O súmmun da submisión

A Galiza loita agora polo aforro e postos de traballo

O panorama galego é tremendo: aos nosos sectores produtivos, en especial a pesca e agro impedeselles producir. O sector agrario, co leiteiro a cabeza, está sendo desmantelado, apesares de representar mais do 35 % da produzón leiteira do estado é ter 48% das explotacións produtoras. Armadores e mariscadores en perigo. O sector da caballa a ponto de perder máis de 5 mil postos de traballo. A normativas europeas nestes campos, son cada vez máis negativas. A aplicación do Decreto do Carbón no Ferrol, arruinara unha comarca, coa perda de postos de traballo e sectores económicos. A suspensión de pagos en empresas incrementase nun 58% nos últimos meses. O sector dos asteleiros golpeado brutalmente. As EREs están de moda. O concurso de acredores é alarmante, máis de 350 cun incremento do 32% no último trimestre do 2010. Desaparecen 517 empresas do transporte, e 3.670 camioneiros vense obrigados a deixar a súa actividade. As débedas a seguridade social aumentar dun modo significativo por falta de ratios de liquidez, na provincia de Ourense embarganse mais de 109,300 contas bancarias por dividas a seguridade social. As infra-estruturas no limbo, xa que o señor Branco anuncia a suspensión da licitude do ave a Galiza (6.000 millóns ). As caixa de aforros bancarizanse e camiñan a privatización, cando contan cunha clientela de cerca de 3 millóns de persoas. Sendo o  83%  clientes galegos, e cáseque a totalidade das pemes galegas manteñen créditos ou outro tipo de relación comercial coas mesmas. No ano 2010 pechan en Galiza un montante importante de sociedade anónimas e limitadas; unhas 1.342. Perdemos mais de 6.208 autónomos, sendo a segunda comunidade que mais perde. A cifra de paro é de 245,931. As pensión medias da seguridade social é de 667,98 a máis baixa do estado. Nos últimos meses do 2010 emigran mais de 27,363 galegos.

Os nosos gobernantes submisos e Galiza sen pintar nada. A desesperación da sociedade é evidente máis os gobernantes mudos, inoperantes, sen ideas e sen ganas para afrontar está barbarie dos manda máis dos mercados europeos. Submisión definitiva ao capital occidental avarento, ao pensamento mercantilista reinante que abafa os espazos das nosas vidas. Embrutecendo a nosa sociedade cos seus valores de pura avaricia, disociabilidade e primacía imperial dos seus valores mercantilistas sobre o resto das nacións europeas e do mundo.

Empeñase en empobrecernos a todos, ao depositar o mando das nación e sociedades embaixo da ditadura dos mercados. Dese capital avarento e ruín. Dese sistema que se cren eternamente feliz e en paz. Sen muro de contención. Máis degradador e putrefacto nas súas propias entrañas, onde se convulsiona brutalmente, como demostra a crise. Impondo as súas receitas aos países da periferia europea (Irlanda, Grecia, Portugal) o (Estado Español máis entregado e submiso que ningún, o goberno galego ausente). Os xerifaltes do goberno alemán, xa falan de expulsar da comunidade aos que non cumpran co que eles marcan. Agora, continúan co roubo, fora das súas fronteiras, (Líbia). Ao tempo que nós arrastran a un estado de inseguridade permanente; onde os postos de traballo, as pensións e prestacións sociais, serán inexistentes de non arrebatarlle o poder aos mercados, para volvelo aos estados e nacións; ao poder político en definitiva.

Son ben conscientes de que hai que anular toda clase de poder político, que non coma da súas maos. Para así engrandecerse máis e liquidar as prestación sociais e servizos públicos.

Dirixen a súa actividade a debilitar as estruturas políticas dos países da europeos da periferia. Curiosamente, está medida non a aplican nos seus países. Claro, sen estrutura política,  sen sociedades organizadas, máis liberdade terán os mercados. Serán os mercados os que garantan os servizos públicos e prestacións sociais? Sen dúbida, non.

Os servizos públicos non están para dar beneficios, así que non serven ao mercados, senón para garantir as sociedade unha vida digna. Saben que a debilidade dos movementos políticas e sociais é unha peza necesaria para as súas maldades. Ollemos a debilidade do poder político e económico da Galiza , no tema da caixa. Ollemos o papel, da sociedade civil e política española, na crise. Submisión.

Na Galiza, importantes sectores políticos e sociais, non agochan a cabeza, nin
aceptan a submisión, a entrega, a docilidade; nin renuncia a mudar o estado das cousas; é posíbel e é imprescindíbel para unha vida normal. Hai que esforzarse en superar está fraqueza política e económica, para contar algo no estado e no mundo.

Abofé, a europa avarenta necesita un estouro democrático, para garantir o futuro, certo, das persoas, nacións e estados. A Galiza loita agora polo aforro e postos de traballo. Pola democracia económica e política. Por ser.