O agrarismo: a loita continua
O agrarismo foi obxecto de estudo de moitos historiadores, mais nunca pensei que as súas reivindicacións puidesen ter tanta vixencia dende o ano 1900 até os nosos días
A semana pasada presentei un traballo que debía ser avaliado pola Universidade de Santiago de Compostela titulábase: "O agrarismo como espazo político ". Trataba de buscar explicacións racionais para entender o que pasou neste país co agro .Porque semella ilóxico seguir padecendo os mesmos problemas a comezo do século XX e a comezo do século XXI sen que ninguén arranxe a situación. Esta desidia é a que nos fai padecer as consecuencias dun sistema económico hostil que continuamente agrede aos labregos galegos.
O agrarismo foi obxecto de estudo de moitos historiadores, mais nunca pensei que as súas reivindicacións puidesen ter tanta vixencia dende o ano 1900 até os nosos días.
As primeiras formas de organización labrega nacen como consecuencia do contexto económico da época que relegan a último plano os intereses do agro galego co beneplácito das elites institucionais do momento. Ante esta situación os labregos deciden buscar e artellar novas vías de acción encamiñadas á consolidación dunha verdadeira alternativa labrega galega para o noso país. É neste intre, cando as federacións agrarias se agrupan e activamente participan na demanda de solucións para os seus problemas, protagonizando incluso revoltas sociais que seguen pasando inadvertidas na historia colectiva da Galiza.
As demandas dos labregos eran concretas e atinadas. Centrábanse en eidos diferentes e a miúdo pasaban pola necesidade de innovación técnica do sector, pola esixencia de políticas agrarias sólidas que garantisen a seguridade para os milleiros de explotacións deste país, e por suposto tamén era frecuente a reclamación de accións encamiñadas a dignificar o estatus dos labregos.
Pero no camiño o agrarismo topa coa represión das elites institucionais que grazas aos seus métodos de presión logran desfacer o movemento agrarista a través da máxima que emprega sempre este sistema para desacreditar calquera alternativa. Isto é: non vos atrevades a facer algo porque nese caso as consecuencias pagarédelas vós ou traducido á lóxica da acción colectiva: os custes de participar nunca superarán aos beneficios obtidos.
O caso é que, con todo, o movemento agrario galego foi un exemplo de auto organización e unha mostra do que a sociedade pode chegar a facer se definimos ben os obxectivos de partida e sobre todo se camiñamos cara o mesmo sentido, é dicir, se asumimos a colectividade como argumento.
Que pasa na actualidade?
Cando dixen que o agrarismo fora o tema do meu traballo de investigación era para traer ao fío un dos comentarios dun dos avaliadores (un con quen tantas veces gustei de discutir nas aulas). El acertadamente mencionaba a importancia dos valores estéticos do agrarismo no devir do movemento e a influenza dos países europeos. Porén argumentaba que o fracaso das demandas ás que eu me refería nas miñas conclusións non eran tal, xa que, os indicadores económicos situaban aos gandeiros por riba de outros sectores. Foi nese intre cando me decatei da vixencia das aspiracións agraristas na actualidade e da necesidade do recoñecemento da importancia destes temas para entender as claves do que acontece hoxe.
Nas vellas demandas do agrarismo destacaba a necesidade dunha política activa que defendese os intereses dun dos sectores estratéxicos do noso país. Hoxe esa reivindicación podería contestar a toda a política do PP baseada na paralización dos nosos recursos, sempre é cando non haxa cerca unha empresa amiga.Poñamos un exemplo: a lei da concentración parcelaria. Como é posíbel que un instrumento básico na xestión do agro e da súa actividade sega rexéndose por lexislación obsoleta que non contribúe á modernización do sector. Como é posíbel que teñan o mesmo peso nas xuntas locais os veciños que seguen traballando as terras que a xente que deixa que os terreos fiquen abandonados.? E logo a pregunta do millón: con que criterio se escollen as zonas onde se debe actuar? Que sentido ten facer concertacións en parroquias que non sexan aptas para actividade agrogandeira e deixar morrer bloqueadas parcelarias en zonas agrícolas? Estas cuestións non foron nin serán contestadas.
Por outra banda é preciso falar do pexorativo da consideración social do traballo no agro que está visto, por algúns, como propio dos pailáns ou dos que non saben facer outra cousa. A reivindicación do rol e do espazo social dos labregos debe estar presente na actualidade, xa que son, os que sosteñen parte da nosa estrutura económica e potencian os nosos produtos conseguindo que a maior parte das persoas identifiquen o produto galego co produto de calidade. Estes mesmos labregos son os que a Xunta do PP ignora coas súas políticas por consideralos inofensivos.
É por todo isto imprescindíbel apoiar organizacións que defenden sen complexos estas cuestións dun xeito activo e deixar de percibir os problemas do agro como algo distante e que non nos incumbe. Se logramos identificarnos todos con estas reivindicacións os labregos poderán seguir traballando na nosa terra e seguir garantindo que o noso rural, vivo, sexa o noso sinal.