Pregarias para calmar a ira dos mercados
A vós que todo o tedes e podedes soamente vos pedimos unha esmola, unha mísera soldada, unha pinga do que cae da vosa copa
Canto de admiración:
Ou deuses da ira da cólera e da furia, que dominades a luz e máis as tebras,
rexedores da enerxía do cosmos invisible, que nos mantén na nada.
Que erguedes os rañaceos e amoreades os carreiros, guiades os ríos e domades os bravíos mares.
Os vosos monstruosos enxeños cospen lume e van ao sol.
Co voso ollo térmico vixiades cada un dos nosos movementos.
A vosa ira barre os mundos ancestrais, e novamente non somos nada, e os pobos non existen.
Só vós cos vosos botonciños tecedes e destecedes o Planeta.
Unha maxia de orgasmos faivos flotar coa rotación do sol nos vosos paraísos da moeda amada.
Nos leitos de Wall Street fornicades ao mundo todo e dádesnos pracer.
Tesouros, fillos do tesouro, que botades todo a andar: Cada corazón, cada motor, cada palmo de terra. Sen vós é o caos, a crise permanente. Sen vós é a depresión, o atraso, a miseria...
Sen vós non hai orde mundial, só o eixo do mal.
O voso puño de ferro despide chispas e mata as ratas que están a ladrar o seu rancor polos furados, e purificades o ár.
Vós, que con sete bocas de lume e con doce fervenzas permanentes regades os desertos ou queimades as montañas.
Escolledes a fame e a fartura, e adornades aos nosos adorables príncipes.
Amos sodes de todo o habido e por haber.
Unha forza irresistible procedente do Universo elixiuvos a vos.
A vós Mercados!
A uns poucos no Globo terráqueo.
Para que sexades o principio e o fin de tódalas cousas.
O Alfa e o Omega!!
Canto de sometemento:
Póñanse de xeonllos tódolos rabinos e os mitrados;
os de alá e os de acolá;
e sirvan xa, inda moito máis que agora, ao gran Deus Monetario.
Déitense no chan de corpo a terra, e biquen o relucente dólar e xúrenlle fidelidade, eternamente.
Entréguense científicos ateos, e fagan penitencia;
fagan accións, moitísimas accións, pequenas e grandes accións nos vosos santuarios.
Entreguémoslle o noso fantasioso e torpe mundo dos sentidos,
os nosos máis sentidos sentimentos.
Entreguémoslle a vida pola vida, a morte pola morte. O pan, os fillos, os desexos; pois todo e deles, e eles nos levarán á vida, e eles nos levarán á guerra e eles nos levarán á morte.
Non ousaremos desafiar o voso poderoso brazo, nin as vosas iras explosivas.
Ao voso servicio estamos compracentes:
Non haberá nacións, non haberá estados, non haberá mais moeda que a vosa grande deusa dos vosos sagrados casinos.
Non teremos culturas, non teremos idiomas,
non teremos materias primas nin alimentos.
Seremos todos célibes ou capados.
Todo, absolutamente todo, será voso para sempre.
Canto de compaixón:
A vós mercados que nos traedes a vida!
A vós mercados que nos traedes a luz!
A vós mercados que nos traedes o pan!
A vós clamo dende a humildade mais profunda,
para que non me coman os vermes antetempo.
Polo voso poder infindo, e anque sei que non son merecente de mais perdóns, nin de mais creto, e que me teño excedido pedíndovos axuda.
Pola vosa grandeza e compaixón deixádeme un pouquiño de respiro. Un folgo, so un folgo!
Xa sei que non tedes sexo, nin paixón, nin corazón nin entrañas; e que non tedes que ser xustos. Pero a nos fixéstesnos débiles e volvémonos tolos competindo, e matámonos uns aos outros.
Somos os vosos fillos; lexítimos ou bastardos, somos os vosos fillos.
Non vos pedimos que nos quitedes as débedas.
Admitimos que son por culpa nosa, por ser agoiros. Mais só foi por emularvos, non por competir convosco. Foi simple adoración que vos temos.
Rescatádenos pouco a pouco deste inferno no que estamos metidos; non de golpe.
Aquí como en Irlanda, en Portugal...
A vosa concubina Europa está moi mal.
Xa non ten cara nin figura,
non ten constitución nin cura.
Que nos morre do mal das vacas tolas este Euro que acaba de nacer!!
A vós que todo o tedes e podedes soamente vos pedimos unha esmola, unha mísera soldada, unha pinga do que cae das vosas copas.
Tratádenos, non como o voso can ou o voso gato.
Tratádenos como especie en vías de extinción.
Soamente pedimos liberdade condicional.
Un pouco máis que os de Haití e de Guantánamo.