Paixón por Galiza
Deixaremos de ser un pobo desvaluto, xa que achanzaremos as dificuldades
O furacán violento, frío e xeado, chegado do reino da ruín Europa, en complicidade co reino da España estragada e mal feita. Desas terras esgrevias. Ten, o furacán, a pretensión de tombar os testeiro, os paraños e outeiros da nosas ilustres montañas; esnaquizar aos briosos galegos e galegas. Mais amansarase ao chocar coas luminosas terras galegas. Deixara de ser o papón das nosas vidas, sempre famento das nosas riquezas. Arruinador do noso. Dos nosos vales e mares; do noso territorio. Da nosa fontes de produción. Desastre para galegas e galegos. Mais chegara o seu fin, por inxusto. Xa non serán máis a ruína do noso vivir como galegos, non por vontade de si, senón por vontade nosa. Por vontade dos galegos e galegas. Imporémonos, nós. E mandaremos parar. Como así fixemos en moitos ocasións. Abofé que seremos nós, os galegos e galegas, unidos e solidarios, os que freemos a destrución da nosa sociedade, das nosas xentes. Sabemos que formamos parte duna nación como reflexionou Ernest Renan “pola conciencia dunha historia en común, de sacrificios comúns, pola vontade de continuar a vivir esa vida en conxunto, e con solidariedade sempre. Solidariedade na loita e no dia a dia. Na historia de onte, na de hoxe, e na de mañá. Somos nación por que partillamos a nosa memoria colectiva, porque loitamos, porque non nos fatigamos na loita e moito menos en reforxar a memoria e os valores deste mais que digno pobo galego. Ala, os que non acreditan. Ala, os que negan o noso ser. Ala, os ogros esmirrados e funestos desleigados do pobo galego.
Agora a historia será outra, e as cantigas galegas, que manan glorificadoras dos patriotas por todas a terra, venceran as indolencias. Axitándonos a acción, como fai o garruada cos rebentóns do centenario carballo. Conducindo as tropas galegas polo sulco da vitoria. Abrindo a terra para sementar o porvir, ao tempo que soterraremos, na mesma terra agarimosa da patria, os medos dos que aínda non acreditan nunha Galiza mandada por galegos e galegas. Si, os medos dos que aínda non ven a necesidade de vivir e traballar nela. As cerrazóns dos que non nos permiten ser galegos. Os temores paralizantes que nos estacan. Os delirios deses teimudos que nos venden a esas quenllas financeiras que nunca se enchen de papar as nosas vidas materias e imaterias. Ceibaremos esa identidade imposta e falsa, para penetrar na identificación plena do ser galego. Deixaremos de ser un pobo desvaluto, xa que achanzaremos as dificuldades.
Si, a historia será outra para o pobo galego. Nesa outra historia, non terá cabida a fame. Nen a rapina louca. Nin o trato despectivo. Nin haberá homes e mulleres escravizados polos mercados-finanzas. Nesa outra historia, o pan e queixo, cun grolo de viño serán mel para todas as nosas bocas. O traballador verá como a súa plusvalía xa non enriquece aos ladrón de luvas brancas. O labrego e mariñeiro, cantaran coa alba nos seus campos e mares, xa que saben que as súas recolectas de froitos dos mares e terras, son para alimentar aos que habitamos o pais. Non quedaran podrecidas nos soutos as froitas, nin o peixe devoltos ao mar. Os produtos das terras e mares, terán valor humano e non especulativo. Rematouse o latrocinio das nosas riquezas. Os nenos e nenas, sentiran o gusto de poder falar o seu idioma. Coñeceran as historia do pai Miño, do salgueiro, do pisco e merlo; por fin coñeceran a nosa historia. Xa non estará oculta e falseada Rosalía, tampouco Castelao será un proscrito na súa patria. Eles, desde os mais altos cumios das nosas terras, xuntos, en irmandade cos bos e xenerosos. Ollaran os floridos campos e briosos carballos da Galiza liberada e sentiran o clamor dos galegos e galegas. Xa non haberá un galego que non cante os seus poemas, ou que non recite o Alba de Gloria.
Agora, tócanos a nós realizar o que é posíbel, esa outra Galiza. Nós podemos, si queremos. Podemos parar esta crise das quenllas, podemos envialas ao mais profundo do mares. Podemos mudar a situación de desfeita en que nos asolagaron. Podemos darlle esperanza ao pobo, desconsiderado con cólera nestes momentos de crise. Agonizante por falta de vontade de quen o goberna. Agora, contemos uns cos outros, unhas coas outras, para erguer a Patria ao máis alto neste 25 de xullo –Día da Patria Galega-. Para que esta vez, todos os galegos e galegas escoiten a treboada da dignidade. E ergamos a bandeira da liberdade nas curotas dos outeiros galegos, nas varandas das moradas, nas rúas, para que poda ser ollada e apreciada nos máis pequeno recuncho da Patria. Que mane a nosa simboloxía. Arrouparémola cos nosos cantos até o fin dos tempos. Deste modo afianzaremos definitivamente a conciencia nacional nese pensar social, nese pensar común. Xa non hai pasos para atrás, sempre adiante, patriotas.