Morte dos piñeiros na raia
A Xunta incapaz de facer a mínima xestión nos nosos montes, improvisa ante unha situación dramática para o sector
A chegada dunha nova doenza dos piñeiros, invita a unha reflexión sobre o noso modelo de monte e cuestiona o formato da "non xestión" instaurado neste goberno que pensa que o paso do tempo soluciona de por si só os problemas. Neste caso a falta de anticipación e de iniciativa pode supoñer graves perdas económicas, sociais e ambientais para o noso país.
A nova doenza dos piñeiros
O nematodo da madeira do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer, 1934) Nickle, 1970, provoca decaemento e morte súbita en coníferas. Ten un tamaño microscópico que non se aprecia a simple vista e seca os nosos piñeiros nun tempo de un a tres meses. É orixinario de América do Norte (Canadá, USA, México) onde non causa danos importantes xa que as coníferas nativas americanas son máis resistentes. Foi introducido a principios do século XX en Xapón mediante madeira infectada e alí atopouse con variedades de coníferas moito máis sensibles, provocando perdas estimadas en máis de un millón de metros cúbicos de madeira. Este organismo tamén se estendeu a outros países asiáticos como China, Taiwán e Corea onde causa actualmente importantes danos.
Transmítese dunha árbore a outra a través de insectos do xénero Monochamus (coleóptero da familia dos cerambícidos). A transmisión a grandes distancias prodúcese pola acción humana, nas actividades madeireiras que se levan a cabo e que poidan ser susceptibles de levar o nematodo ou o seu transmisor. Deste xeito, a falta de control das madeiras exportadas desde os países asiáticos fixo que a doenza chegase á península de Setúbal (Portugal) en 1999.
A temperatura é un factor climático clave no desenvolvemento da doenza, tanto do nematodo como do seu vector (Monochamus); xa que temperaturas superiores a 25º C e un déficit hídrico no solo onde se sitúen os piñeiros, favorecen a intensidade e dispersión da doenza.
A chegada da doenza ao noso país
O Bursaphelenchus xylophilus é un organismo de corentena na Unión Europea, tendo os estados Membros que adoptar medidas contra a súa propagación segundo o establecido na decisión da Comisión 2006/133/CEE.
En Galiza, realizáronse desde 1999 numerosas mostraxes a través da estación fitopatolóxica do Areeiro, resultando todas negativas ao patóxeno. Tras a declaración en 2008 de Portugal continental como zona demarcada, intensificáronse as mostraxes, sobre todo na franxa fronteiriza limítrofe con Portugal. Nese mesmo ano detectouse unha árbore afectada polo nematodo en Villanueva de la Sierra (Cáceres). En xullo de 2009 redáctase por parte da consellería do Medio Rural o plan de continxencia contra este nematodo.
Bursaphelenchus xylophilus identificouse por primeira vez en Galiza durante as mostraxes sistemáticas levadas a cabo en 2010, en concreto na que se realizou sobre unha malla de 2x2 km, na franxa de 20 km coa fronteira portuguesa, nunha masa forestal de piñeiro do país (Pinus pinaster) da parroquia de Taboexa (As Neves). O 5 de novembro de 2010 foi confirmado polo laboratorio de referencia, e iníciase unha nova etapa para loitar contra a propagación deste organismo no noso país.
A xestión da doenza pola Xunta
Desde a aparición de este organismo no noso territorio a consellería do Medio Rural actuou con lentitude e total improvisación, a pesar de saber que a probabilidade da súa chegada ao noso país era cuestión de tempo. Nesta primeira etapa o goberno actuou co modelo xeral de "non xestión", pechando os ollos para non ver a realidade. Ante a imposibilidade de botarlle a culpa á crise ou a Zapatero; e ante as numerosas críticas do sector e da zona afectada, a Xunta ditou unha serie de medidas que se recollen na resolución do 17 de novembro de 2010 e no Decreto 10/2011 polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro. De esta forma, establece dúas zonas ao redor do punto onde se localizou a presenza do nematodo coas seguintes medidas a desenvolver:
Zona A (zona de erradicación), cun radio de afección de 1,5 km desde o punto da detección. Nela erradicaranse todas as especies sensibles, o que supón cortar todos os piñeiros que se atopen dentro desta zona. A consellería do Medio Rural mediante anuncio do 17 de decembro de 2010, identificou 300 ha con máis de 4.000 predios afectados e dálle aos propietarios ata o 28 de febreiro de 2011 para realizar a corta (adiado dúas veces ata o 4 de febreiro), caso contrario será a propia administración quen se encargue de facelo antes do 1 de abril de 2011.
Zona B (zona demarcada), cun radio de afección de 20 km desde o punto da detección. Nela realizaranse medidas preventivas consistentes en eliminar lugares onde poda vivir o insecto vector do nematodo e as árbores con síntomas da doenza.
Nas dúas zonas anteriores os movementos de madeira, plantas, embalaxes e residuos de piñeiro está condicionada entre o 1 de abril e o 30 de novembro a unha serie de estritas medidas preventivas (tratamento térmico, control fitosanitario, ...). Ademais realizarase unha mostraxe intensiva nas zonas contiguas á zona de erradicación establecendo distintas mallas de seguimento.
E agora que?
Precísase unha xestión deste problema áxil, transparente e respectuosa cos dereitos de todas as persoas e entidades afectadas e que canto antes se establezan os procedementos para os tratamentos das masas afectadas e para indemnizar os danos provocados no control desta doenza, tanto aos produtores como aos empresarios transformadores (tal e como fixa a normativa estatal). Agora o establecemento de controis rigorosos é imprescindible para evitar a extensión do problema no territorio e no espazo e para evitar que unha doenza importada e exótica se converta nun dos maiores problemas ecolóxicos e económicos do noso monte. Neste sentido é necesaria a creación dunha comisión de seguimento desta doenza, que integre ao conxunto do sector do monte e permita facer fronte a unha situación delicada que debe ter o maior consenso posible.
Pode esta situación abrir unha reflexión sobre o noso modelo de monte? Desde logo a resposta debe ser afirmativa xa que fronte a esta doenza e fronte á improvisación débense tomar medidas preventivas de carácter integral, diversificando a estrutura do sector forestal, apostando por medias ecosistémicas, valorizando as nosas frondosas autóctonas; e en definitiva, construíndo un monte vivo e multifuncional. Todas elas, son medidas a medio e longo prazo, xa que o noso territorio ten que ser pensado en clave de futuro para as vindeiras xeracións, evitando o monocultivo monofuncional que favorece a chegada de pragas e doenzas, reduce a biodiversidade e hipoteca o futuro económico do noso rural. Isto implica facer unha planificación participada cunha visión de futuro que teña como eixos a vertebración social e territorial do noso país e poña en marcha unha verdadeira política de aposta polo noso monte.
É necesario que situacións coma esta nos sirvan (ao conxunto da sociedade) como reflexión de que tipo de monte queremos para as vindeiras xeracións; e como debemos afrontar os problemas do presente, evitando a non xestión que caracteriza a este goberno.