Modificacións ao programa de desenvolvemento rural
O ataque aos Grupos de Desenvolvemento Rural é continuo
A Consellaría do Medio Rural do goberno bipartito, deseñou o
Programa de Desenvolvemento Rural (Programa Leader Galiza 2007-
2013), con dous obxectivos fundamentais: O logro de un medio rural multifuncional e sustentable, é dicir, vivo e a participación do tecido asociativo e a xestión democrática dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs).
Para acadar o primeiro obxectivo, priorizábanse os proxectos de carácter agro-gandeiro, a posta en valor dos montes veciñais en man común e os servizos de benestar social. Para acadar o segundo obxectivo, o tecido asociativo tiña que ser maioritario nos órganos de goberno dos Grupos de Desenvolvemento Rural. Esta política facilitou que un número importante de entidades veciñais formasen parte dos GDRs en todo o territorio galego e posibilitou que un número considerable de GDRs estean presididos por representantes de entidades veciñais. Estamos, xa que logo, a falar de democracia real.
Esta posta en valor do medio rural, esta xestión democrática e participativa, é dicir, esta outra forma de facer política, non é do agrado do Partido Popular. A súa estratexia política é a de eliminar todas as accións levadas adiante polo goberno bipartito, especialmente nas áreas dirixidas polo nacionalismo, e que significaban pór a bases para o desenvolvemento do noso País en beneficio das clases populares. Na política de "terra queimada" que practica o Partido Popular tócalle agora ao Programa de Desenvolvemento Rural (antes foron o decreto de normalización linguística, a lei do aproveitamento eólico de Galiza, as Uxfor, as axudas para o monte veciñal...)
O Partido Popular, a traveso da Dirección Xeral de AGADER pretende a modificación do Programa de Desenvolvemento Rural e o réxime de axudas de este programa, con dous obxectivos claros: desvirtuar o Programa e o de sacarlle toda a capacidade de decisión e xestión Aos GDRs.
Para desvirtuar o Programa de Desenvolvemento Rural, as modificacións que pretende o Partido Popular impedirán que se leven adiante proxectos de recuperación de sistemas silvopastorís nos montes veciñais e proxectos de cooperación agro-alimentar-forestal para novos produtos ou para a transformación destes novos produtos. Convida a que abandonen os GDRs, as entidades sen ánimo de lucro veciñais, da mocidade, das mulleres, culturais, medioambientais...) xa que os proxectos que podían ter acceso a eles, como poden ser: estudos de valorización do territorio, edición de libros, centros sociais, formación, páxinas web,... deixan de ser subvencionábeis.
Para seguir desvirtuando o Programa de Desenvolvemento Rural, o Partido Popular, vai impedir que as comunidades de bens e as sociedades civís, dúas fórmulas estendidas de explotación agro-gandeira no noso País, poidan acollerse ás axudas. Pola contra, vai a permitir que nos GDRs poidan entrar as sociedades mercantís.
Isto ten a súa estratexia. Se as comunidades de bens e as sociedades civís non poden ser beneficiarias, se se reducen os proxectos aos que poden acollerse as comunidades de montes ¿Quen van ser os beneficiarios das partidas destinadas á dinamización do sector agrario e forestal? Evidentemente van ser as SOFOR (sociedades de fomento forestal), que para algo foron creadas polo actual Director Xeral de Montes; e que ven significar a entrada do capital nos aproveitamentos do monte. Fica claro que o Partido Popular non dá pontada sen fío.
Para sacarlle toda a capacidade de decisión aos órganos de goberno dos GDRs, a partir das modificacións proposta polo Partido Popular, as xuntas directivas dos GDRs, non terán ningunha función. Os proxectos subvencionábeis serán aprobados de xeito "clientelar" pola Dirección Xeral de Agader. Mais non é só que lle saquen a capacidade de xestionar; e que mesmo lle impiden o seu dereito a discrepar. Se a algunha xunta directiva dun GDR se lle ocorrre manifestarse en contra do criterio de Agader na subvencionalidade dun proxecto, este GDR, perde puntuación para acadar o criterio de eficacia. Esta xa non é nin sequera democracia orgánica. Isto é puro fascismo.
Estas modificacións que pretende levar adiante o Partido Popular fóronlle presentadas aos GDRs a finais do verán pasado, dándolles somente un prazo de 15 días para presentar as alegacións que viñeran ao caso, xa que había presa para oficializalas no DOG. Un grupo de GDRs, en contra do sentir do presidente da Asociación de GDRs de Galiza (un ex-conselleiro da Xunta de Galiza do PP), forzou a celebración dunha asemblea xeral da Asociación de GDRs... Nesa
asemblea xeral, as modificacións pretendidas polo Partido Popular foron rexeitadas na case totalidade. Dende aquela, nada se soubo das modificacións.
Significa este silencio que o Partido Popular aceptou democraticamente o sentir da maioría dos GDRs de Galiza? Nin moito menos. Significa sinxelamente gañar tempo para que pasen os comícios municipais. Pois sabe ben o Partido Popular que a falla de información, o silencio, a ocultación de datos e a mentira, son as armas que lle poden dar o trunfo electoral. Se os resultados electorais lle son favorables, aprobará as modificacións sen ten en conta o sentir dos GDRs de Galiza. Mais neste caso a resposta dos GDRs de Galiza non pode ser nin o silencio nin a resignación.