Olladas
Nunca será suficiente ollar o curso variábel da crise dos 2008 e seguintes. E iso a facer desde os antecedentes provocadores
Nunca será suficiente ollar o curso variábel da crise dos 2008 e seguintes. E iso a facer desde os antecedentes provocadores.
Tivemos uns 13 anos de crecemento económico, 1995-2008, e, desde o 1978, unha democracia envurullada. Numerosos galegos viviron ofuscados por este fenómeno dunha economía sofisticada e dun benestar inestábel. Un tempo de mutación da xerarquía de valores. Un tempo de utopismos desde un certo posmodernismo ambiental.
No 2007 o sismo escoitábase ao poñer o oído en calquera dirección. Todo chirriaba. Mais todos estabamos a comparármonos coa Europa central ou con EUA. Galiza ía acadar os índices europeos de benestar e deixar de ser contada entre os países subsidiados. No verán produciuse en USA unha crise hipotecaria e, no 2008, comezou a oírse o sismo dunha economía financeira e global en derrube.
A resposta do Goberno central foi a de minimizar a crise. De agosto de 2008 á Abril de 2010 arbitrou plans neokeynesiáns.O balance non foi exitoso; a iso súmase o medre do déficit e de endebedamento das economías periféricas da zona euro. O paro aparece como indicador de que algo grave afecta á economía da península. No 2009 avaríase USA coa zoupada do Lebman Brothers e toda unha vaga de perdas en Europa. A crise está servida no planeta inda que de formas moi diversas.
De maio de 2010 a decembro de 2011, O Goberno de Zapatero abandona o neokeynesianismo polo neoliberalismo, unha fase de austeridade e de axustes preparadas en Bruxelas e duramente criticadas pola oposición gubernamental. En Galiza é N. Feixóo quen se autolouva polas medidas aplicadas sen xustificar a suba de débeda.
É lei que en crises deste estilo se retrasen os efectos negativos nos países con importante actividade primaria; a baixo do paro aquí tardou máis que a media de España; no 2012 superouna. Se á esta realidade de desfeita social engadimos a cultural, podemos oír o sismo ameazante dunha crise crúa.No campo político, o PP está no seu chan: é un partido que abraza o neoliberalismo máis virulento e acolle, no seu programa, unha visión tradicional cargada de franquismo da sociedade galega. Presume de ser como esa sociedade que él visualiza. A esquerda de Galiza sufríu unha dura proba: primeiro debido ao devandito referido utopismo; segundo ante as solución neoliberal da crise que a estira e nos leva á perda do “estado de benestar”. O nacionalismo galego, tan democrático el, tivo que soportar a incompresión e a inquedanza de persoas non integradas, senón só ingresadas sen aceptación da áspera marcha antineoliberal e nacional que o nacionalismo sinte.
Esta crise global obriga a profundar nas esixencias e nos sacrificios que o iter de liberación nacional comporta. Unha longa marcha que pide intelixencia e serenidade. Non hai un programa dogmático; imos facendo camiño e aprendendo. Un país sen Estado e unha sociedade subordinada por séculos, se queren liberarse, anden, aguanten a recobraren enerxías en cada curva.´E tan importante avanzar en votos electorais como en esfarelamento do construto de subordinación que esta sociedade ten. É tan importante a mellora política como a mellora social e cultural. Mais hai niveis de importancia: os máis satisfactorios son os do cambio mental e os da forma de produción.