Non hai nada gratis
Os perigos das aplicacións gratuítas
Noutro artigo, escrito hai uns meses, mencionei a película Hardwired para dar conta do poder omnímodo das grandes transnacionais, que dominaban todas os sectores e todos os eidos da vida económica e social dun mundo futuro non moi alonxado do noso presente.
A película conta a historia dunha persoa que sofre un accidente. Nunha sociedade sen un servizo público sanitario universal, todos os doentes tiñan que costearse o seu servizo sanitario. O heroe desta película non tiña medios para afrontar unha operación vital para esta persoa. Unha transnacional paga o custe, pero esta decisión aparentemente altruista tiña unha contrapartida, nada agradábel para o noso heroe, xa que cada certo tempo tiña que soportar un anuncio publicitario en forma de holograma, que se repetía unha e outra vez, até que o noso heroe compraba o produto en cuestión. Non todos soportaban esta tortura, e moitos optaban por eliminar o software implantado no seu cerebro que permitía, non só ter controlado ao individuo, senón que era o encargado de amosar os anuncios. Os que tentaban suprimir este software “malicioso” morrían.
Seguramente pensaredes que é un argumento disparatado, que nada ten a ver coa nosa realidade, co noso presente, e sen embargo nada máis lonxe da realidade.
É certo que agora mesmo o servizo publico sanitario é universal e gratuíto, aínda que estanse a dar pasos cara a súa privatización, que se non o evitamos será inevitábel. Porén, disfrutamos doutro tipo de servizos aparentemente gratuítos, pero que non fican moi lonxe do descrito pola película. Por exemplo, salvo raras excepcións a meirande parte das persoas que teñen correo electrónico utilizan un servizo aparentemente gratuíto, mais iso implica certa perda da nosa privacidade; por exemplo o servizo de correo electrónico de Gmail, da transnacional Google, utiliza un software que le as nosas mensaxes de correo electrónico, ofrecéndonos publicidade baseándose en certas palabra que atopa no texto do correo. Unha publicidade ademais, de produtos e servizos da nosa área de influencia.
Facebook por exemplo, a rede social que conta xa con máis de 1.000 millóns de usuarios de todo o mundo, permite aos anunciantes segmentar o obxectivo para adaptalo ás súas necesidades. Por exemplo, as empresas poden escoller a idade, o lugar onde vive o seu público obxectivo, cales son os seus gustos, que páxinas visitan habitualmente, etc. É dicir, Facebook, aparte de ser unha inmensa rede social que permite a comunicación dos usuarios e usuarias, é unha inmensa base de datos onde figuran aspectos da nosa vida privada que poden ser utilizados por terceiras persoas.
Hai aplicativos que podemos usar co noso navegador favorito que evitan, por exemplo, a aparición de publicidade no noso correo de Gmail, porén arriscámonos a quedar sen correo electrónico. É certo que non ten as fatais consecuencias descritas na película, mais esta non deixa de ser unha metáfora, e se cadra, un adianto do que nos vén enriba.
Teñámolo claro, non hai nada gratis; a cambio do uso gratuíto de servizos desta era da información, cedemos datos importantes de nós mesmos e da sociedade no seu conxunto, que poden ser utilizados, como nos exemplos arriba indicados, para personalizar as campañas publicitarias, pero tamén para coñecer, e quen sabe se manipular máis facilmente, a propia sociedade.