Podemos parar a reforma laboral?

Feixóo ten dilapidado en moi pouco tempo as conquistas sociais acadadas
Levamos ano e medio de goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza e xa son evidentes os seus resultados produto dunha ausencia e incapacidade para dar resposta aos problemas da sociedade galega retrocedendo, a pasos axigantados, en progreso social e destruíndo aqueles avances postos en marcha polo BNG no goberno anterior. Cunha mellor posición para enfrontar a crise, Feixóo ten dilapidado en moi pouco tempo as conquistas sociais acadadas facendo retroceder a Galiza ás épocas de Fraga.
Con datos comparativos na man, o Partido Popular ten xerado o seguinte cadro debuxando unha realidade social alarmante:
Incremento do desemprego, redución do número de contratos indefinidos e incremento da temporalidade, perda de afiliación á Seguridade Social, retroceso na taxa de emprego (relación entre a poboación ocupada e a economicamente activa) a sete anos atrás, son datos mais que suficientes que amosan un Goberno ineficaz e condena a un pobo sen futuro.
Nun contexto destas características é onde hai que situar a posta en marcha da reforma laboral e a contestación maioritaria do conxunto da sociedade o pasado día 29 que, nunha lección de compromiso e dignidade, a clase traballadora rexeitou dun xeito contundente as vellas formulas, caducas e conservadoras, para saír da crise recortando dereitos e precarizando as relacións laborais.
Esta reforma feita pola socialdemocracia e consentida pola dereita , profundiza no pensamento e na mensaxe de que so é posíbel saír da crise a costa dos traballadores e traballadoras medíante a redución de dereitos sociais e laborais; recortando salarios mentres socorrese aos verdadeiros culpábeis da situación económica e tamén da depauperación social que padecemos.
E mentres tanto, que fai a Xunta de Galiza?. Poderase dicir que non ten competencias, que a culpa é do presidente do Goberno español, do contexto mundial. Mais, a opinión xeneralizada no mundo do traballo é de que o Goberno galego nen esta nen se lle agarda e os parados e paradas están condenados a seguir soportando todo o peso da crise e sen futuro. A escusa de depositar as responsabilidades nos demais fai dimitir a un goberno das súas funcións e é un freo insoportábel para modificar a situación. Instalado na propaganda, na ocultación e no engano mostra a súa verdadeira faciana de servizo á causa de Xénova: a conquista do poder do Estado sen importarlle o custe social e humano que arrastra.
Baixo cumprimento dos orzamentos ( sen executar, no 2009, o 22% en Traballo e Benestar e un 33% en Economía e Industria); redución drástica nas partidas de fomento de emprego no 2010; anuncios de recortes, nos próximos catro anos, de 1.702 M€ en políticas de dinamización económica, crecemento e emprego e 5.815 M€ en cohesión social, benestar e calidade de vida; estes son os logros de Núñez Feijoo nun ano e medio de desgoberno e sigue sendo culpa dos demais. Non é neutra a posición que tome o Goberno galego ante a tamaña agresión que representa a reforma laboral e si hai capacidade e marxe de manobra para combater os efectos desta, sempre e cando haxa vontade política.
Acadar maiores cotas de autogoberno pedindo mais transferencias, exercer ditas competencias; establecemento dunha inspección de traballo propia para garantir a estabilidade e a calidade no emprego; creación do Instituto Galego de Emprego e Formación, como instrumento fundamental da política de emprego; fomento da negociación colectiva; actuación con maior rigor nos ERE, fomentando a redución de xornada fronte a extinción; campaña de eliminación das hora extras; reconsideración do conxunto dos incentivos ao emprego, orientándoos ao mantemento do emprego; persecución do fraude fiscal e a deslocalización de empresas, etc.. son algunhas das medidas que o Goberno galego pode poñer en marcha de xeito inmediato.
É hora, pois, de compromiso político coas clases sociais mais desfavorecidas, sen complexos nen submisión aos poderes económicos e unha actitude de defensa da Nación; é hora de poñer "patas arriba" unha situación inxusta e insolidaria mediante a denuncia, a concienciación e a mobilización como ferramentas para poder mirarlle á cara aos homes e mulleres mais prexudicados pola crise e no compromiso coas xeracións futuras.