O BBVA estima ao chou o impacto do Xacobeo na economía galega co beneplácito do Goberno do PP
Os medios de comunicación galegos danlle a unha estimación económica dun directivo do BBVA carácter de informe exhaustivo
En Galiza hai persoal capacitado para estimar con garantías a repercusión do Xacobeo no tecido económico galego (efectos sobre o PIB, o emprego, as importacións, ...). Por suposto que na administración hai organismos encargados deste cometido.
Unha vez máis, un experto foráneo deixounos abraiados coas súas cifras. Quero pensar que para nada era a súa intención, simplemente trataba de dignificar un acto da sinatura dun convenio. Moi loable pola súa parte e agradecidos hai que estar pola contribución económica.
Sempre pensei que un non debía deixarse impresionar ante calquera dato e ao mesmo tempo debía darlle máis dunha volta antes de sorrir, por moi favorable que fose o mesmo. Agora ben, se exerces de alto cargo aínda hai que ser máis cauto, por iso de que representas á sociedade.
En teoría o gobernantes teñen que prever, polo menos, as repercusións económicas que xurdirán a partir das súas inversións. Coa intuición non chega e da improvisación nin falar. Dende a miña humilde opinión e fuxindo de tecnicismos propios da miña especialidade profesional, gustaríame comentar os resultados expostos e apropiados pola Xunta de Galiza, en consecuencia tamén avalados.
O fenómeno do Xacobeo é unha variable que ben aproveitada poderíase traducir nun extraordinario motor de desenvolvemento da economía galega, sobre todo nestes momentos de crise. Son moitos os axentes implicados na procura da optimización deste recurso, ata o comportamento activo do galego a nivel individual axuda. O papel da Xunta de Galiza é fundamental xa que manexa os recursos orzamentarios máis abondosos para lograr dito obxectivo.
O Camiño de Santiago, entendido como un elemento transversal que enlaza con moitos ámbitos, non pode ser tratado de forma autónoma. Este enfoque non acaba de verse plasmado na súa promoción co actual goberno, emerxen críticas a este respecto por tódolos lados. Incluso a campaña posta en marcha para ocasión é ambigua e non semella ser compatible coa estratexia global do turismo. Outra vez as mensaxes contraditorias que se van diluíndo á hora de captar clientela. Certo é que non é doado gobernar e menos contentar á sociedade no seu conxunto.
Os altos cargos do gremio, secundados polo propio presidente da Xunta, comezaron sinalando que o PIB galego ía incrementarse no 1.5 grazas ao Xacobeo. A veces xa falaban do incremento do 1.5 do PIB turístico, supoño que por confusión. A medida que avanzaban os meses as expectativas diminúen e a cifra decaeu ata 0.5, que por certo non é tan cativa. Incluso se falou dun suposto (e simpático) diferencial a respecto do estado para xustificar o cambio de postura. De entrada, está claro que a análise económica non é o forte do goberno.
A todo isto, os partidos políticos encerellados no Parlamento cunha guerra de cifras. Non hai maneira de entender os datos xa que tanto se miden as variables por cuartas como por ferrados. Ao mesmo tempo o desgaste da Xunta neste eido xa ven dado polos seus propios erros. É como se as novas tecnoloxías quixeran acabar co goberno, xa van varias e a cousa non ha de quedar aí.
En canto discurso oficial hai veña a voltas co Xacobeo e a súa incidencia, é a receita perfecta para todo tipo de mal e logo chegara o ansiado efecto multiplicador. Aínda que moitas das infraestruturas asociadas ao Camiño quedasen aparcadas, e as funcións de conservación e protección das rutas sexan reducidas á mínima expresión. Probablemente esta sexa a mostra máis evidente da visión parcial desta icona turística por parte do PP. Oíase por aí: "o Xacobeo é algo máis cas uns cantos concertos e un control de mochilas á entrada da Catedral".
O outro día os medios de comunicación galegos facíanse eco de que expertos do BBVA observaron en detalle o escenario galego e os resultados de anteriores citas xacobeas para concluír que 2010 permitirá á Galiza saír tecnicamente da recesión. Sinalaban un incremento de pernotacións, que podería chegar a dous millóns e elevar a 9.5 millóns os visitantes, e que o efecto sobre o PIB permitirá unha saída da crise, cun impacto de entre cinco e seis décimas este ano. Véxase: (http://serviciodeestudios.bbva.com/KETD/fbin/mult/1003_observatorioregionalespana_tcm346-217035.pdf?ts=2332010).
Os analistas do banco contemplan dous escenarios posibles, un cun millón e medio máis de visitantes, que derivaría nun aumento de 276.8 millóns de euros de gasto turístico total, e outro con dous millóns de turistas, que deixarían en Galiza 369 millóns de euros a maiores. O gasto medio diario previsto, por eles, para este ano por visitante ascendería a 85 euros. A estancia media sería de 2.2 días.
O presidente da Xunta, afirmaba en Bilbao que espera atraer a 8 millóns de visitantes durante este ano. Esta magnitude, con todo, é inferior á que ata agora defendían tanto a través de declaracións de diversos cargos públicos como a través de documentos oficiais. A nova cifra ofrecida achégase máis á rexistrada no último Xacobeo, en 2004. Dous días despois a persoa responsable en turismo apropiabase dos datos do BBVA e volvía aos 9.5 millóns de turistas. Ese sube e baixa, sen xeito nin traza, mata á mensaxe e desacretita o discurso.
Tanto se fala de pernotacións como de turistas ou visitantes se se dá o caso, o concepto de turismo non pode ser tan difuso. Para poder incidir nun fenómeno hai que acotalo inicialmente. Durmir fóra da casa algún día da semana por motivos de traballo ou comer o polbo o día de feira non é turismo. Os excursionistas do Norte de Portugal non pernotan, e a caso o seu gasto non interesa e queda ao marxe nos cálculos da Xunta?.
Existen distintas metodoloxías de cálculo de impacto económico, que toman como referente distintos modelos de análise. Neste terreo tamén hai eivas de datos e a veces é dificil actualizalos axeitadamente. Como punto de partida non nos podemos quedar tan só cos efectos directos, os que veñen dados pola propia demanda turística, tamén hai que cuantificar cando menos os efectos indirectos, os provocados pola interdepedencia sectorial dunha economía. Tamén interesa observar a incidencia sobre as importacións, xa que non todo é sumar.
Independentemente dos datos ofrecidos polo BBVA, e a metodoloxía empregada, resúltame cando menos curioso que os supostos incrementos do PIB coincidan coa mera multiplicación do aumento dos turistas polo gasto medio do turista e pola estancia media do turista, as cifras xa están redondeadas e son todas hipóteses de traballo. Increíble, as contas xa se fan de cabeza. En economía do turismo os cálculos son máis sofisticados, pódese atinar pero con iso non se valida o método.
Os fluxos internacionais decaen cada vez máis. É como se a proxección cara o exterior se achicase, non é tan simple xa que hai máis factores que inflúen no turismo internacional. Con este panorama, Galiza depende cada vez máis do turismo procedente da península Ibérica, e polas razóns que sexan a estas alturas na contorna non teñen en mente o Xacobeo, algo falla.
As campañas de publicidade cunha mensaxe ambigua son criticadas a miúdo polos sectores involucrados baixo o epígrafe de turismo, que insisten na pouca eficacia dos anuncios. Polo de agora a crise xúntase cun tempo pésimo e co arranque tardío das campañas publicitarias. As accións de promoción destinadas a modificar a forte estacionalización do turismo son escasas e van a destempo, o groso das reservas de destino xa se formalizou. Con todo, Galiza é un destino preferente.
Sei que hai un ano os técnicos en turismo, como bos profesionais, seguían traballando na preparación do ano Xacobeo a pesar do cambio de goberno. Por aquelas o PP mandara parar ata tomar posesión e montar o seu equipo. Unha contradición máis, é como se o turista, ou peregrino, tiverá que esperar por eles antes de escoller destino.
A ver se dán as contas ao final. Nos dous primeiros meses do ano a afluencia de turistas foi menor que no último Xacobeo. En xaneiro a ocupación de hoteis en Galicia non chegou ao 20%. A min non me coinciden as cifras, pero que haxa sorte e que as estimacións se queden curtas.