O conto da leiteira
Fai uns días asistimos a unha manifestación/protesta dos sindicatos agrarios en relación a uns feitos provocados por unha serie de empresas lácteas
Fai uns días asistimos a unha manifestación/protesta dos sindicatos agrarios en relación a uns feitos provocados por unha serie de empresas lácteas. Os motivos, polo que fun intuíndo, basicamente orbitaban arredor da discriminación que as empresas manteñen entre os gandeiros e gandeiras do noso país en relación a similares doutros países no tocante ao prezo pagado polo litro de leite. Encadrando estas demandas nun contexto de consecuencias ou de pragmáticas solucións debemos pensar que se deben facer entender todas estas reivindicacións á cidadanía como ferramenta conciliadora e decisiva a hora de avaliar as decisións que dela se desprenden, non sería lóxico pensar nunha única dirección ou varias sen contar coas consecuencias que se pretenden conseguir.
Os actores desta película ( de longa duración ), gandeiros e gandeiras, sindicatos, gobernos, etc, non son máis que meros figurantes dos verdadeiros protagonistas, anónimos neste caso, e que non figuran nos carteis. Tanto neste caso como noutros tódolos movementos que se produzan deben conter un valor engadido e significativo que constate a cadea de movementos ao máis puro estilo sinfónico. O derradeiro compás desta obra somos os consumidores. O comezo son os produtores e produtoras que a cada día que pasa ven a súa figura ensombrecida polas falsas notas dunha balada de perdedores. Eu, que non me considero moi ávido de razoamentos cheguei a varias portas que non me atrevín a traspasar, non sei se por ignorancia ou por medo a saber que esconden. E pregunto retoricamente, sabemos como é o nivel de vida deses países nos que estas empresas lácteas pagan máis o litro de leite?, sabemos a que prezo teñen que pagar as materias primas para a produción do litro de leite?, ou doutra maneira menos procaz, sabemos cantos impostos teñen que aportar ás arcas do estado estes gandeiros e gandeiras que teñen un prezo máis alto por litro de leite?. Aínda intuíndo as respostas case podo asegurar que non teñen importancia, tal e como tentarei desvelar ao final do artigo.
Borrando todo o mencionado con anterioridade, e partindo das xustas reivindicacións que os sindicatos agrarios elixiron como estandarte nestes días, e asumindo a miña teima por chegar ao final dos conflitos, gustaríame reconducir esta situación cara outro punto de vista menos traumático coa intención de resolver as dúbidas propias para o cal tentarei mostrar os camiños que se me aparecen ante a vista, simulando un diagrama de fluxo tan conveniente nalgunhas ocasións. Tendo en conta esta premisa, fican tres camiños posibles a escoller:
1.- Que non suceda nada, que as inmensas e cualitativas protestas non sirvan de nada e que tanto empresas como gobernos implicados fagan oídos xordos e a nada semente de novo o ar que respiramos en tanto non se aprecien movementos telúricos que finxan novas actitudes que non se van permitir baixo velada ameaza de incalculables protestas. Consecuencia: Nova desorganización, desanimo, tempo roto, palabras maltratadas.
2.- Que as empresas vendo a forza exhibida polas forzas vivas do sindicalismo agrario, a repercusión que os medios de comunicación lle deron ( sobre todo dende o cambio de goberno galego ) e a presión que exerceron dende a consellaría do medio rural na defensa a morte das problemáticas auspiciadas polos anteriores inquilinos de tan insigne morada, decidiron ( en base á contaxiosa austeridade ) baixar o prezo do leite aos mencionados gandeiros e gandeiras, privilexiados, para evitar desta forma desequilibrios emocionais que redunden na conta do psicólogo. Consecuencia: Os que estaban algo contentos remataron o seu privilexio e dan un paso para atrás e os do noso país... pois seguen igual. Pero non hai mal que por ben non veña, mellor fodidos todos, que así estamos máis a gusto.
3.- Que as empresas, nunha manobra difícil de descifrar, case por arte divina, deciden ter un xesto desprendido e liberar as tensións equiparando os prezos dos países en litixio ( á alza, enténdese ) repartindo alegría nesta terra de cinza. Consecuencias: O resto de gandeiros e gandeiras do noso país, á vista dos acontecementos e sen intervención foránea acaban por tomar decisións que curiosamente se dividen noutras tres seccións. A primeira sección englóbana os que non deciden facer nada e aceptar que de vez en cando chove dentro da casa. Os da segunda sección deciden protestar diante das súas empresas para que tamén se poñan ao día nos prezos aínda que son os menos. O terceiro grupo está formado polos que deciden manifestarse diante das súas empresas lácteas para que se introduzan no mercado estranxeiro e así poder ter a opción de protestar pola diferenza de prezo.
Loxicamente todo isto provoca unha serie de convulsións no mercado, na clase política, nos gandeiros e gandeiras, etc que as dimensións escápanse ás palabras, tanto que non hai mundo que se deteña nelas. Como consecuencia, despois de que os cataclismos ocasionaran no noso país un lugar onde vivir con dignidade, fomos invadidos polos gandeiros e gandeiras de todo o mundo, envexosos todos.
Despois desta ironía podería dicir moitas palabras en serio, creo que non fai falla, supoño que debemos ter claro que a casa comézase polos cimentos e que non se trata de envexar aos demais senón de aclarar dunha vez por todas o que é realmente importante. Sobra dicir que a política de prezos debe ir en consonancia a outros factores, de calidade de vida, de man de obra, etc, e debe estar regulado sexa cal sexa a forma. Aí é onde debemos actuar de primeira man, sen perder as oportunidades que pasaron por diante da porta, xa que ao mellor non volven a aparecer. Poida que arestora aínda nos tiremos dos pelos e os contratos homologados que se estaban implantando no noso país non fosen tan malos e os sindicatos non vendesen aos gandeiros e gandeiras por papel mollado en aras dun espazo, dun condominio tan absurdo como pobre.