O sector naval; cuestión de Estado... galego
Nesta situación era de agardar que o actual Goberno galego sustentado polo PP exercera as súas funcións
Estamos asistindo a como algúns persoeiros realizan actos de contrición pública ao recoñecer que igual non se fixeron ben as cousas nos tempos de maior carga de traballo, nun momento no que o sector naval esta nun camiño de non retorno de non actuar de xeito inmediato e con medidas de curto, medio e longo prazo. Este sector, de carácter estratéxico para a nosa economía e para o noso futuro como País, entrou nunha espiral decrecente e fortemente acelerada como consecuencia da falla de políticas destinadas a darlle unha nova orientación para que fose capaz de competir nun mercado desigual e no que cada estado ten buscado a formula que considerou máis oportuna para protexelo, pois considérano de índole decisiva e, polo tanto, non están dispostos a renunciar a el.
Desta situación foi e segue sendo consciente o nacionalismo, pois dende fai máis de tres décadas ten loitado e feito múltiples propostas para mellorar a súa posición (vexase senón o artigo publicado o 20-05-2011 Titulado "Medidas urxentes para a recuperación do sector naval") e, dende que estivo gobernando na Galiza, ten traballado para convertelo nun piar básico da actividade industrial, dotalo dos medios para mellorar a súa posición dentro do Estado español, pero tamén a nivel mundial, e ser locomotora e apoio a outros sectores emerxentes para consolidarse e criar, así, unha base industrial diversificada e xeradora de efectos inducidos como o emprego e por ende, no benestar das maiorías sociais.
Non é retórica o que estamos falando, senón a triste realidade dunha crónica xa feita e que necesitaba dunha dirección forte e decidida para acadar as metas antes enunciadas. E esa condución so podía facelo o Goberno galego, nin o estatal nin a iniciativa privada, como por desgraza agora estase demostrando, mesmo con recoñecemento público de algún destes "xestores eficaces" empresariais. Dos distintos gobernos españois (PSOE ou PP) nada podíamos agardar xa que dedicáronse e dedícanse a facer máis atractivo, a "humanizar" este patrón da actividade económica, este sistema depredador como é o neoliberalismo, e o naval é considerado un "sector moi maduro" e debe deixar paso a outras actividades. Boa proba do que estamos afirmando represéntao as sucesivos desmantelamentos da súa capacidade e foi un dos sectores que pagou a factura da integración no mercado común europeo, hoxe Unión Europea, xa que había outros máis interesantes dende o punto de vista electoral.
Nesta situación era de agardar que o actual Goberno galego sustentado polo Partido Popular exercera as súas funcións como resposta de compromiso coa súa cidadanía, mesmo cos seus compromisos electorais, pero nestes 28 meses que leva instalado no poder demostrou que tiña outras prioridades como atacar e borrar as sinais de identidade do pobo galego como fixo coa lingua ou, mesmamente, desmontar calqueira posibilidade de desenvolvemento propio, autocentrado e asentado nos nosos recursos, nas nosas capacidades e con proxección de futuro. Unha boa mostra do que afirmamos é o desmantelamento do concurso eólico dun xeito fraudulento que tiña como obxectivo manter a carga de traballo das industrias auxiliares do sector naval para aguantar a posíbel pouca carga que podía preverse como consecuencia da evolución do trafico de mercadorías e da escasa contratación para a construción de novos buques.
A posta en marcha de iniciativas como a feira naval "Navalia", escaparate do saber facer galego no sector, a ofensiva para o levantamento á limitación da actividade civil de Navantia e, sobre todo, os centros de reparación do naval nas rías de Vigo e Ferrol, xunto a unha política de promoción intensiva do I+D+i e a apertura a novas actividades de valor engadido como o sector aeronáutico, eran as bases para a consolidación deste sector estratéxico para o futuro dun País como Galiza.
Todo este proceso non so se paralizou en marzo do 2009, senón que a falla de política industrial do Partido Popular, máis a propaganda encubridora do sometemento da Galiza a un proceso de desindustrialización e ao servizo da reconquista de Madrid, reverteuse e dedicáronse á propaganda e a publicidade coidándose moito da rendibilidade electoral. Nunca os avais a algúns estaleiros concretos con cartos institucionais deron tan bo resultado dende o ponto de vista electoral. O Partido Popular utilizou e utiliza ao sector como arma arroxadiza contra o Goberno do Estado (PSOE) pero nunca foi capaz de retomar a política iniciada polo nacionalismo no anterior Goberno galego e implementar outras de carácter similar para darlle esa robustez e capacidade de resposta necesaria para asegurar o seu futuro.
Hoxe o tax lease é a escusa perfecta de uns e de outros, máis queren tapar o fundamental, e si non que contesten a pregunta; unha vez resolto o problema do tax lease, que?. Uns como o Goberno galego e o Partido Popular como van a asegurar o financiamento para a construción dos buques?; como van resolver a débeda acumulada ás industrias auxiliares?; como van facer competitivo ao sector, eliminando ás políticas de I+D+i ou tendo pechado o Centro Tecnolóxico do Naval, elemento substancial para impulsa á innovación no sector?; como van impulsar a industria de bens de equipo?, etc.. etc.. etc.. Pero os outros como o Goberno do Estado como vai facerse valer na resolución deste problema si ten cedido unha parte importante da súa soberanía a UE e sobre todo, porque renuncia a exercer a súa capacidade total en materia fiscal cando non esta transferida a UE?. Exemplos como a suba do IVE, modificacións nas escadas do IRPF ou a rebaixa no Imposto de Sociedades son exemplos moi significativos do que pode facer. En definitiva, uns e outros que medidas van desenvolver para non destruír máis emprego do que xa teñen destruído.
Polo medio pode aproveitar algún patrón para que no río revolto algún ou algúns estaleiros pechen deixándolle a lastre ás empresas auxiliares e miles e miles de persoas no paro.
Unha última reflexión. Aquelas persoas criticas co nacionalismo pero que teñen á Galiza no seu pensamento, a aquelas que entenderon que non nos votaban porque non respondiamos aos seus intereses, inclusive a aqueles que votaron outras opcións porque entenderon que eran as máis acaídas, deberíanse preguntar si coa súa actitude non teñen contribuído, tamén, a chegar a esta situación de posíbel non retorno. Porque a transformación dun país ou de todo un sector económico non se fai da noite para a maña e necesita de actuacións claras, precisas e mantidas no tempo. Estamos convencidos que a situación do naval non sería a mesma; tal vez non sería a óptima, pero o que si estamos seguros e que estaríamos nunha mellor situación se o nacionalismo seguira gobernando.