Non é crise, é capitalismo
As cousas non estaban ben antes, nin están agora. O problema non é a crise, nin insistir nos dogmas dun sistema caído é a solución
Convén mirar cara atrás, os traballadores e traballadoras pagamos nos tempos de bonanza a feroz especulación sobre bens e servizos básicos, privatizados en grande parte os servizos públicos. Daquela esa especulación levou a un endebedamento das familias que hoxe afrontan a crise na peor situación financeira. Os recortes no estado do benestar xa viñan de antes e o "mercado" laboral estaba marcado pola precariedade e a temporalidade.
Durante os anos de vacas gordas as familias tiveron que endebedarse para adquirir bens básicos como a vivenda ante a especulación e a falta dunha política de vivendas sociais, agora milleiros de persoas están perdendo a súa vivenda sen que iso supoña a liquidación da débeda coa entidades financeiras; as rendas do traballo reducían a súa porcentaxe na creación de riqueza fronte as rendas co capital e os salarios baixaban en relación a un custe da vida disparado pola especulación sobre as materias primas. Os beneficios empresariais medraban de xeito alarmante, non era medre sostible, era especulación.
O españolismo repetía que as autonomías impedían que todos os cidadáns acedasen aos mesmos servizos en iguais condicións, cando a discriminación se producía a tenor da clase social. Deterioraban e privatizaban, como continúan facendo agora, os servizos públicos e só as clases dominantes podían pagar colexios ou sanidade privada.
A temporalidade superaba o 35% e a sobrecarga de traballo ou a extensión da xornada laboral eran norma. É certo que un grande número de persoas están sendo expulsadas do mercado laboral, pero xa era así en tempos de bonanza para nada menos que un 35% da poboación activa. Milleiros de temporais alternaban meses de traballo co cobro do paro e cando traballaban non tiñan garantida a capacidade para ser economicamente independentes. Traballar pero ser pobre, sobrevivir grazas ao apoio das familias ou recorrendo a compartir gastos con outras persoas na mesma situación.
O que cambiou para estas persoas coa crise é que ao rematar un contrato temporal teñen mais dificultades para atopar outro traballo, continuando durante mais tempo en situación de desemprego cun maior risco de exclusión laboral. Tamén a destrución de emprego fixo nas pequenas e medianas empresas está incrementando o número de persoas que vivirán no futuro entre a temporalidade e o paro. O mesmo camiño no que insiste a reforma laboral.
As cousas non estaban ben antes, nin están agora. O problema non é a crise, nin insistir nos dogmas dun sistema caído é a solución. Isto non é a crise é o capitalismo.