O problema específico da economía galega
Pero o problema da economía galega é principalmente o veto aos sectores produtivos por parte da UE
A crise económica que afecta a Galiza, comparte características coa crise económica española, froito da relación de dependencia e dunha crise global do sistema, pero non é menos certo que ten problemas de seu froito da falta de soberanía. A saída da crise só é posible rescatando os nosos dereitos colectivos coma pobo.
Malia que a crise do capitalismo é global en cada nación ten características propias, en Gran Bretaña afecta dun xeito diferente a do Estado Español e o caso galego é moi diferente do caso español, agravado en Galiza pola relación de dependencia.
Castelao analizou certeiramente as repercusións que tivo para Galiza que durante un longo período da nosa historia a representación diante da corte española fose a través de Zamora. Hoxe Galiza, sen un Estado de seu, ve como os intereses do país son trasladados a través doutros á UE.
Actualmente o goberno central negocia as condicións para as entidades do rescate bancario, cal é o problema prioritario para o goberno de Rajoy?, a situación de Bankia unha entidade sistémica a nivel estatal e con centro en Madrid, ou o de Novagalicia entidade sistémica a nivel galego? Neste caso as prioridades de España non coinciden coas de Galiza é un exemplo, non un caso illado.
O maior problema da economía do Estado, mais ala das características comúns da crise sistémica i europea, é o sobreendebedamento privado froito da burbulla inmobiliaria, o crecemento durante unha década estivo baseado fundamentalmente no ladrillo e a economía española só xerou emprego con taxas de medre por riba do 3%.
A crise do sector inmobiliario en Galiza ten unha repercusión menor que no resto do Estado, grazas en parte a paralización por parte do bipartito do plan para enladrillar a costa galega. Galiza comparte o problema da sobre exposición ao ladrillo no sector financeiro, froito da expansión sen límite das entidades galegas no seu conxunto, bancos e caixas.
No Estado español falan da necesidade dun cambio de modelo produtivo (que non de sistema), unha falacia coma outra calquera, non se poden inventar sectores económicos dun dia para outro. Pero o problema da economía galega é principalmente o veto aos sectores produtivos por parte da UE e a competencia desleal por parte de empresas e multinacionais subvencionadas polo goberno español, como acontece no sector agrícola.
O ladrillo non é o problema do Ferrol onde o 28 de xuño a CIG convocou unha xornada de loita para defender o sector naval. Un sector que tamén esmorece na comarca de Vigo. O veto da UE co consentimento cómplice do goberno central e da Xunta de Galicia está na base do problema.
A negociación no seo da UE do PPC (Plan de Pesca Común) é tamén unha mostra de cómo se prexudica a Galiza, impedindo a creación de emprego noutro sector estratéxico. Poderíamos seguir con moitos outros exemplos no agro e no sector industrial, en todos o papel da UE e a complicidade do PPSOE sería evidente.
Outra cuestión é que para revitalizar os sectores que esmorecen vítimas dos vetos europeos, Galiza debería contar cun sistema financeiro propio e saneado, de aí a necesidade dunha Banca Pública e Galega.
Galiza ten capacidade de seu para saír da crise económica e xerar emprego, pero para iso precisa maior soberanía, un Estado de seu, a República Galega que conceda o dereito a estar representados directamente onde se debaten cuestións fundamentais para o noso tecido económico, hoxe na Unión Europea. Galiza ten potencialidade para crear emprego e saír da crise secular que lastra o noso futuro, pero só coa cabeza e cos pes na terra.