Menos sindicatos igual a menos dereitos das traballadoras e traballadores
Con esta medida cárganse dun plumazo unha parte importante do sistema democrático
Quixera manifestar a miña repulsa polas agresións á Negociación Colectiva que se están a suceder nos últimos tempos no ámbito da administración pública aquí en Galiza, cousa que está a suceder en todos aqueles lugares nos que esta a gobernar o PP, a través da ruptura dos Pactos e Acordos que existían nese ámbito e facendo imposicións que afectan directamente a capacidade dos representantes sindicais, co ÚNICO OBXECTIVO de minguar as nosas forzas a través de SUPRIMIR representantes sindicais nas distintas administracións públicas.
Con esta medida cárganse dun plumazo unha parte importante do sistema democrático, polo que nos tememos que a próxima medida que nos encontraremos será unha redución considerable dos Dereitos e Retribucións dos empregados e empregadas públicos aquí en Galiza, a parte do que xa estamos a ver no día a día coa desaparición de servizos públicos e recortes salvaxes en sectores como ensino, saúde e benestar social e ,este tamén recorte, na representación sindical, suporá abrir máis as portas porque non haberá persoas abondo para facer fronte ao rolo que está a utilizar a administración.
Para este fin os representantes políticos ampáranse na escusa da crise económica e co obxectivo do recorte do gasto, INTENTAN ENCUBRIR unha estudada manobra de debilitamento e mesmo de anulación das nosas forzas sindicais, que non son mais que as que defenden e representan, á par, aos dereitos das/os traballadoras/es e aos propios traballadores. Unha vez máis somos os que prestamos servizos nas administracións públicas os que somos utilizados ante a opinión pública para desprestixiar, non só o valor dos Servizos Públicos, os seus traballadores así como ós seus representantes sindicais.
Penso que é RIDÍCULO argumentar razóns de aforro orzamentario para xustificar medidas deste tipo que VIOLENTAN a negociación colectiva e ANULAN dereitos de representatividade das/os traballadores, xa que as cifras de aforro de gasto son MÍNIMAS comparadas co ENORME atropelo dos dereitos que representan. Resulta IRRISORIO pensar que cunha medida deste tipo calquera órgano de goberno da Administración Pública pode equilibrar, saldar ou xerar resultados económico-orzamentarios SOSTIBLES a longo prazo para a cidadanía, cando resulta evidente que se trata de medidas extremadamente OPORTUNISTAS politicamente falando e CONTRARIAS á propia cidadanía que é a que os órganos políticos xuran defender e salvagardar, detrás de todo isto, ademais, hai unha manobra encuberta a medio prazo, de externalización de Servizos Públicos e de recorte do Estado do Benestar.
A eliminación das persoas que se dedican a labores sindicais supón na práctica a desaparición da actividade sindical de control, seguimento e negociación dos asuntos que incumben aos traballadores/as.
Isto é o resultado dunha táctica que lle está a dar bo resultado a determinadas correntes políticas que empezaron a criminalizar aos empregados públicos como responsables da crise económica e polo tanto reducindo o seus salarios nun 5% e anulando case a prestación de servizos públicos coas taxas de reposicións e ofertas de emprego cero.
Fai un ano case que estamos a ver como se ia fixando o seguinte obxectivo : desprestixiar ós sindicalistas, compañeiros de viaxe incómodos dos políticos ,xa que realizan unha función de control, seguimento, axuda e negociación nas administracións públicas, facendo campaña de desprestixio dos mesmos e coa mesma agresividade, se cabe, co que o estaban e seguen a facer cos Servizos Públicos e os seus traballadores e traballadoras.
Eliminando ao máximo ás persoas que se dedican as labores sindicais, aforran diñeiro por suposto, pero non é menos certo que se abriu a veda para que a partir de agora aducindo ás mesmas causas económicas recórtennos todos os dereitos sociais e económicos que tantos lustros custaron á clase traballadora.
Ata fai pouco o persoal que prestaba o seus servizos nas administracións públicas, a parte de ser necesarios para a existencia de servizos esenciais, fomos un "muro" de contención na defensa dos dereitos das/os traballadoras e traballadores. Polo que cumpre derrubar o muro se o que se quere é poder aniquilar a capacidade dos dereitos laborais do sector privado.
Malmeter contra o "funcionariado", entendendo por funcionariado calquera persoa que traballa na administración pública, é o primeiro paso para poder pisar os dereitos de toda a clase traballadora. Nesa dinámica entra tamén o ataque as organizacións sindicais.
O que non fai a Administración, porque non lle interesa, e moito menos aducindo ós mesmos principios económicos son accións, por decir algunhas, coma:
- Suprimir prebendas políticas, como manter de por vida o Plus dos altos cargos, que na súa cuantia máxima pode chegar a representar ata 3000 € máis ó mes ata que se xubilen.
- Suprimir a grande cantidade de libres designacións entre os traballadores/as da administración que son sempre de carácter político. Facer públicos igualmente o número real de estes efectivos.
- Racionalizar e facer públicos o número de cargos de confianza, asesores e cargos directivos, que se incrementan, nalgúns casos, as súas retribucións nun 20%, sen ningún control
- Racionalizar, controlar e mesmo suprimir produtividades e horas extras sempre ás mesmas persoas, curiosamente moitos deles cargos políticos.
Xa que a crise económica obriga a facer recortes, hai que recortar en todos os frontes non sempre recortar do mesmo lado, á clase traballadora, pero claro " quen parte e reparte quédase coa mellor parte"
Cumpre mandar unha mensaxe, a tódalas instancias, decindo que se malversan políticas e leis nos seus beneficios os políticos, as traballadoras e traballadores e, con máis forza que nunca ,os seus representantes sindicais temos que seguir desenvolvendo e loitando pola defensa dos nosos dereitos en tódolos lugares con máis forza que nunca. Se se abandona o diálogo e o acordo, defenderémonos pola vía do conflito permanente, con todos os instrumentos ao noso alcance e cunha maior forza solidaria, entre todos os traballadores e traballadoras en todas as situacións posíbeis e ata as últimas consecuencias.