pib = PIB - espolio ideolóxico
Agora veñen traxeados e con verbo fácil, mais os efectos da piratería son os mesmos: as maiorías sociais privadas das rendas e dos servizos sociais, e os oligarcas financeiros e empresariais, acaparando o botín
A ecuación do Produto Interior Bruto: PIB = C + I + G + (X-M), representa a clásica concepción da "riqueza" dun país. Non é o PIB un preciso indicador do grado de desenvolvemento dun país, mais si pode servir para o contrario: detectar o grado de subdesenvolvemento nunha sociedade. Miremos como miremos o comportamento destas variábeis, a súa achega á "riqueza" do Estado e do País, é cada vez menor. Ímoslle dar unha a estes compoñentes, correlacionando a súa evolución coas políticas desenvolvidas no Estado e no País.
Consumo privado (C):
A variábel fundamental da que depende o comportamento do Consumo é a renda neta dispoñíbel, precisamente, para consumir. Se aumenta o paro, redúcense os ingresos das familias e, porén, a renda dispoñíbel para o consumo, será menor.
Investimento (I):
Convén aquí deterse entre o que se coñece como investimento produtivo e improdutivo. Aquel destinado a manter e aumentar a capacidade produtiva empresarial, é chamado investimento produtivo. Un descenso neste investimento, reduce a capacidade das empresas de xerar beneficios presentes e futuros e así, en xeral, manter e mesmo aumentar as contratacións. Se cae a contratación, aumenta o paro, se aumenta o paro, cae o consumo. Pola contra, o investimento improdutivo ten como cerne a especulación, daquela non repercute en mais nin mellor emprego.
Gasto público (G):
É o volume de gasto realizado polo conxunto das administracións públicas. A maior Gasto público, maior peso do PIB.
Saldo da balanza entre exportacións e importacións (X - M):
Esta compoñente mide a diferencia existente entre o valor das exportacións (X) e as importacións (M). Define, polo tanto se un estado é exportador ou importador neto.
O espolio ideolóxico promovido polas medidas de hipócrita austeridade, identifícase coa política desenvolvida polo PSOE e PP nos diferentes ámbitos nos que teñen responsabilidades de goberno. O comportamento das organizacións sindicais estatais ten, tamén, unha incidencia relevante neste roubo, posto que o xogo da tibieza e o pactismo a todo custe, supón unha elevada desafección por parte dos traballadores que representan. A traizón, o medo e a pasividade destas organizacións, retrotrae o mapa sindical, aos albores do movemento obreiro. Sexa neoliberalismo ou socialdemocracia, sexa a esquerda estatal ou a dereita, sexan os sindicatos españois ou a patronal, cando a ideoloxía está ao servizo dos intereses do capital, prodúcese unha depredación na riqueza dun país; tanto maior canto máis periférico sexa este. Nós, somos periferia da periferia.
Porén, de acordo co título do artigo... teremos pib (pequeno) ou PIB (grande)?
Será posíbel que a reforma laboral, poida inverter a tendencia crecente do paro e decrecente no consumo (C)? Dende a reforma laboral de 1984, que supuxo pular a contratación temporal, as restantes non fixeron máis que precarizar as condicións laborais (salario, xornada,...) das clases traballadoras, mais sen asegurar un mercado de traballo resistente ás crises do capital. O concepto dun mercado de traballo forte e saudábel, depende doutros factores como o sistema produtivo ou o financeiro.
A caída no Investimento (I), adianta os efectos da crise. Así o poñen de evidencia as cifras do ÍNE. O medre dos investimentos improdutivos durante estes anos de crise tivo dúas etapas: a primeira marcada por una proliferación da especulación e unha segunda (consecuencia da primeira) caracterizada pola choiva de millóns do erario público cara os balances das empresas para sanearen as súas contas. O pernicioso neste punto é que os cartos que o Estado entregou a estas empresas, non só non foron devoltos, senón que estas mesmas empresas están levando á ruína ao Estado pola vía da compra de títulos de débeda pública a xuros desorbitados.
O suculento negocio do servizo público leva tempo no punto de mira do capital. A escusa é perfecta: non hai cartos para manter estes servizos así que o dogma da constricción leva á privatización e/ou desmantelamento destes. O gasto público (G) eríxese nun elemento compensador das desigualdades entre as persoas, ademais de ser unha empresa eficaz e xeradora de emprego de calidade. Calquera doutrina, mesmo o liberalismo nos EE.UU. de Obama, acaba por comprender que só con estímulos fiscais de carácter contracíclico, se pode saír dunha situación que albisca unha profunda recesión.
A balanza comercial, tampouco deixa lugar á esperanza. Dende Europa se nos impoñen condicións que afectan directamente á nosa capacidade produtiva: vetos á construcción naval, políticas agrarias e gandeiras desastrosas para o noso país, e mesmo acordos para aumentar os continxentes de importación agrarios de países de fóra da UE que farán empeorar, aínda máis este saldo comercial. Outro elemento que ten un impacto decisivo neste saldo, é o referido á política monetaria: a ausencia de soberanía monetaria e a falta de cohesión e de peso político nas institucións europeas, manteñen un tipo de cambio da divisa euro frente ao resto, moi elevado. Isto favorece a aquelas economías cunha elevada eficiencia produtiva e que son exportadoras netas (como Alemaña) e prexudica aos estados menos eficientes. Nin que dicir ten que é dobremente prexudicial para as nacións periféricas como Galiza, que teñen un sistema produtivo desmantelado e con pouco valor engadido. Nun contexto de pouca competitividade produtiva, o recurso á devaluación da moeda melloraría o comportamento das exportacións naquelas economías pouco produtivas e cunha producción e/ou prestación de servizos que xera pouco valor engadido. Mais non temos soberanía e sen soberanía as terríbeis decisións fiscais e monetarias véñennos dadas.
As intervencións dos dirixentes políticos nos diferentes medios de comunicación, evidencian o espolio: O Goberno do Estado manifesta a necesidade dunha reforma laboral, mais a eficacia desta, queda supeditada ao desenvolvemento doutras: a financeira e a produtiva. Como non se abordan, entón, estas dúas con carácter previo? O goberno de Feijoo, axusta aos empregados públicos e precariza os servizos sociais.
O espolio prodúcese porque os piratas entran de novo nas nosas rías. Agora veñen traxeados e con verbo fácil, mais os efectos da piratería son os mesmos: as maiorías sociais privadas das rendas e dos servizos sociais, e os oligarcas financeiros e empresariais, acaparando o botín.
Cando algunha das variábeis analizadas inverta a súa tendencia e o PIB comece a recuperarse, farao, certamente, a costa de ter deixado un ronsel de desigualdades e servizos públicos destruídos. Para entón, será interesante ollar a evolución no medio prazo, doutro tipo de índices como o Índice de Desenvolvemento Humano. Agás que as políticas, como os indicadores, sexan transformadas, non haberá alternativas a ningunha crise.