O desenvolvemento do medio rural en couto pechado (e para os seus )
O Partido Popular, na posta en valor do rural, aposta por unha explotación de corte colonial
Poidera parecer sorprendente ,mais, non o é, que o sistema capitalista, defensor da sacrosanta liberdade de empresa e da non intervención do estado, só aplica esta máxima, cando se trata de que os "seus" acaden beneficios e plusvalías. Cando do que se trata é de subsanar perdas, entón socialízanas e cárganas nas costas das clases traballadoras e populares. A subsanación do sistema financeiro, causante da crise actual, é paradigma de esta perversa teoría política.
O Partido Popular, expresión política do capitalismo na Galiza amosa a súa política de non intervención cando lle convén. No borrador do anteproxecto da lei de montes de Galiza, (que xa está aprobado polo Consello da Xunta), sitúa aos montes veciñais en mao común no ámbito das titularidades privadas como se fosen montes de particulares ou montes xestionados por empresas. Cuestión evidente que non é certa, xa que os montes veciñais son titularidades comunitarias, nin públicas, nin privadas .
Mais, cando se trata de intervencionismo ou non, entón aplican, digámolo na súa terminoloxía, a selección "natural". Así, mentres que nas comunidades de montes aplican o intervencionismo e exixenlle que invistan de xeito obrigatorio un porcentaxe dos ingresos na mellora do monte, e se non o fan, "castíganas", como se fosen criaturas malas, e que non teñan acceso as axudas públicas, nos montes de particulares e nos montes xestionados por empresas privadas, aplican o non intervencionismo e non lle demandan nada, e polo tanto, non teñen castigo.
Conste que nós defendemos o porcentaxe mínimo de investimento obrigado na mellora do monte. Conste que nos defendemos a intervención do estado mediante normativas e lexislacións específicas. Máxime cando estamos a falar de titularidades (ou propiedades), xa que estas, tamén as privadas, teñen que cumprir unha función social. Máxime cando estamos a falar do monte que, entre privado e veciñal ocupa os 2/3do territorio galego. Mais o que non é de recibo que este intervencionismo ou non, se faga baixo a lei do funil. E dicir, ancho para os do meu couto e estreito para os de fora do meu couto .
A consellaría do Medio Rural e Mar, ven de sacar unha liña de axudas para diversos aproveitamentos do monte (eles din forestais). Mediante esta liña de axuda, poderase por en valor producións do monte como poden ser: mel, cogumelos, castañas, biomasa, plantas aromáticas e mediciñais ...). Estariamos pois, ante unha liña de axudas interesante porque apostaría pola multifuncionalidade dos montes. Mais, como non podía ser de outro xeito, esta liña de axuda, ten truco.
Cal e o truco? O truco é que os beneficiarios de esta liña de axudas, non poden ser, nin as comunidades de montes, nin as súas mancomunidades. Só poden ser beneficiarios as empresas (micro-empresas, neste caso). E dicir, o Partido Popular, entende o desenvolvemento rural como couto pechado. Para beneficio dos seus amigos, das súas empresa, dos deles. As comunidades de montes son un problema e hai que abafalas.
O mais adecuado seria que na posta en valor dos montes veciñais en mao común, fosen prioritarias as comunidades de montes, xa que deste xeito, estaríase potenciando o desenvolvemento endóxeno, o investimento do valor engadido no lugar das producións, a xeración de emprego, entendendo este como un dereito social, a fixación das populacións no medio. Mesmo, non sendo maximalista, o lóxico seria que os beneficiarios das axudas para o aproveitamento multifuncional dos montes, fosen as comunidades de montes e as empresas. E logo, que o titular da terra optase pola opción que mais lle convira. Sen igualdade de oportunidades, a liberdade de elección é unha farsa.
O Partido Popular aplica a mesma corda, mais con diferentes usos. Para os seus aliados, corda longa para que se beneficien e espolien os recursos sen xerar valor engadido na zona. Para os seus inimigos, atalos coa corda para que non poidan por súas terras en valor baixo a óptica da xestión comunitaria dos recursos. Pode ser que a palabra non este de moda. Mesmo pode ser que para algúns sexa mentar a bicha.
Mais o Partido Popular, na posta en valor do rural, aposta por unha explotación de corte colonial e xa que logo, non para beneficio das persoas que viven, traballan e xestionan o medio rural. Nin para beneficio do territorio.