Móbeis: saúde, sentidiño e coberturas
É tarefa das administracións, atendendo as súas respectivas competencias, garantir unha información veraz complementada cunhas actuacións coherentes
O recente informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC) no que se advirte do posible risco para a saúde vinculado á utilización de telefones móbeis volve a poñer de actualidade os aspectos relacionados coa utilización desta tecnoloxía e a saúde. Os dares e teres entre os problemas derivados da instalación de antenas e a necesidade de cobertura monopoliza case sempre o debate en detrimento do maior perigo en potencia: a utilización dos terminais.
A conclusión do informe elaborado por un grupo de traballo integrado por 31 científicos de 14 países na sede da IARC, organismo dependente da OMS non xera tranquilidade precisamente: "utilizar telefones móbeis pode incrementar o risco de sufrir certos tipos de cancro cerebral nos humanos". Este grupo analizou estudos elaborados nos últimos anos sobre a influenza dos campos electromagnéticos na saúde para incluír estes trebellos na categoría de elementos factíbeis de producir cancro elevándoos á categoría 2b, xusto a intermedia. Porén os estudos manexados non son concluíntes e mesmo o propio informe fala de non ser axeitados para tirar conclusións.
A categoría 2b (evidencia limitada) engloba elementos como o colesterol, o cobalto, a cafeína, certos colorantes, o cru do petróleo, o chumbo, o cloroformo e a sacarina entre outros. Na primeira categoría (evidencia suficiente) atopamos o amianto, a radiación solar, o fósforo-32, o gas mostaza, o virus das hepatite B e C, etc.
Sempre que se fala dos perigos da telefonía móbil centramos o asunto na instalación de antenas, provocando non poucas situacións de tensión nos concellos entre a necesidade de proporcionar cobertura e a atención á alarma social derivada da preocupación entre a sociedade sobre a súa influenza na saúde das persoas. Precisamente neste estudo os expertos exclúen estas antenas dos elementos perigosos dada a súa emisión en magnitudes moi baixas.
Esta situación coas antenas distráenos do maior problema: a falla de cobertura polos problemas derivados á hora de instalar estas infraestruturas de telecomunicación, provoca que os terminais emitan a unha maior potencia para posibilitar unha mínima opción de conectar coa rede. O resultado é ter na nosa orella un trebello emitindo en todas direccións ao seu maior potencial e causando un posible dano moito maior que o que puidera facer unha antena a distancia emitindo de xeito lineal.
Son os concellos aos que corresponde dar licencias aos operadores para a instalación de antenas e o teñen que facer atendendo axeitadamente as situacións de alarma social e tamén á necesidade antes comentada de ter cobertura e mesmo a minimizar o efecto dos terminais nas persoas. Entendemos que a actuación das entidades locais tense que guiar por tres puntos esenciais.
O primeiro deles é unha información veraz poñendo sobre a mesa todo o que se sabe sobre este asunto evitando calquera tipo de consideración interesada e mesmo dando recomendacións sobre a utilización dos terminais.
O segundo é a medición. O Real Decreto 1066/2011 establece os límites de emisión e os mecanismos de control que garanten que os operadores de telecomunicacións cumpran en todo momento con eles. Este control tería que levarse a cabo polo Ministerio de Industria pero a realidade é que a necesidade de establecer controis continuos e o precisar, as veces, de resultados inmediatos fai que esta labor teña que ser emprendida polos concellos, organismos que moitas veces non dispoñen de medios para levala a cabo. Pensamos que sería a administración autonómica mediante a creación dunha oficina técnica a que debería servir de soporte a todos eles proporcionando todo tipo de documentación e levando a cabo medicións naqueles sitios onde fora preciso. Esta actuación técnica, allea ademais ao concello, aumentaría por outra parte a autoridade dos poderes locais nas súas decisións a este respecto.
O terceiro punto é a negociación cos axentes implicados: veciñanza e operadores. Cando temos unha situación de alarma social, fundamentada ou non, corresponde informar, razoar e negociar. Neste punto tamén hai que comentar que hai que posibilitar o acordo entre as operadoras para que minimicen o número de antenas, compartíndoas e facendo estudos sobre o seu emprazamento en aras da súa eficacia e eficiencia.
Falando dos móbeis xa en xeral, a realidade é que dos múltiples estudos realizados polos máis diversos organismos non se deriva afirmación concluínte algunha. E iso non quere dicir que a súa influencia sobre a saúde sexa negativa ou sexa inocua, senón que non se dispón dos elementos necesarios para emitir un xuízo definitivo. Porén, introduzamos unha consideración que pode ser preocupante: non pasou o tempo preciso desde a implantación desta tecnoloxía para poder coñecer como afecta a exposición prolongada as emisións.
Como exemplo poñamos o concepto manexado polos enxeñeiros de fatiga dos materiais. Sucedeu que elementos calculados na súa estrutura para soportar determinados esforzos de xeito folgado acababan rompendo moito antes do previsto e con cargas de traballo moito menores. Pensemos nun arame, se tiramos del polos extremos será pouco menos que imposible que rompa, en cambio se por un punto o movemos arriba e abaixo en direccións distintas a cada lado acabará rompéndose sen demasiado esforzo. Así, determinadas emisións non provocan dano no noso corpo, pero unha exposición prolongada e acumulativa no tempo non podemos saber aínda se provocará danos ou non.
Parece conveniente rematar cunha chamada ao sentidiño. O que máis dano pode facernos é o noso terminal e está na nosa man diminuír no posible os efectos: non deberíamos utilizar os móbeis máis de trinta minutos ao dia, sempre é mellor comunicar vía datos cando hai a posibilidade (sms, email, redes sociais...), deberíamos utilizar o mans libres na medida do posible, apagar sempre o móbil cando non se vaia a utilizar e evitar durmir con el na cabeceira da cama, entre outras actuacións.