Militarismo sen crise
O enorme gasto militar é unha das máis inaceptábeis situacións que padecemos no noso mundo desigual e en crise
No pasado ano o volume do gasto militar mundial foi de preto de 1,4 billóns de euros –1.400.000.000.000 € posto en número-. Un nivel que medrou respecto ao 2010 o 0,3% malia a crise, e que representa máis dun 50% superior ao de hai tan só unha década. Tamén no Estado español os dados son descomunais, con 19,2 billóns de euros estimados no 2011 o que os sitúan no posto décimo cuarto a nivel xeral.
Por outra banda o negocio ilegal do tráfico de armas é inseparábel desta industria da morte. Xunto con outras lucrativas actividades como o tráfico de drogas e de seres humanos supón o 1,5% do PIB do conxunto de países, unha “riqueza” que se branquea no sistema financeiro dos EUA e de Europa.
Debemos lembrar que o gasto militar é fundamentalmente sostido polos estados, que actúan como motores dinamizadores desta actividade. Pero o seu carácter improdutivo é evidente, pois non podemos esquecer cal é a finalidade última deste sector económico, baseado na destrución completa de países e a morte de millóns de persoas, máis alá dunhas supostas misións de paz realizadas por exércitos liberadores. O militarismo é o piar no que se apoia o imperialismo para domealo todo e para dominalo todo. Lonxe de se reducir respecto da época da guerra fría, os gastos militares seguen a aumentar da man dos Estados Unidos de América, que realizan case a metade do gasto total ano tras ano. Así o confirman as guerras imperialistas das dúas últimas décadas en Afganistán, Iraq, Libia e tantos outros países que non forman parte do centro do sistema e onde a vida das persoas non vale nada en termos da hipócrita mentalidade occidental, e moito menos a liberdade por moito que o discurso oficial teime en adobiar estas realidades sangrantes. Iso por non falarmos de países en perpetuos conflitos alimentados dende fóra, empobrecidos mais ateigados de armamento, simples pezas do xogo de intereses transnacionais. As armas que matan o pobo indefenso en Palestina ou no Sáhara occidental prodúcense na Europa e no Estado Español.
Falando deste estado podemos retomar o aspecto escandaloso que se desprende dos dados de gasto militar no actual contexto de crise, de retallamentos de servizos básicos, de desemprego e empobrecemento de amplas capas da poboación. 47 millóns de euros ao día é o que gastou o Estado español no último ano en dotar o seu exército, en mercar avións de combate ou en producir todo tipo de armas. O gasto militarizado é o que mellor parado sae nos orzamentos xerais do estado, en comparación cos gastos sociais e outros. E aínda poderiamos abundar en falar da débeda que o goberno do estado recoñeceu con industrias armamentísticas nos últimos anos, e que se sitúa na exorbitante cifra de 36.000 millóns de euros, ou a íntima relación do actual ministro de defensa coas empresas exportadoras de armas (España está entre os 10 estados máis exportadores). En resume, en época de crise recórtanse dereitos e gastos sociais, pero o gasto militar e represivo aumenta para seguir engordando o negocio e mantendo a orde estabelecida: dende hai 5 anos, dende que comezou a crise, o gasto en material antidisturbios multiplicouse por 10.
Dende Galiza a oposición a todo isto, e en concreto aos gastos militares que alimentan o exército español, ten unha longa tradición. No que se refire á obxección de conciencia e ao movemento de insubmisión, este colleu forza dende principios dos anos 90. De xeito paralelo fóronse conformando unhas propostas de obxección fiscal aos gastos militares que permanecen hoxe poñendo o dedo na chaga e sinalando esta inxustiza. A acción concreta que se propón, alén de concienciar á xente ao desenmascarar unha realidade que se debería ocultar aos cidadáns e cidadás, é retirar os cartos que na declaración do imposto da renda van destinados ao exército español, o 4,5% dos orzamentos xerais do Estado, ou o 11,65% que é o que se estima que compoñen a totalidade de gasto militar, incluíndo partidas militarizadas doutros ministerios e o gasto militar oculto. No seu lugar, esas cantidades destínanse a financiar asociacións, proxectos ou actividades de rendibilidade social a nivel galego, co que se contribúe a darlle a volta diametralmente ao que constitúe o negocio do militarismo español. Estamos na época de presentar as declaracións do IRPF e contamos coa posibilidade de dicir non á industria española da morte e de negación do noso país.
Con toda a razón.