Privatización e centralización das Caixas
O goberno só pretende privatizar as Caixas para facilitar liquidez aos Bancos
As medidas anunciadas pola Ministra Salgado, que se concretaran nun decreto do goberno o 15 de febreiro, levarán á privatización das Caixas de Aforros e terán como consecuencia unha maior restrición do creto.
As normas Basilea III, que rexen o sistema financeiro europeo, son unhas normas pensadas exclusivamente para a banca privada con accionistas, o Banco de España que forma parte do Consello de Supervisores de Basilea renunciou, por criterios políticos, a defender o modelo actual de Caixa de Aforros.
Esta posición española contrasta coa posición do goberno Alemán, que este mesmo mes dirixiuse á Comisión Europea para que teña en conta entre outras cuestións a realidade dos landesbank. As medidas adoptadas en Basilea III non só poñen en cuestión as Caixas do estado, si non tamén as alemás e os bancos públicos dos landers, a diferenza é o apoio do goberno da Merkel o seu modelo propio de sistema financeiro.
O Acordo Basilea III tiña un longo período de transición para a aplicación dos estritos requirimentos en materia de capital e apalancamento ás entidades financeiras, un período que o PSOE pretende eliminar só para as Caixas, co fin de urxir a súa privatización.
Como teñen argumentado dende o propio Comité de Basilea e o G-20, o período de transición tiña como fin non lastrar a recuperación económica. Requirir o cumprimento de xeito inmediato supón agravar a restrición do creto.
Incrementar o core-capital significa requirir ás entidades uns maiores recursos propios en relación a actual carteira de préstamos. Como calquera persoa entende dar novos préstamos implicaría ter que incrementar novamente os recursos propios.
Así mesmo o goberno pretende impoñer por decreto un máximo de dependencia dun 20% do financiamento maiorista (novacaixagalicia cumpriría, xa que os depósitos da clientela cobren un 84% da carteira crediticia).
Durante o 2011 e 2012 bancos e caixas deberan afrontar vencementos de débeda, os maiores Bancos privados do Estado son os que terán que facer fronte aos maiores vencementos, o Banco Santander tería vencementos por 63.650 millóns de euros e o BBVA de 28.890 millóns e hoxe están pagando diferenciais por riba do resto da Banca Privada europea (o BBVA pagou un diferencial 4 veces maior que o ING ou o BNP no mes de xaneiro).
Botín e Francisco González din que o sobrecuste é por culpa da situación das Caixas. Por iso presionan para que sexan privatizadas, para salvarse eles e para tentar conseguir unha boa tallada no proceso, eliminando ademais competidores directos.
Hai que ter en conta que reducir a dependencia do financiamento maiorista significa non realizar novas emisións de débeda, facendo fronte aos vencementos actuais cos recursos propios e a liquidez dispoñible. O que loxicamente tamén agravará ás restricións ao creto.
É importante subliñar tamén que a existencia das provisións foi presentada como un acerto do modelo de supervisión español, pero agora pretenden que as provisións realizadas pola novacaixagalicia por 1.000 millóns de euros, (seguindo instrucións do Banco de España) non computen como recursos propios, o que dificultaría o cumprimento dos novos rateos de core-capital.
Ante o exposto hai que insistir que o goberno alemán quere que a Comisión Europea lexisle a través dunha Directiva Comunitaria para salvagardar os landebanks. Fronte ao modelo financeiro anglosaxón que impón Basilea III, Alemania continua apostando polo modelo continental, por un sistema financeiro descentralizado ligado aos territorios e aos sectores produtivos.
Estivemos atinados na nosa posición ante o anuncio da Ministra Salgado, o goberno só pretende privatizar as Caixas, malia que a consecuencia sexa unha maior restrición do crédito.
Nós debemos defender a existencia dunha Caixa de Aforros, un modelo de sistema financeiro baixo control público apegado ao territorio e aos sectores produtivos e xestionar o aforro dos galegos e galegas para crear riqueza no país, porque para iso naceron as nosas caixas. Iso é o que está en xogo, como di a camarada Iria Salvande "primeiro viñeron a pola lingua, agora veñen a pola carteira" e debemos telo claro.