Onde van a parar as subvencións da PAC

Onde van a parar as subvencións da PAC
Que tolémia produce a política de libre mercado, ao permitir e auspiciar a concentración do 70% das subvención, só no 16%

Unha das formas de cargarse a produción agroalimentar no noso país, é a relacionada cos métodos e repartimentos das subvencións que recibe o agro galego, procedente da PAC. É sorprendente, descubrir que empresa, como, Azucarera Ebro recibe mais axudas da PAC, (61 millóns  de euros)  que a propia Xunta de Galicia para o desenvolvemento do medio rural galego, ou comprobar que esta empresa recibe mais axudas que as que o Estado Español ten prestado a todo o sector lácteo. Azucarera Ebro é unha transnacional inglesa. Coma Tereos Syrial, o é francesa, que é a segunda empresas que mais diñeiro recibe da PAC, 30 millóns de euros.

Mercadona e Carrefour, que controla o 45 % dos alimentos que se venden en todo o Estado, podendo aseverar que son as grandes dominadoras e controladoras da comercialización e da cadea alimentaria española, teñen recibido da PAC no ano 2010, a primeira 2.729.000,02 de euros e a segunda  147.509,00. Obtendo uns beneficios, cada unha delas, no ano 2010, perto de 400 millóns de euros.

Estes datos amósanos esa concentración de capitais agroalimentar en cada vez menos maos. Ese dominio dun sector tan necesario para a vida dos pobos e persoas. Produce tremor, para o presente e futuro. Orroroso é ver como 70% das axudas da PAC, quedan nun reducido numero de empresas que teñen como actividade económica a pura e dura especulación; o xogar cos produtores de alimentos e consumidores. O buscar unha concentración, coa conseguinte ruína das actividade agroalimentar de miles de explotacións e pequenas e medinas empresas agroalimentares. Que tolémia produce a política de libre mercado, ao permitir e auspiciar a concentración do 70% das subvención, só no 16% . Ao permitir que o sector alimentar esta nas maos de especuladores. Mentres isto sucede o prezos dos nosos produtos non deixan de caer, e os mercados nestes sector fan o que lle da a gana. Onde está o poder político? Aquí, mais que en calquera outro sector e necesaria unha forte regularización do sector, en especial dos mercados. E preciso rematar con tal grado de discriminación e control do sector polo especuladores. O afogo do sector produtivo no campo e alarmante. Así nos chegan esa escandalosas cifras de diferencia de prezo entre o que cobra quen produces os alimentos e quen os compra; mais de 450%. No medio están os suculentos lucros destes especuladores. O incremento dos marxes empresarias destes especuladores foi no ano 2010 do 24%. É alarmante corraborar que no agro galego pechen miles de explotacións agrarias, por falta de rendabilidade, mentres estas grandes empresas cada día que pasa, tiran suculentos beneficios. Isto, unido a un constante encarecemento dos produtos para os consumidores. Os consumidores cada día pagamos mais polos produtos. Así o confirman os últimos dados do IPC. Non deixan de subir na Galiza onde nos situamos nunca taxa de suba interanual do 3,4%. Onde os produtos lácteos, e os pescados frescos acadan una suba do 2,3%. É, que dicir da suba interanual do sucre do 26,9%, xunto a calefacción, distribución de auga e alumeado, do 13,5%.