O rescate xa está aquí
Afirma Rajoy que Alemaña non os presiona, pero o ministro de economía alemán xa recoñeceu na prensa do seu país que só ven unha solución para o Estado Español: O Fondo de Rescate
O convite directo e sen disimulos de distintas instancias da UE e do FMI, para que o Estado Español recorra ao fondo de rescate fai abalar o € e o sistema financeiro europeo.
A idea do rescate, do que só falaban os máis pesimistas, xa é asumida publicamente polo PP a pesar de que o goberno de Rajoy aínda o negue. Afirma Rajoy que Alemaña non os presiona, pero o ministro de economía alemán xa recoñeceu na prensa do seu país que só ven unha solución para o Estado Español: O Fondo de Rescate.
De Guindos xa ten recoñecido que reflotar Bankia suporía 24.000 millóns de € e o goberno alemán calcula que atallar a insolvencia do sistema financeiro español pode estar entre os 50.000 e os 90.000 millóns de €.
As poucas competencias que lle quedaban ao Banco de España acaban de ser privatizadas. Europa e o FMI queren saber canto vale reflotar o sistema financeiro español e xa non se fían dos dados do Banco de España. A UE esixiulle ao goberno español a contratación de Oliver Wyman e Roland Berger para que substitúan ao Banco de España nas súas funcións de regulador e auditor do sistema financeiro, feito que supuxo a renuncia do gobernador do Banco de España.
Coa prima de risco nos 540 puntos e coa maior taxa de desemprego da UE, o Estado Español xa está intervido de facto. Esta fin de semana, mentres que miles de galegos e galegas se manifestaban contra a fraude das preferentes e en defensa dos servizos públicos básicos, consecuencias directas desta crise do sistema, o capitalismo organizado buscaba preto de Washington un cambio de modelo que permita a recuperación do sistema capitalista.
A vicepresidenta do goberno viaxou a EUA para despachar co Secretario do tesouro dos EUA, Timothy Geithner e coa Directora xerente do FMI, Christine Lagarde e recibir instrucións do Club Bilderberg.
Este club reúne anualmente aos representantes das oligarquías financeiras que transmiten aos gobernos europeos e dos EUA as medidas que deben de tomar en todos os ámbitos: político, económico e social. Ademais de Soraya Sáinz de Santamaría, procedentes do Estado Español estiveron o Comisario europeo da competencia, Joaquín Almunia, César Alierta (Telefónica), José M. Entrecanales (Acciona), Juan María Nin (Caixa Bank) e Juan Luís Cebrian (Prisa).
Estas reunións teñen sempre representantes dos diferentes gobernos europeos e no caso do Estado Español, tanto PSOE como PP actúan sempre para que se cumpran os seus intereses. En 2010 foi o propio Zapatero o que participou, acompañado doutros membros do seu goberno. O ano pasado foi María Dolores de Cospedal a que representaría ao PP.
Fai xa 23 anos, o Club Bilderberg reuniuse na Illa da Toxa. Nesa reunión participaron Felipe González, Manuel Fraga, Jesus de Polanco, Miguel Boyer e habituais destes encontros aínda na actualidade, como Jaime de Carvajal e a raíña Sofía. É curioso que en 1989, trataran sobre a posta en marcha do € e agora estean a debater a intensidade do rescate ao Estado Español para salvar o €.
Nestes momentos, o pobo grego pode plantexar a súa saída do €. Isto preocupa moito aos “mecados”, pois suporía unha mellora substancial da economía grega e o exemplo a seguir por outros países da UE e en consecuencia, a desaparición do €.
Por outro lado, parte da UE quere que o rescate de España sexa canto antes, para que as súas economías non se contaxien e os aforros dos alemáns queden a bo recaudo. A incógnita está agora en a quen lle ten que por a inxección o Banco Central Europeo?
Podería ser a cada unha das entidades financeiras. Bankia é unha, pero a continuación probablemente seguirá o Santander. Para esta opción o BCE tería que mudar a súa lexislación.
A outra opción sería por a inxección directamente ao Estado, con todo o que iso supoñe, non só de centos de millóns de € que poría o FMI, senón tamén de recortes de dereitos e desmantelamento total do público. Antes de que remate este mes, seguro que temos a contestación a todas estas cuestións. Mentres tanto, a clase traballadora deste país síguelle quedando unicamente un camiño, para defensa dos seus intereses: auto-organización e auto-determinación.