O teu traballo non vale nada
Imaxinades que alguén vos diga, o teu traballo non vale nada, o teu traballo faino calquera, o teu.....

Pois si hai un sector importante da sociedade, cómo son as traballadoras do fogar que levan anos excluídas dos dereitos que lle corresponden a calquer persoa traballadora. Anos sendo ignoradas, invisibilizadas e utilizadas polo Estado patriarcal, polo Estado de benestar que están a desmantelar precipitadamente.
Ignoradas, pola falta de recoñecemento de dereitos. Traballadoras que até o 2012 están sometidas a un réxime especial que lles nega os dereitos laborais básicos (Salario mínimo interprofesional, desfrute de vacacións e de permisos por maternidade..., límite horario..) dereito á paro, o dereito a unha baixa laboral remunerada.
Invisibilizadas, xa que sendo o traballo que desenvolven necesario para a subsistencia do ser humano, é un traballo sen valoración social, devaluado. Non se valoran as función sociais do ámbito doméstico nin os valores do coidado para o desenvolvemento humano, outorgándolles un significado central como valores da identidade feminina. A maior parte do traballo das mulleres permanece invisible e non pode ser tido en conta a hora de adoptar medidas económicas, políticas e sociais. A valoración e visibilización das tarefas que desenvolven estas traballadoras debe dignificarse.
E para iso, é importante que a sociedade se organice tendo en conta as necesidades de coidado, onde o reparto e distribución das responsabilidades sexa equitativo entre as persoas convivintes. Onde haxa unha maior organización dos tempos tendo en conta o traballo retribuido e non retribuído, un aumento dos servizos públicos de proximidade e un urbanismo accesible e adaptado ás necesidades da xente.
Utilizadas, porque a actividade remunerada dáse nunhas condicións de precariedade laboral e permite a subsistencia dun Estado a prezo de saldo axudando en moitas ocasións á conciliar á vida familiar coa laboral ás familias, resolvendo un problema social ao cal o Estado non é quén de dar unha resposta integral. Como revela o último informe do Ces* a adicación ao fogar e a conciliación segue sendo unha cuestión delas, das mulleres.
No 2002, as mulleres adicaban 4,5 h ao día ao fogar e os homes 2,6. No 2010, pese ao impulso no mercado laboral, a muller adica 4,25 h fronte a 2,28 minutos.
Se no 2010 as mulleres percibían unha pensión de media de 597,21 euros mensuais, a pensión dos homes situábase en 971,29 euros, diferenza que sigue aumentando debido ao maior acceso dos homes ás pensións de xubilación cun importe superior ao resto das prestacións. Parte destas diferenzas atópanse no feito de que as mulleres concéntranse en determinados réximes especiais da Seguridade Social, como é o Réxime Especial de Empregados do fogar. Os réximes da Seguridade Social nos que hai unha maior presenza de mulleres caracterízanse por ter unhas carreiras de cotización máis reducidas que aqueles con maior representatividade masculina. As mulleres representan no réxime xeral o 24,5 % das pensións totais de xubilación, réxime onde a proporción das pensións vixentes de 35 anos cotizados ascende ao 72%. No réxime de empregadas do fogar, no que as mulleres representan o 98,2 % só o 5% alcanza o máximo de cotización e no de Autónomos (das cales o 44,7% son mulleres) o 33%.
Estou utilizando o feminino ao longo de todo o artigo, porque é unha profesión enormemente feminizada cómo amosan os datos. O 50% das mulleres ocupadas concéntrase en seis tipos de ocupación, frente as trece ocupacións diferentes que se reparten os varóns.No caso das mulleres, a maior porcentaxe a representan as empregadas domésticas e outro persoal de limpeza no interior dos edificios, seguida dos servizos persoais.
A integración do réxime especial das empregadas do fogar no Xeral como un sistema especial regúlase no Real Decreto 1/ 2011 que ven de surtir os efectos a partir do 1 de xaneiro. Desde este día até o 30 de xuño teñen a obriga as e os empregadores de regularizar a situación das persoas que traballan nos seus fogares sen estar dadas de alta na Seguridade Social. O decreto aprobado supón un avanzo no recoñecemento dos dereitos ao traballo asalariado doméstico, pero sigue sen equiparar ás traballadoras do fogar co resto das persoas traballadoras, en canto aos dereitos laborais do Estatuto dos/as Traballadores/as (máis recortados após das últimas reformas e da anunciada no Consello de Ministros do 10 de febreiro). As condicións son inferiores, e algo moi básico como é o dereito ao subsidio de desemprego que non se lle recoñece ás traballadoras do fogar.
Así que todo apunta a que esta reforma vai traer consigo outros problemas e a propiciar á economía somerxida. Tamén se estende a crenza por parte de moitas mulleres traballadoras do fogar do prexuízo que lles trouxo esta reforma. Unha reforma que pretende dotalas de dereitos laborais e elas a tachan de prexudicial. Son as mulleres discontinuas as que se enfrontan a esas contradicións, ás que teñen medo a pedirlle ao seu xefe ou xefa que as asegure, as que aseguran por menos horas das traballadas. E a verdade, a reforma tampouco veu no mellor tempo.
E todo isto acontece porque estamos nun mundo no que esa metade da humanidade (e non me canso de repetilo) estamos discriminadas.
Porque os dereitos das mulleres son modificables. Véxase a reforma da lei da saúde sexual e reprodutiva que ven de anunciar o Ministro de Xustiza, Gallardón. A consecuencia, é que se nos nega o dereito ás mulleres a decidir sobre o noso corpo. Arrincásenos autonomía.
Porque os dereitos das mulleres son flexibles. Si ben, a lexislación vixente nos ampara, na práctica sigue a existir discriminación salarial, seguen a producirse despidos por maternidade...
Porque as mulleres somos substituíbles. O pasado 2007 aprobouse unha lei de igualdade que non se está a cumprir en moitos aspectos, un deles no referente á representación paritaria (no goberno galego e no de Rajoi). As políticas de igualdade dependen do momento, e en tempo de crise non tocan.
Porque eses dereitos das mulleres son vulnerados coa connivencia dos poderes públicos. Recórtanse servizos, políticas... e a violencia machista crece, a escravitude sexual sigue a ser un negocio...
Nós as feministas reivindicamos á protección do traballo e o dereito a unha renda digna. Os despidos, os recortes do gasto público nas áreas sociais e na reafirmación do actual modelo produtivo impactan directamente nas nosas vidas, na medida en que aumenta o traballo de reprodución e sustentabilidade da vida. Apelando a cita de Fourier compartida por Flora Tristán:"obsérvase que o grao de civilización que as diferentes sociedades alcanzaron sempre foi proporcional ao grao de independencia do que gozaron nela as mulleres"
* Datos extraídos do II Informe 1/2011 sobre a situación sociolaboral das mulleres na realidade sociolaboral española"