder adquisitivo. Mantense e afóndase na redución salarial do persoal que traballa na Administración.
A taxa de reposición de efectivos segue a ser do 10%. Isto supón na práctica a desaparición da Oferta de Emprego Público, eliminando as posibilidades de promoción profesional dos empregados públicos e colapsando progresivamente o funcionamento da Administración por falta de persoal.
Esta proposta é aínda máis restritiva que a aplicada nos orzamentos de 2011, na cal a taxa de reposición para o Ensino e a Sanidade estaba nun 30%.
É especialmente grave que, non só se limite a taxa de reposición ao 10% no conxunto da administración, senón tamén que se aplique esta taxa á Sanidade ao Ensino e os Servizos Sociais, servizos básicos para os que se impide, na práctica, que haxa unha oferta de emprego, reducindo os seus cadros de persoal e provocando unha maior precarización das condicións laborais ao incrementar a taxa de eventualidade e mesmo desaparición de servizos.
Este mantemento da taxa de reposición do 10% -é dicir, que de cada 100 traballadores/as que se xubilen ou causen baixa en calquera administración, só se suplan 10- e de non tomarse en serio as súas consecuencias, tanto para o ano próximo como para os seguintes anos, terá o efecto de eliminar postos de traballo en servizos públicos básicos e levará a que en poucos anos, os seus cadros de persoal estean tan mermados que a prestación de calquera servizo público será inviable.
Continúan as restricións aos chamamentos de persoal funcionario interino e/ou laboral temporal que se reduciran en todos os ámbitos da Administración. Queda exceptuado o persoal laboral e funcionario da Administración xeral de centros de ensino da Consellaría de Educación, Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, centros e residencias de servizos sociais da Consellaría de Traballo e Benestar, centros asistenciais do SERGAS, Xustiza e emerxencias, sempre e cando se considere a necesidade como urxente e inaprazable. Esta medida na práctica suporá a desaparición das listas ou bolsas de susbstitucións.
Consolídase o recurso ás acumulacións de tarefas e á contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras e servizos polo capítulo de investimentos como xeito de contratar ao persoal en vez de apostar pola creación de postos de traballo de carácter estrutural.
Estamos asistindo a unha consolidación e afondamento das políticas do capitalismo neoliberal nas que os resultados finais non serán mellores servizos públicos, senón colectivos empresariais enriquecidos como consecuencia das privatizacións dos mesmos, uns políticos máis satisfeitos, un conxunto de traballadoras e traballadores máis explotados e unha cidadanía peor tratada.
Consolídanse e amplíanse os recortes, pero permanecen os 200 pluses dos altos cargos, o plus dos xefes territoriais, os case 8 millóns de euros en asesores, o persoal directivo con retribucións escandalosas ao amparo da LOFAXGA, a contratación de asistencias técnicas que acaben en indefinición sen custarlle un só euro á persoa que meta aos seus familiares e amigos...
Séguese a tratar con criterios escurantistas as retribucións do persoal de alta dirección non sometido á negociación colectiva, especialmente o das entidades da Administración paralela, das cales non se vai dar información á ningún órgano onde estea representada a parte social. Pola prensa chegamos a coñecer como xerentes de hospitais gañan máis de 120.000 euros, igual que o director do IGAPE. As retribucións deste directivos tiñan que estar reguladas nos orzamentos igual que o resto dos altos cargos da Xunta e deberían ter absoluta transparencia.
En definitiva, un proxecto de orzamentos restritivos que apostan pola conxelación nos salarios e pola destrución de emprego público (e por tanto de servizos públicos), mentres consolidan privilexios do persoal directivo e dos altos cargos.
Un proxecto de orzamentos elaborados a partir da renuncia aos ingresos que poderían derivarse do imposto do patrimonio e da consolidación da dilapidación no relativo ao gasto en asesores, recurso a asistencias técnicas, prebendas a altos cargos e persoal de alta dirección dos entes, etc.
Fronte a isto tense que apostar por adoptar unha serie de medidas, coma a reforma fiscal para que muden as políticas impositivas, obrigando a pagar máis a quen máis teñen; a supresión do plus de altos cargos; atacar a fraude fiscal; apostar por unha banca pública; reducir os concertos educativos,sanitarios, de benestar... ; tense que apostar por unha política seria de ingresos e non de recortes desproporcionados.
E sobre todo, tense que apostar por uns Servizos Públicos Galegos de calidade onde os seus traballadores e traballadoras teñan unhas retribucións xustas.