Preferentes e Subordinadas, falemos en serio
Hai claras e graves responsabilidades políticas na comercialización das preferentes e obrigas subordinadas
A decisión política, por parte do Partido Popular, de facilitar a arbitraxe coma única vía para que a clientela afectada pola comercialización de débeda subordinada poda recuperar os seus aforros, é claramente nociva dende o punto de vista social e laboral. A arbitraxe foi deseñada só para unha parte da clientela, que ademais só podería recobrar os seus aforros en base a existencia dun engano por parte dos traballadores e traballadoras.
Hai claras e graves responsabilidades políticas na comercialización das preferentes e obrigas subordinadas, a clientela denuncia que foron estafados, pero o certo é que non foi unha vez, foron varias e a estafa continua.
A comercialización das preferentes e subordinadas en tramo minorista está na orixe do problema, foi decisión dos xestores e dos órganos de goberno emitilas, co visto bo dos distintos e variados organismos reguladores. Malia ser un produto complexo foi comprado e revendido de xeito habitual durante anos, provocando un exceso de confianza no mesmo.
Pero comecemos polo principio, cada unha das emisións foi certificada por unha Auditora, no caso de Caixa Galicia foron Princewaterhousecoopers (na que traballaba daquela o actual Ministro Luis de Guindos e o actual Director Xeral do FROB Antonio Carrascosa) e Deloitte (que Presidía o actual membro do Consello de Administración de Novagalicia banco Carlos González). Deloitte auditou tamén emisións de Caixanova.
Segundo o folleto de emisión, que tiña o visto bo da CNMV e das Auditoras externas as emisións tiñan garantía de liquidez, por exemplo por parte de Ahorro Corporación. Diso ninguén fala, nin pediu responsabilidades.
Houbo unha decisión CNMV para pinchar o mercado secundario no que cotizaban, co obxectivo de non seguir incrementando o que era claramente un problema piramidal.. Cecais a decisión da CNMV pode ser considerada correcta, pero chegou tarde e ademais non contemplou unha saída para o problema que podía xerar.
Cando o problema estoupou, vimos entón coma a Xunta de Galicia e a Dirección da Empresa, xa nacionalizada, decidiron poñer en marcha a arbitraxe, curiosamente quen auditou a emisión das preferentes agora converteuse en árbitro e decide en que casos foron mal vendidas, falamos de Princewaterhousecoopers, empresa na que traballaron De Guindos e Carrascosa. Unha auditora amiga, que tanto vale para facer un informe favorable á privatización do Hospital de Vigo, coma un informe para Renfe.
Eludiron toda responsabilidade política, facendo que a clientela tivera que demostrar mala fe na colocación por parte dos traballadores e traballadoras das Caixas para poder cobrar. Comezou así o linchamento público que aínda continua.
O Pacto PPSOE para a arbitraxe, ten coma obxectivo insistir nesa liña: cargar as culpas sobre os traballadores/as exonerando aos responsables políticos dun e doutro partido. Ademais en relación ao enxendro da arbitraxe moitos destacan o diferente número de casos que van a arbitraxe dependendo da cor política dos Concellos. A Xunta debería dar cifras neste senso para evitar posibles denuncias por clientelismo/prevarización. Con todo a gran estafa é a quita por orde gubernativa, aprobada por De Guindos e executada polo FROB dirixido por Antonio Carrascosa (ambos ex-PwC). Agora aveciñase outra, a canxe (incluso das obrigas que tiñan vencemento) por accións de NCG Banco SA. Certamente unha vez achatarrada a participación do Estado provisionando as perdas que afloraron froito dos propios cambios normativos, os actuais tenedores de débeda subordinada poderían chegar a ser os accionistas maioritarios e propietarios da Entidade. O Estado non podería reprivatizar o que non é del, e menos dun xeito opaco para crear un banco que sería xestionado por persoas próximas ao Partido Popular.
Co fin de evitalo, fálase da posibilidade de que o FROB recompre en efectivo as accións, non se sabe a que prezo.. As accións teñen un valor no momento do canxe, pero unha vez saneada a Entidade co diñeiro público habería que realizar unha nova valoración antes da recompra, dado que o prezo debería ser maior, non?.
En fin que os afectados e afectadas das preferentes foron enganados, en numerosas ocasións e aínda o serán no futuro. Por mais que se esforcen as persoas das Plataformas que están vinculadas ao PP a culpa non é dos traballadores e traballadoras é dos gobernos. En definitiva ou a solución é política e transparente, ou será discriminatoria, sectaria e insuficiente.