Ministerio de Fomento S.A
Se tivese que sintetizar nun alcume a tarefa do actual Ministro de Fomento, escollería o de Pepe Blanco, El Privatizador
Se tivese que sintetizar nun alcume a tarefa do actual Ministro de Fomento, sen lugar a dúbidas, escollería o de Pepe Blanco, El Privatizador.
Nunca se experimentara nun mesmo Ministerio un proceso de privatización tan intenso en tan pouco tempo. Onde remata hoxe o Ministerio de Fomento e onde comeza ACS, Sacyr, Ferrovial, Indra ou FFC é unha liña cada día máis difusa.
Despois de implementar o modelo de financiamento público-privado para as grandes infraestruturas co aplauso xeneralizado do capital financeiro e o beneplácito do Partido Popular, agora atopámonos coa venda de AENA a empresas amigas a prezo de amigo, a través dun decreto aprobado no Consello de Ministros da semana pasada polo que se deu luz verde á creación da sociedade mercantil AENA Aeropuertos SA, iniciándose así a privatización de case a metade de AENA.
Un mal negocio para as arcas públicas só explicábel na mediocridade curtopracista de quen pretende facer caixa instantánea a base de malvender o patrimonio de todos, por razóns -seguramente- non sempre confesábeis. Íste é o grande paradoxo desta crise: como os que a provocan non só non a pagan, senón que son os grandes beneficiarios das medidas que se toman -supostamente- para saír dela.
Criamos e cebamos ao porco e o vendemos a menos do que custou o penso. Non é racional nunha economía doméstica e tampouco o é para a economía dun estado. Vaise ceder a prezo de saldo a xestión dunhas infraestruturas que recibiron inversións públicas multimillonarias en novas terminais e reformas nas existentes, terreos públicos gratuítos, vehículos novos do trinque, profesionais xa formados e seleccionados e para os que o Ministerio axudará a quitarlles a súa condición de traballadores públicos ademais de facilitar, no medio prazo, a posibilidade de EREs variados ou subcontratas máis baratas.
AENA foi até o de agora unha empresa pública con máis de 12.000 traballadores/as, rendíbel pero fatalmente xestionada. Por que teño que dar por bo que Florentino Pérez vai xestionar con criterios de seguridade e calidade, de xeito máis eficiente cunha Administración Pública? Aquilo de que "calquera cousa privada funciona mellor ca pública" ou que "as liberalizacións supoñen baixada de prezos para os consumidores" hoxe en día, e despois de sufrir as consecuencias de "liberalizacións" de sectores como o eléctrico ou o das telecomunicacións, non debería de ser -precisamente- dogma de fé.
Tras a cortina de fume dos controladores aéreos e o Superministro que ía rematar cos privilexios dunha caste intocábel, o que había era esta privatización. Necesidade de modificar o modelo de xestión de AENA? Seguro. Privatizala? Nunca.
Isto terá consecuencias prácticas inmediatas para os traballadores e traballadoras, para a calidade do servizo, pero no caso dun país como o noso, que conta con tres aeroportos e unha política errática sobre eles, unha consecuencia a maiores: a competencia. Unha "competencia" que afectará de xeito especialmente negativo ao aeroporto, que tanto PP como PSOE lle negan a súa condición de aeroporto central e de referencia de Galiza: Lavacolla. Isto será así xa que existe un primeiro paquete de torres de control, entre as que se atopan Alvedro e Peinador, que xa comezarán a súa completa privatización a partires desta primavera.
Isto vai implicar unha xestión global do sistema aeroportuario galego con nula visión de país, e cun único criterio de maximización de beneficios e minimización de custos.
Até agora, sempre que o nacionalismo galego puña enriba da mesa a necesidade de que se transferise a Galiza a xestión do noso sistema aeroportuario, acusábannos de querer rachar España, de que iso implicaba un problema de seguridade nacional e non sei cantas cousas máis. É evidente, que para ceder competencias á Xunta de Galiza hai moitos obstáculos, para ceder o control real a determinadas empresas hai un camiño de prata.
Agardo que o Sr. Blanco nunca cambie a vida política por unha xubilación dourada no Consello de Administración de ningún dos grandes grupos de construción civil ou arredores. Desde logo, non sería unha boa nova, para imaxe da política e das administracións públicas.