O Sistema Galego de I+D+I
Rede XIGA: Xestores de innovación con coñecementos de inglés.
Desde xa fai uns meses a Dirección Xeral de I+D+I ven anunciando con moito bombo a creación da rede XIGA, o obxectivo é formar técnicos especialistas en innovación e cofinanciar a súa contratación durante un trienio en pequenas e medianas empresas de Galicia. A creación desta rede pretende cubrir unha deficiencia que lastra desde sempre a competitividade das PEMES de Galicia: a falta de estructuras estables de desenvolvemento e xestión da I+D+I.
A primeira fonte de análise, moi fiable, de como se vai a poñer a andar esta rede e a orde publicado no DOG, Nº 96, do 24 de Maio en referencia a este asunto. Nesta convocatoria propóñense 75 prazas para aquelas persoas que cumprindo unha serie de requisitos desexen incorporarse á rede. Unha vez formados, as empresas poderán contratar a estes novos xestores con achegas públicas.
Os futuros xestores de IDI, son elixidos mediante un proceso selectivo. Como en toda selección de persoal deducimos o perfil que se esixe da valoración dos méritos de cada candidato. Pois ben, a terceira parte da puntuación total conséguese, nada mais e nada menos que con coñecementos demostrados de inglés. Na parte correspondente á formación (máximo 60 puntos), o inglés ten unha puntuación máxima de 20 puntos, por ponderar: o expediente académico, máximo 4 puntos (os catro puntos para quen teña matricula de honor); un máster oficial en innovación (formación que se supón se vai a financiar no programa), máximo 4 puntos; experiencia laboral en IDI, máximo 17 puntos (para conseguir a máxima puntuación habería que ter traballado 7 anos en innovación), outros idiomas 2 puntos, e si por casualidade sabes galego (co de COU por exemplo, xa che chega) 3 puntiños. A cousa non queda aí porque na parte da entrevista (40 puntos) o inglés leva ata 12 puntos.
Por poñer un exemplo, un inglés titulado en filoloxía xermánica e italiano que lle apeteza pasarse 3 anos en Galicia, pode ter mais puntuación que un rapaz de Riotorto galegofalante, formado na Universidade de Santiago, doutor en Enxeñería Química, con coñecementos de francés e alemán e que tamén coñece de primeira man o sistema galego de IDI. Por certo ao inglés, non lle fai falla saber onde está o botón de acender o ordenador, nin saber o que é internet, o coñecemento de ferramentas TIC non puntúa nin tan sequera cun punto.
O primeiro que se nos pode vir á cabeza tras a lectura do DOG é ese enfermizo obxectivo do novo goberno en converter a Galicia en territorio anglosaxón, así que para non caer en tópicos, ademais de ler o DOG, busco información sobre a motivación e xerme deste novo programa. Di a Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria, nunha páxina web ceada para xestionar a Rede XIGA , que tras meses dunha profunda análise da situación económica galega, conclúe que a chave para posicionar a Galicia no novo escenario económico é que as empresas teñen que ser os axentes principais de cambio. Ademais son conscientes, din, de que as pequenas e medianas empresas son o músculo principal da economía galega e as que sofren mais dificultades debido ao eu tamaño (non aclaran canto tempo lles levou chegar a esta conclusión), para paliar esta situación poñen en marcha o Programa para o Impulso da Innovación das Pemes Galegas coa Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA). E eu conclúo de toda desta lectura que o goberno galego cre que o principal motivo para que as pemes galegas non innoven é que os seus profesionais, non saben falar inglés! Así que, empresarios galegos, non se preocupen pola crise que a Consellería de Industria vailles axudar a superala subvencionando técnicos nas súas empresas, que aínda que non saiban xestionar a innovación empresarial saben... FALAR INGLÉS!!!!