Política de proximidade: Concellos ao servizo do País
O impulso das potencialidades dun municipio como motor económico local ten que ser o eixo fundamental xunto coa defensa e promoción das sinais de identidade de Galiza
Compre traballar arreo cara as vindeiras eleccións municipais co obxectivo de dotar á maior cantidade posible de concellos galegos das políticas renovadoras nacionalistas dirixidas ao benestar da veciñanza, políticas que xa brillan con luz propia nalgúns municipios. Desterremos os nefastos localismos, as políticas clientelares, os intereses partidarios e os intereses persoais que derivan en casos de corrupción que para vergoña de determinadas opcións políticas non son atallados de raíz.
Fálase sempre dos concellos como o parente pobre das administracións e non sen razón. A asunción por desleixo doutras administracións de competencias impropias, para as que non hai dotación económica, unido a unha distribución do gasto público na que ás entidades locais correspóndelles en torno a un 12,8 %, debuxan un panorama económico, agravado pola actual crise, nada esperanzador. O Estado, voraz devorador de recursos leva máis do cincuenta por cento dos cartos, xa se sabe que quen parte e reparte leva sempre a mellor parte. Galiza, contrariamente ao que se quere facer crer sobre a súa dependencia do Estado, recibe menos cartos porcentuais que o que representa a súa poboación no conxunto do Estado.
Aínda que exposto repetidamente non está de máis insistir nunha reivindicación constante de Galiza en canto o reparto dos fondos do Estado, que atenden a uns criterios que prexudican enormemente aos galegos e ás galegas. Fundaméntase ese reparto na poboación, sen ter en conta que non é o mesmo levar servizos a unha veciñanza condensada en grandes entidades de poboación que a outra espallada como a galega que ten máis entidades de poboación que o resto do Estado xunto. Isto unido ao envellecemento dos habitantes de Galiza, fai perder ao noso País polo menos uns 500 millóns de euros que recibiriamos considerando minimamente ambos criterios.
As outras fontes de financiamento municipal son os seus propios ingresos mediante impostos, taxas e outros, e o que lles achega a Xunta mediante o Fondo de Cooperación Local. Fálase de esforzo fiscal para indicar o grao de compromiso en canto a recadación por impostos, e isto, que pode ter moi mala prensa e peor pase en campañas electorais, ten que ser tomado en serio aplicando uns tipos impositivos xustos que graven aos que máis teñen e mesmo aplicalos en si, pois aínda existen concellos que non cobran por determinados servizos que teñen un custo, invalidando moralmente calquera petición de fondos a outras administracións cando a túa propia non fai o mesmo esforzo por supostos criterios electorais.
En cando ao Fondo de Cooperación Local estase na fase de negociación cara ao período 2011-2014, negociación que esperemos dote aos municipios da posibilidade de mellorar a súa suficiencia financeira.
Toda esta situación vese agravada pola inxusta Lei estatal que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2011 pola que os municipios verán anulada a súa capacidade de endebedarse, a outra fonte de financiamento que lles queda. Esta Lei, absurda e inxusta, fai táboa rasa, ignorando que hai municipios que cumpren os seus deberes neste aspecto. Galiza ten unha débeda media un terzo por debaixo da media estatal, en concreto 240 euros por habitante fronte aos 735 do Estado. Por outra banda xa a lexislación vixente fixa uns limites para o endebedamento a longo prazo que non pode superar o 110% dos ingresos correntes, entre outros.
A situación, actual e de fai xa bastante tempo, reclama, máis alá da necesaria propia modificación da Lei de Facendas Locais do Estado, a elaboración dunha Lei de Facendas Locais de Galiza que permita xunto coa estatal que os Gobernos locais poidan ter unha estrutura impositiva con real capacidade recadatoria para o desenvolvemento das súas competencias.
E falando de competencias pensamos que hai que facer unha profunda reflexión sobre cales debe exercer un concello, cales non e aquelas que deben ser compartidas con outras administracións. Á espera desa reflexión, hai dous criterios fundamentais que temos que atender: Os galegos e as galegas teñen que ter os mesmos servizos independentemente do concello onde vivan e as competencias non poden quedar exclusivamente en mans que as pervertan no seu propio beneficio.
En canto aos servizos prestados, faise imprescindible xa compartilos en comarcas urbanas e rurais, e mentres que estas non chegan, utilizar as ferramentas actuais tales como mancomunidades e consorcios. Compartir servizos os fará máis efectivos, eficientes e baratos, facéndoos mesmo posibles naqueles sitios onde agora son inviábeis.
Hai moito que facer nos concellos de Galiza e cumpre poñer o máximo esforzo para que sexa posible continuar a labor desenvolvida naqueles nos que xa hai goberno nacionalista e para que o maior número posible de novos concellos podan facer efectivas políticas que facilitando o benestar e a igualdade á veciñanza, constrúan Galiza desde a súa base. A chave é e será aproveitar as potencialidades de cada municipio, sendo axentes de dinamización económica, para que sirvan de pulo a economía local e a galega, cubrindo as carencias e situación económica que a administración galega e estatal non son quen de cubrir.
Lonxe de políticas localistas sempre en confronto con inimigos inexistentes materializados en cidades e poboacións falsamente rivais, hai que traballar en colaboración unindo as potencialidades e cubrindo as carencias de cada concello e, todo elo, sempre coa irrenunciable defensa e promoción das sinais de identidade de Galiza, da defensa dos servizos públicos e de políticas sociais e económicas xustas que, con un desenvolvemento sostíbel, protexan a nosa economía e conseguintemente o emprego.
Poucos meses quedan para as eleccións municipais e espera un arduo traballo que facer. Esquezamos as lexítimas discrepancias internas e sumemos todo o noso esforzo para facer do último domingo de maio de 2011 un día feliz para a nosa terra.