Os lumes nos montes apáganse todo o ano, non somente no verán

Os lumes nos montes apáganse todo o ano, non somente no verán
Para o Partido Popular o medio rural non ten futuro (son palabras do propio conselleiro)

Logo da vaga de lumes que asolou este Outono ao monte galego, (mellor seria dicir, o territorio galego), e comprensible que, a carón das lapas, os veciños e as veciñas nós quezamos (nunca mellor dito), e falemos de numero de hectáreas queimadas, de falla de medios técnicos e de persoal para combater os lumes e mesmo de tramas incendiarias. Cuestións estas, que sendo certas, reflectín somentes unha parte da problemática dos lumes forestais (a faceta de
extinción). Falar de este xeito, aínda que evidentemente non sexa a intención, e xerar cortiñas de fume que nos impiden ver a verdadeira problemática dos lumes. O fume do lume e tan traidor, que as veces, impídenos ver o monte.

Cortiñas de fume, mais desta volta, si que intencionadas, son as que practica o goberno do Partido Popular, cando desvía e reduce o problema dos lumes forestais a unha cuestión de orde público, de delincuencia. Evidentemente, os incendiarios son delincuentes e sobor deles débese aplicar a xustiza. Mais, tamén son monstros xerados polo propio sistema. Xerados por unha política de montes errada que ven dende a política forestal do réxime franquista e que che-
ga ate nosos días, coa excepción dos escasos catro anos de goberno no bipartito.

O que se acaba de afirmar puidera parecer demagóxico, mais coido que non o é. E certo que no verán do 2006, gobernando na Xunta de Galiza o goberno bipartito, tamén houbo unha vaga de lume que asolou o territorio galego. Mais, tamén e certo que aquela vaga de lumes, supuxo un punto de inflexión. Supuxo unha reflexión colectiva. Daquela, a consellaría do Medio Rural, as comunidades de montes e unha boa parte da sociedade galega, concordaron que, para combater os lumes forestais, precisábase unha nova e radicalmente distinta política de montes. Unha política de montes que apostara por camiñar cara o logro de un monte multifuncional e sustentabel, que apoiara a xestión en común dos montes de particulares e que potenciara a xestión comunitaria dos montes veciñais. Unha política de montes que analizase as causas que provocan os lumes e fóralle pondo as medidas correctoras.

A partir de este momento, a consellaría do Medio Rural, dirixida politicamente polo  BNG, iniciou esta nova e radicalmente distinta política de montes. Por citar algúns chanzos de esta nova política de montes, podemos citar: transformación dos equipos das comunidades de montes da labor de extinción a labor de prevención, creación das unidades de xestión forestal, lei de prevención e defensa contra os lumes forestais, enfoque das axudas as comunidades de montes cara a multi-funcionalidade dos montes veciñais, implicación da sociedade na loita contra os lumes, prohibición de forestar terras agrarias .... Nova política de montes que deixou as portas, lamentablemente, a promulgación de unha lei de montes de Galiza, cuxos eixos fundamentais eran o acadar un medio rural vivo e apoiar a xestión das comunidades de montes, e dicir apoiar a xestión comunitaria dos recursos. Estaban, xa que logo, postas as bases para que no medio e longo prazo, os lumes nos montes deixaran de ser unha lacra. No medio e longo prazo xa que moitas das causas dos lumes forestais son de tipo estrutural e os cambios  estruturais non se fan da noite para a maña. A esta nova política de montes, poderíase criticar o ritmo, mais non a de estar no camiño adecuado.

Para o Partido Popular o medio rural non ten futuro (son palabras do propio conselleiro), e o monte, sobor de todo os montes veciñais en mao común son un problema que hai que eliminar da súa axenda política, procedendo a súa privatización. De aí que dende a chegada de novo ao goberno, a súa política de montes consistiu única e exclusivamente en botar abaixo todos e cada un chanzos da nova e radicalmente distinta política de montes posta en marcha polo anterior goberno da Xunta de Galiza. Esta política de montes do Partido Popular, e produto da súa incompetencia?. En absoluto. E produto de unha planificación política que ten como obxectivo arrancarlle os montes veciñais aos seus lexítimos titulares para entregarllos ao capital. E nesta política perversa, e aínda que soe duro dicilo, que os montes ardan se cadra, axuda.

Falar de número de hectáreas queimadas, de falla de medios e de persoal para combater o lume, de tramas incendiarias, se cadra e preciso. Mais isto, non pode levarnos a esquecer a problemática dos lumes forestais e loitar por súa erradicación. E isto pasa pola reivindicación de unha política de desenvolvemento rural que posibilite o logro de un medio rural vivo (e dentro del o monte veciñal) e que os principais beneficiados de esta política sexan as persoas que viven, traballan e xestionan o medio rural. Se somente nos quedamos no fume, estaremos, sen querelo, apoiando a política de montes do
Partido Popular que consiste en incrementar as penas para os incendiarios (aparte da mangueira de xardín e da roupa e dos zapatos de marca do Sr Presidente da Xunta de Galiza).