O pezuño dos ricachos

Os ricachos poñen os seus pezuños, dun modo insolente, na economía da maioría dos galegos

Novamente, os ricachos, poñen os seus pezuños, dun modo insolente, na economía da maioría dos galegos. Acrecentan, sen a máis mínima consideración, os prezos da electricidade, dos gas, do derivados do petróleo. Cinxen con brutal violencia a porca. Maltrátannos, tiranízannos e esmágannos. Impóñennos unha política económica que só causa privacións, indixencia e somerxe na máis pura miseria aos pobos. Familias, casas enteiras, xa non poden pagar os custes da electricidade. Xa non poden afrontar o custe do gas. Ao que lle temos que sumar a suba dos xuros nas hipotecas. Os servizos básicos, aqueles que consideramos necesarios para o nosos sustento, son subidos dunha maneira non soportábeis para as persoas. Aí a face das nosas vidas e sociedade.

A face dos ricacho, o armazón dos especuladores, e outro. Incrementan a súa riqueza, amontoan avariciosamente, cartos e poder. Cada vez, máis poder, por mor dos medrosos e cómplices goberno. Engordan as súas caixas, fanse fortes, para mellorar enfermizamente o seu status. Así, presumen de depositar os seus lucros nos paraísos fiscais, co consentimento dos grupos financeiros, é o mesmo armazón. Alardean das súas economías.

O 80% do grupo Ibex, operan en paraísos fiscais, duplicouse esta actividade no ano 2010, en comparanza co ano anterior. Ao tempo que a recadación por impostos de sociedade, nestes grupos, baixa máis dun 50%, sen sufrir merma os seus beneficios. Elites amasando fortunas, pobo pasando penurias e miserias. Até cando?

Os gobernos, ollan para outro lado e só falan de combater o fraude no IRPF, e que pasa co fraude dos paraísos fiscais, da renda dos capitais ou cos impostos destes magnates, causantes desta situación agonizante? Aquí e onde se acocha a maior parte da economía somerxida, o Estado Español é o terceiro con máis economía somerxida, logo de Italia e Grecia, cun 19%.

Na Galiza, a eses poucos ricachos que lles vai de alucine, permítense impor e mandar, até o estremo de impor os seus intereses fronte ao conxunto da sociedade ou do propio aparello administrativo. Fano sempre no seu beneficio, vexamos o proceder de Gas-Fenosa, ou Indetex, que forman parte dese grupo de empresas da Fundación Cidade da Cultura, que conta cun fundo de 23 millóns de euros, pero onde o grupo empresarial ten o 51% e domina as decisións. A parte pública aportou algo mais de 11 millóns de euros, mais non decide.  E os que deciden, xa deron a portada a calquera colaboración significativa coa cultura galega. Estes ricachos que levan os cartos e inversión a Panamá, para non pagar impostos aquí. Estes ricachos que aplauden a decisión eólica do goberno actual, por que lles beneficia, pero que logo non colaboran dunha maneira igual na Fundación Cidade da Cultura. Medida, a suspensión do decreto eólico, que por certo creo tal inseguridade para o investimento exterior na Galiza, que fixo que este baixara no ano 2010 nun 92%, o que sitúa a Galiza a cola do estado español. Curioso, non?

Noutro lado, están a grande maiorías das pequenas e medianas empresas, os autónomos, que están aguantando até o límite. Aos que se lles aplican políticas e impostos abusivos, e sofren, a carestía do servizos básicos, coma a  maioría da sociedade. É obrigado facer unha apostos decidida por estes sectores, polos autónomos e pequena e mediana empresas. Facer país é actuar na liña de que os prestamos dos grupos financeiros galegos, vaian as maos destes sectores e das familias galegas. Que flúa o crédito cara eles, que se apliquen medida de créditos acordes coa situación. Créditos a longo prazo e carencia de 5 ou 6 anos, por exemplo. A falta dun organismo público financeiro na Galiza, a Novacaixagalicia, mesmamente, o Banco Pastor, deberían colaborar determinadamente con este sector e así, prestarían unha boa axuda a economía do país. Non esquezamos que este sectores empresarial está sen capital e agonizante, o mesmo que padece a economía galega no seu conxunto, ao día de hoxe. Para Galiza o ano 2011, será máis tráxico, que o 2010, na perda de postos de traballo e de actividade económica.