Maastricht no debate do Estado da Nación
O dogma económico de Maastricht revive con máis voracidade que nunca no discurso de Feixóo
Nada novo. Despois de termos constatado dabondo que Feixóo perdera a variña máxica de rematar co paro nos primeiros corenta e cinco días de mandato tal e como prometera, resulta agora que, esquecido xa dese tema por completo, a súa nova proposta estrela é a de establecer un teito orzamentario anual que limite o gasto público.
Nunha intervención absolutamente plana, cínica e demagóxica, Feixóo argumentou que con esta "Lei de Disciplina Orzamentaria" non se gastará nunca por enriba das posibilidades e, cando volva outra crise (si é que esta se vai algún día) haberá outras alternativas ao recorte de salarios e pensións.
Para empezar, esta proposta non ten nada de novidosa, sobre todo en boca de dirixentes do Partido Popular. Na biblia que consagrou no noso continente o neoliberalismo máis salvaxe -o Tratado de Maastricht de 1993- e que trouxo como resultado unha Europa só para o capital, xa se establecía a estabilidade monetaria a costa do que fixera falla (precariedade, paro, perda de poder adquisitivo de amplos sectores da sociedade) e a estabilidade orzamentaria a calquera prezo (inviabilidade das prestacións por desemprego, das pensións, privatizacións, etc.). Nela nominábase o primeiro e fundamental axente a disciplinar, os Estados, limitando a súa capacidade para intervir no ciclo económico e fixábase o déficit público no 3% do PIB.
Foi precisamente Maastricht quen lexitimou claramente aos inimigos da intervención dos Estados na economía e quen provocou o impulso definitivo dos procesos de privatización das empresas e servizos públicos que trouxeron consigo millóns de prexudicados por un mercado de traballo ao único servizo dos beneficios empresariais e dunha suposta optimización. As consecuencias están á vista: Entre outras, o empeoramento das condicións de protección ao desemprego e a xubilación.
Os asinantes do Tratado, entre eles o Estado español, subordinaron descaradamente á sociedade respecto da estabilidade monetaria e dos beneficios económicos das empresas. Non só consentiron si non que traballaron afervoadamente pola involución dos Estados como mecanismos de redistribución da renda e da protección social.
A doutrina do "déficit cero" foi aplicada rigorosamente dende 1993. Daquela, comezou a imparábel diminución do gasto social, que se agudizou coa chegada do PP, no ano 96, ao goberno do Estado. Unha diminución que parece non ter límites e que agora Feixóo quere redescubrir con todas as súas consecuencias. En resume, unha norma que dará o visto e prace final á prohibición por lei da financiación do investimento público mediante o endebedamento da administración, que a descargará do esforzo financeiro de garantir o dereito constitucional á sanidade, ao ensino e aos servizos sociais públicos, que precarizará aínda máis os dereitos dos traballadores e traballadoras e poñerá aos cidadáns aos pés dos inversores de capital.
O PP de Aznar, Montoro, Rajoy e Feixóo empregouse a fondo, adxectivou todo este proceso de "modernización" e "construción europea" e fíxonos pagar un prezo moi alto en termos de precariedade e falla de liberdades democráticas. A socialdemocracia de Felipe González, Zapatero, Blanco e Salgado contribuíu entusiasticamente ao proceso implacábel de privatizacións e de criminalización das mobilizacións sociais. A dereita que lidera Rajoy, e da que Feixóo e un magnífico expoñente, agarda agora a caudalosa herdanza das actuacións de desmantelamento da protección social levadas a cabo, sin rubor algún, polos "pesoecialistas": Miles de persoas que se viron, e se ven, na necesidade de aceptar condicións de traballo por debaixo da lei, represión de dereitos fundamentais (agora entrando de cheo nas negociacións colectivas) e afondamento das diferenzas sociais.
O dogma económico de Maastricht revive con máis voracidade que nunca no discurso de Feixóo no Parlamento Galego, convertindo a proposta da limitación do gasto e do endebedamento en condición necesaria para a boa marcha económica do noso país e da creación de emprego. Non ten nada de proposta estrela, non é máis que a continuidade do exposto polo PP a primeiros de ano no Congreso dos deputados e un dos piares do seu programa electoral que pretenden poñer en marcha alí onde xa gobernan.
En tempos de crise e de paro como os actuais, falar de equilibrio orzamentario só se pode traducir no abandono absoluto dos máis vulnerábeis. Ata o día de hoxe, está por demostrar que a disciplina orzamentaria e a austeridade da que fala o PP fora capaz de xerar en modo algún condicións de reactivación económica, e a enfermiza tendencia ao déficit cero só fixo a súa excepción para levar a cabo o multimillonario e vergoñento rescate bancario que agora pagamos todos e todas.
Pensar nun país como si fora unha empresa privada, pensar en que as contas cadren e non nas necesidades da cidadanía, que son moitas e moi graves, en que os números macroeconómicos sexan equilibrados non pode nin debe ser o obxectivo de ningún dirixente político, e moito menos do presidente dun país con graves carencias en educación, sanidade, acceso á vivenda, servizos sociais, infraestruturas, emprego de calidade ou prestacións sociais.
Nun país como o noso, en emerxencia nacional, Feixóo repite como un papagaio a doutrina económica que lle transmitiron os mesmos que causaron a crise. A política do déficit cero e a mensaxe culpatoria dirixida a todos os demais como causantes dos nosos males sen atribuírse un ápice de responsabilidade despois de dous anos de goberno, por moita solemnidade parlamentaria que se lle bote, xa non é críbel.