O ouro de Corcoesto: o rostro da colonización
O uso de cianuro na minaría é unha tecnoloxía obsoleta, perigosa e moi contaminante
A minaría é unha desas actividades industriais onde a “globalización” está presente desde hai miles de anos. Lembremos a presenza do Imperio Romano en Galiza na procura de ouro e doutros metais de interese. Daquela, como exercito colonizador, levaron a cabo colosais obras de enxeñaría sen comparanza na Europa antiga, no que se coñece como “minas fluviais”. O método de extracción consistía no aproveitamento dos cursos fluviais coa perforación do monte ou a desvío dos cauces. Montefurado ou As Médulas son dous paradigmas das explotacións da época.
Pouco cambiaron nese sentido as cousas en 2000 anos para países coma o noso. As empresas mineiras transnacionais procuran continuamente paraísos de contaminación onde lles deixan, nomeadamente países en vías de desenvolvemento, entre os que claramente debemos estar incluídos. Estas empresas, como as canadianas Edgewater Exploration Ltd ou GoldGroup Minning, aproveitan actualmente a alza no prezo do ouro para explotar xacementos non rendíbeis noutras épocas e que tal vez deixen de selo axiña, en función do mercado. Para tirarlle proveito económico (o seu único obxectivo), deben axustar ao máximo os custos, reducindo gastos en todo canto sexa posíbel, incluíndo os procesos de extracción, a protección ambiental, a seguridade e por suposto a restauración logo de terminar a explotación.
Isto é o que obriga a estas empresas a facer fóra o que non lles deixan facer nos seus países: funciona o principio tan anglosaxón de “Not in my backyard” (Non no meu patio traseiro), debido as estritas regulacións ambientais e de desenvolvemento sustentábel que teñen. Pois nas fermosas montañas canadianas tamén hai ouro.
Deste xeito, empresas como as anteriormente citadas ou outras como Calibre Minning Corp teñen concesións desde México á Patagonia ou en África, e tamén en Galiza: Corcoesto, na comarca de Bergantiños. En Corcoesto xa houbo minas de ouro que se deixaron de explotar hai uns 90 anos. Pero as consecuencias daquela pequena explotación, sen comparanza á que se quere facer agora, aínda se poden observar nos acuíferos da zona: un recente estudo do CSIC mostra altas concentracións de arsénico no esteiro do río Anllóns, ao nivel dos ríos europeos contaminados. A meirande parte deste arsénico procede de arsenopiritas e son –segundo este estudo- consecuencia directa da antiga explotación de ouro que agora se quere reactivar, e cunhas dimensións propias de megaminaría.
O proxecto de minaría de ouro de Corcoesto acaba de recibir con sorprendente rapidez a Declaración de Impacto Ambiental positiva por parte da Consellaría de Medio Ambiente, cun decidido e pouco habitual apoio de Feijóo. Algúns pormenores relevantes do proxecto, que realmente é unha combinación de industria mineira e industria química, son:
- É unha mina a ceo aberto, a modalidade máis agresiva de minaría, supón unha escavación dunha extensión equivalente a 773,6 hectáreas, equivalente a uns 773 campos de fútbol.
- Conleva unha balsa de decantación de 10 millóns de metros cúbicos (semellante á de Aznalcollar), onde se acumularán para sempre os refugallos altamente tóxicos resultado do proceso de separación do ouro da mina.
- O proceso de extracción é a base de cianuro, coñecido como cianuración do ouro. É un proceso que fai rendíbel economicamente explotar minas de moi baixa calidade como a de Corcoesto. Implica o uso de enormes cantidades de cianuro sódico (NaCN) para extraer o ouro da mina, e de sosa cáustica (NaOH) e ácido clorhídrico (HCl) para eliminar o cianuro (CN-) e corrixir o pH. Os produtos destes procesos químicos son metais pesados que se liberan, como o arsénico ou o mercurio, os sulfuros que combinados co aire e a auga xeran ácido sulfúrico (coñecido como drenaxe ácida das minas), os produtos da degradación do cianuro, incluíndo o mortal gas cianhídrico e os que se xeran da moenda da rocha. Todos estes, en diferente medida e a través do tempo, chegan ás augas superficiais e subterráneas.O uso do cianuro na minaría está amplamente rexeitado pola comunidade científica (Declaración de Berlín, 2000), polo Parlamento Europeo (Resolución 145 de 2010) e prohibido en numerosos países (como República Checa, Hungría, Rumanía, algúns estados de EEUU como Montana e Wisconsin), nalgúns deles como consecuencia de graves accidentes (como Baia Mare en Romanía, xaneiro de 2000, que foi considerado o peor accidente ocorrido en Europa logo de Chernobyl e aniquilou completamente o río Tisza, o segundo máis importante de Hungría). Na resolución do Parlamento Europeo pídese a “prohibición total” en toda a Unión Europea antes de finais de 2011 e advírtese de que neste tipo de explotacións “a posibilidade de que ocorra un accidente é só cuestión de tempo”.
Podemos atopar información máis completa na web da Plataforma pola Defensa de Corcoesto (tamén en facebook), que está a traballar intensamente en contra do proxecto e contra a esmagadora maquinaria de engano da Mineira de Corcoesto (filial de Edgewater Exploration Ltd) e das autoridades locais e da Xunta.
Se fomos algunha vez ás Médulas, puidemos observar 2000 anos despois como está o monte logo da intervención romana. E se pasamos por moitos lugares de Galiza, tamén podemos ver como fican moitas canteiras e minas logo de seren abandonadas. A minaría a gran escala do ouro a base de cianuro e inda por riba a ceo aberto ten importantes peculiaridades que a fan moitísimo máis perigosa e devastadora que a minaría de áridos á que estamos afeitos. As consecuencias son incomparabelmente máis dañinas.
Aquí nunca pasa nada até que pasa. Parece que xa están os de sempre a poñerlle trabas ao “progreso” e ao “desenvolvemento”. O problema é que a experiencia e a historia móstranos sen furgar moito os motivos da desconfianza máis que xustificada. As empresas de explotación de recursos naturais (e o resto) procuran beneficios económicos, e moitas delas sen importarlles as consecuencias a curto, medio ou longo prazo. As consecuencias a curto prazo compénsanas (malamente) cos cartos das expropiacións e coas expectativas laborais case sempre decepcionantes. A medio prazo xa se destruíu toda alternativa de desenvolvemento da zona, xa non é posíbel outra actividade económica nese ermo de destrución e desolación. E a longo prazo, que nas previsións máis optimistas, as de Edgewater Exploration Ltd, sería a partir dos vinte anos de explotación se as cousas van ben, fican para sempre os millóns de toneladas e litros de refugallos tóxicos nesas balsas que meten medo só pensalas (lembremos Aznalcollar), que no mellor dos casos irán filtrado o seu contido altamente tóxico polo solo cara os acuíferos até rematar no río Anllóns. Na situación máis favorábel, a empresa (se sigue existindo daquela), “rexenerará” os terreos abertos da mina e creará lagos artificiais nas balsas, previo tratamento químico radical con poucas posibilidades de éxito dada a orixe e o tipo de residuos que contén. En calquera situación un chisco por debaixo da ideal, a empresa marchará deixando a medias a rexeneración, cunha terra queimada e unha contaminación silandeira que se espalla moito máis alá de Corcoesto. Durante décadas (como mínimo) non haberá ningunha posibilidade de vivir do campo, da gandería ou do turismo. Corcoesto e arredores serán simplemente lugares e casas abandonadas polo brillo dun ouro que os seus habitantes de agora nunca chegarán a ver máis ca nos escaparates das xoierías da vila ou cidade onde terán que ir vivir, lonxe de Corcoesto.