Mr. Scrooge en Portugal
Estes xuros, propios dos usureiros do século XIX, demostran que en ningún caso podemos falar de rescates
Cando os medios anunciaron que o Goberno Portugués aprobou a incautación dunha parte da paga do natal, a miña compañeira, como imaxino moitas persoas, lembroume o famoso conto de Charles Dickens "Canción do Nadal" que ten como protagonista ao usureiro Ebenezer Scrooge. Desgraciadamente, as semellanzas da situación actual con calquera conto de Dickens van máis alá do anecdótico, e o final non será feliz.
Charles Dickens describiu na súa literatura o retrato social da época vitoriana, caracterizada por unha estrita "moralidade" burguesa (unha dobre moral), nun momento no que o capitalismo salvaxe consolidábase na Gran Bretaña. No social, consolidábase unha alta burguesía única beneficiaria do sistema e unha clase traballadora empobrecida, na que ademais, amplos segmentos da poboación sen emprego estaban abocados a máis absoluta marxinalidade.
Hoxe coma daquela, a dereita máis conservadora alimenta unha "moralidade" vitoriana (a través do Tea-Party nos USA, ou do TDT-Party españolista). A tentativa de impoñer a moralidade relixiosa como instrumento de control social, ten moito que ver coa implantación dun modelo económico neoliberal. Pretenden unha involución cara ao capitalismo do século XIX, e precisan un modelo social copiado daquel.
Grecia chegou a pagar uns xuros do 25% nas emisións de débeda a dous anos; as emisións de débeda de Portugal a 5 anos chegaron ao 14,15%; mentres, os bancos europeos reciben inxeccións de liquidez ao 1,25% por parte do Banco Central. A gran pregunta é: ¿por que o BCE non presta directamente diñeiro aos Estados ao 1,25%, eliminando aos molestos intermediarios?
Estes xuros, propios dos usureiros do século XIX, demostran que en ningún caso podemos falar de "rescates", son plans abusivos de recorte puros e duros que avanzan na implantación dun modelo social de ricos moi ricos e probes moi probes, eliminando ademais os resortes do Estado do Benestar, creados no pasado ante as demandas e fortaleza do movemento obreiro. Fronte aos que diagnosticaban o fin da clase traballadora, hoxe estamos ante o fin da clase media.
Por último, hai que subliñar o trato dado polos medios de comunicación aos gregos, son eles os culpables da prima de risco da débeda española e, polo tanto, da situación económica que vivimos. Acusacións que contrastan coas críticas dos mesmos medios españois aos dirixentes ingleses e alemáns que lavan a cara ante os seus cidadáns responsabilizando aos PIIGS da situación económica europea.
O inimigo é o capitalismo. Debemos ser conscientes de que estamos ante unha loita prolongada e así o debemos transmitir para evitar a frustración. Non hai receitas milagreiras que permitan solucionar a situación a curto prazo, quedan décadas de dura loita política.
Para Galiza, situada na periferia do sistema e carente de soberanía política, as consecuencias deste proceso serán dramáticas. Non hai atallos; o único camiño é involucrar a participación das clases populares na vida política dende unha perspectiva nacional. Requírese indignación, pero tamén compromiso militante.