Por que saír do sistema euro? (I)
Un debate percorre Europa, o debate sobre a moeda única. Ninguén permanece indiferente ao mesmo
Un debate percorre Europa, o debate sobre a moeda única. Ninguén permanece indiferente ao mesmo, defendendo cada quen desde a súa trincheira diferentes posturas, se ben coa coincidencia de que a mesma tornou por converterse nun grande fracaso na súa configuración actual. Sexan os que demandan a súa reconfiguración arredor do axioma de máis Europa, sexan aqueloutros que demandan unhas novas regras de xogo a fin de permitir unha redución ou condonación da débeda co fin de que os Estados do sur poidan seguir existindo e, por suposto, os que defenden a volta ás vellas moedas nacionais, posición esta que día si, día tamén, gaña máis forza no debate social e tamén doutrinal.
Independentemente da posición que mantemos, neste caso coñecida por ser explicitada en diversos artigos neste medio, pensamos que o nacionalismo, Galiza, non pode ficar á marxe do mesmo, non para axustar contas sobre o noso corpo doutrinal, senón para dar resposta a demandas sociais e, particularmente, para estar á altura do que demanda a loita política.
Hai que rachar contra a resignación fronte ao grande drama dos nosos tempos. Isto é, á par que o capitalismo se arrastra moribundo, as forzas aintimperialistas, preséntansenos desorientadas ideoloxicamente, sen confianza nas súas propias forzas, confusas fronte ao discurso dominante, perdida diante dos relatos hexemónicos incapaces de criar un marco teórico capaz de explicar o que acontece e que de folgos aos povos de Europa, insolventes para articular unha trama analítica desde posicionamentos non eurocentricos que permita analizar e ler a crise desde nós a fin de atopar solucións.
Precisamos saír deste calexa sen saída ao que nos levou o sistema euro, pero saír de aí, require a suficiente pericia pedagóxica para achegar as nosas posicións, pero tamén cargarnos do arsenal analítico suficiente a fin de contrarrestar todo o aparato de propaganda que serviu de reclamo publicitario para vendernos o proxecto europeo.
O sistema euro designa aquí ao conxunto constituído pola moeda única e as regras que acompañaron a su implantación (que na súa maior parte afectan ao conxunto da Unión Europea), sobre todo o pacto orzamentario, as funcións encomendadas ao Banco Central Europeo (BCE), o estreitamento do orzamento europeo e o rexeitamento da harmonización. A análise apóiase en once países, a saber: os países membros da zona euro dende a súa constitución en 1999, agás Luxemburgo, e aos que se engade Grecia, que se integrou en 2001. Distínguense dous grandes bloques. O "Norte" agrupa a cinco países: Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia e Holanda. O "Sur" comprende ao Estado español, Grecia, Irlanda, Italia e Portugal. O undécimo país é Francia, posto aparte na medida en que ocupa xeralmente unha posición intermedia.
1. Unha construción interesada
O paso ao euro combinouse con dúas regras esenciais: a fixación de normas orzamentarias (3% do PIB para o déficit, 60% para a débeda en curso) e as modalidades de funcionamento do BCE: independencia, un único obxectivo (o control da inflación) e prohibición de financiar os déficits públicos. Nestas condicións en que desaparecía o instrumento do tipo de cambio, o salario converteríase na única variable de axuste, polo que hoxe en día se fala de "devaluación interna" para designar as políticas de austeridade salarial. Esta construción baseábase nunha hipótese, que algúns economistas recusaron entón, e que moitos descubriron máis tarde. Esta hipótese era que as disciplinas orzamentarias e salariais, combinadas coa liberalización dos movementos de capitais, bastarían para asegurar a converxencia das economías que formaban parte da zona euro.
As cousas ocorreron de xeito distinto ao que sostiña a propaganda de acompañamento, e é obxecto deste artigo comprender os encadeamentos que conduciron á actual crise que afecta aos mesmos fundamentos do sistema euro. Partiremos dunha aparente contradición: os países do Sur viron como se degradou a súa competitividade-prezo, á vez que retrocedeu a participación salarial sobre a renda nacional nestes países. Esta constatación apunta un importante fenómeno que servirá de punto de partida: as taxas de inflación non converxeron, a pesar do descenso xeralizado da participación salarial sobre a renda. Esta última tendencia implica que os salarios reais progresaron menos rapidamente que a produtividade do traballo, ou dito doutra maneira, que a competitividade medida polos custes laborais non presenta a priori motivo para degradarse por culpa dun descontrol dos salarios. A disciplina salarial ten operado, aínda que non bastou para asegurar a converxencia das taxas de inflación.
A competitividade dun país pode degradarse de dúas maneiras: xa sexa porque o custe laboral unitario do país considerado aumenta máis rápido que o dos seus concorrentes; ou porque a inflación é máis rápida neste país. A primeira causa está excluída: como regra xeral, o custe laboral unitario real mantívose ou baixou, debido ao descenso da participación salarial na renda nacional. Tomemos o exemplo de Grecia. Constátase que a participación salarial na renda nacional estivo orientada á baixa dende mediados da década dos 80 e que continuou estándoo despois da entrada no euro en 2001. Non volveu comezar a aumentar até os anos anteriores á crise. Nestas condicións, a competitividade-prezo de Grecia non se puido degradar a causa dun crecemento excesivo do salario real, ou dito doutra forma, superior ao da produtividade. Hai que deducir polo tanto que foi o resultado dunha alza máis rápida do nivel de prezos.
Este primeiro descubrimento no caso extremo de Grecia pódese xeralizar ao conxunto da zona. En todos os países, practicamente sen excepción, a configuración é parecida: o custe laboral unitario real varía relativamente pouco, de tal maneira que o fundamental do aumento do custe laboral unitario expresado en euros correntes é imputábel ao aumento dos prezos. A comparación entre o Sur e o Norte mostra dos fenómenos: no Sur, o custe laboral unitario real é case constante, pero no Norte baixa, sobre todo a causa da política de conxelación salarial levada a cabo en Alemaña. Os países do Sur no seu conxunto caracterizáronse por unha progresión máis rápida dos prezos.
Dito panorama permítenos reconciliar as dúas observacións iniciais. Na última década, a evolución da participación dos salarios no PIB nos países da zona euro non amosa en absoluto ningún "descontrol salarial". Dito doutro xeito, os salarios reais progresaron en fase coa produtividade do traballo. En cambio, as taxas de inflación moi diferenciadas ampliaron considerablemente o abanico de custes laborais unitarios que definen a competitividade-prezo de cada país. Esta constatación suxire tomar como punto de partida da análise a existencia dunha "inflación estrutural" propia de cada país.
2. Os determinantes da inflación estrutural
O obxectivo dunha unión económica entre países que teñen niveis diferentes de desenvolvemento debe a priori conducir a unha forma de harmonización. Este proceso de converxencia real implica un crecemento más rápido dos países menos desenvolvidos, que vai acompañado en xeral dunha taxa de inflación máis elevada. Este enunciado contén polo demais unha contradición inicial na vía escollida: ¿como conciliar o obxectivo de converxencia que vai acompañado de taxas de inflación diferenciadas, e a posta en pé dunha moeda única que supón implicitamente a converxencia destas taxas de inflación?
O proceso de aproximación xa tivo lugar. A análise do período 1990-2008 amosa que os países que tiñan o PIB per cápita máis baixo en 1990 rexistraron taxas de crecemento máis elevadas. Pero esta aproximación veu acompañada dunha inflación máis elevada: entre 2000 e 2008, os prezos aumentaron o 18,2% na zona euro, aínda que o 27% no Sur fronte ao 11,8% no Norte. Francia sitúase na media (18,4%) e Alemaña moi por debaixo (8,3%). Esta primeira explicación da inflación estrutural pode combinarse con outra referida a factores internos das economías consideradas. O primeiro refírese á dinámica entre o sector manufactureiro e o resto da economía. En xeral, existe un diferencial de produtividade entre estes dous grandes sectores.
Admitamos que o salario real está relacionado coa produtividade do traballo, cuxo crecemento é máis rápido como regra xeral no sector manufactureiro. Pódense distinguir dous casos polares no resto da economía. Se o salario real está indexado cunha produtividade menos rápida, o diferencial de produtividade entre sectores preséntase baixo a forma dunha diferenza na progresión dos salarios.
Aínda que pode ocorrer tamén que o salario do sector manufactureiro sirva de motor e arrastre aos salarios do resto da economía. Neste caso, esta progresión salarial que tende a superar o ritmo das ganancias de produtividade resólvese cun suplemento de inflación. Porén a idea xeral é bastante sinxela: a difusión, en forma de salario, das ganancias de produtividade desde os sectores en que son máis elevadas cara o resto da economía é unha fonte de inflación. Para captar esta causalidade, podemos servirnos dun indicador simple, o diferencial salarial, calculado como a desviación media de crecemento do salario real entre o conxunto da economía e o sector manufactureiro no período 1995-2007. Compróbase que existe unha relación estreita e que discrimina claramente aos dez países (excluíndo a Irlanda por falta de datos) do Norte e do Sur.
A inflación pode ser tamén o produto dun conflito distributivo, tanto máis marcado canto máis elevado é o nivel de desigualdades de rendas se ben debe ser medida atendendo ao proceso de converxencia real conforme ao polo nivel de PIB per cápita, á dinámica sectorial, isto é, o diferencial salarial entre o conxunto da economía e o sector manufactureiro e conflito distributivo, para entendernos o coeficiente de Gini. Xa que logo, a risco de simplificar os parámetros determinantes da inflación estrutural resúmense en que a inflación é máis elevada nos países en que o crecemento é máis rápido, onde a progresión do salario medio achegase á do salario no sector manufactureiro e nos Estados que un maior grao de desigualdade enxendra conflitos distributivos marcados.
As diferenzas nas taxas de inflación estruturais non se reduciron. Iso podería conducir a un axuste salarial. Pero a moderación salarial non bastou para compensar as diferenciais de inflación porque os países do Sur puideron escapar a esta presión debido á existencia de dúas "variábeis de fuga".
Nota do autor.- Para a elaboración desta serie de artigos seguimos no básico os traballos dos seguintes autores dos que sacamos os dados e partillamos analises. Costas Lapavitsas, Jacqes Nikonoff, Paulo Painceiras, Michell Husson, Samir Amin, Thetonio dos Santos e David Harvey.