O sete pecados capitais (do capital)

O sete pecados capitais (do capital)
Os grandes patróns, españolistas e de dereitas, claro, que representaron o capitalismo en Galiza quedaron retratados

Sete son os grandes pecados capitais, é dicir do capital, vivimos nun réxime económico e político baseado nos sete grandes pecados que Santo Tomas de Aquino definía como: a soberbia, a cobiza, a gula, a luxuria, a nugalla, a envexa e a ira.
     

Os grandes patróns, españolistas e de dereitas, claro, que representaron o capitalismo en Galiza quedaron retratados e ben retratados nesta crise económica. Durante décadas ostentaron o poder económico, financeiro e político neste país, son os Méndez, Gayosos, Arias, Fernández de Sousa, etc. Eles representan claramente a soberbia.      

Que dicir da cobiza, non é acaso a máxima característica que guía aos capitalistas e ás súas empresas. A gula, esas ansias de devorar os recursos da nai terra dun xeito insostible, como Saturno devora aos seus fillos, incluso aos humanos, nunha orxia carnívora. Man de obra barata e carne de canon para as súas guerras polos recursos.      

A luxuria desenfreada, que nada ten que ver coa liberdade sexual e reprodutiva, si non cunha utilización perversa do ser humano como ferramenta, da prostitución como fin en si mesmo.    

A nugalla, traballar e producir non ten valor, o valor é o diñeiro en si mesmo fin e principio. A especulación ten moito de nugalla, de gañar sen traballar desprezando o traballo doutros..    

A envexa é quen guía a cobiza. Que é a publicidade si non un chamamento público á envexa?; que guía ao capitalismo máis que cobizar o ben alleo, estar por riba do ser humano que vive ao noso carón, si el ten un coche tes que ter un mellor; si ten unha casa a túa ha de ser mellor.    

E finalmente a ira, coa que reacciona un poder omnipresente, todo poderoso, que é mais consciente da súa propia esencia que as súas propias vítimas, e que reacciona con ira, violencia  contra calquera que diga non. Contra nos.