Liberado sindical, parásito social
A folga mostrounos con dureza que sociedade temos e cal é a sociedade que queremos
O vivido na folga do 29 de setembro é a demostración de cal é a sociedade na que vivimos e cal é a sociedade que queremos construír.
Logo dunha campaña de desprestixio das organizacións sindicais por parte da dereita neoconservadora española, a patronal e os seus medios, conseguir parar a produción das empresas foi unha tarefa ardua.
O paro existiu e nas cidades foi moi elevado. Parou a industria masivamente, sectores como a automoción e as súas auxiliares, o naval, os portos, pararon masivamente os polígonos industrias, a distribución de mateirais, así como a construción.
Parar os servizos e o comercio produciu enfrontamentos e conflitos de intereses, na maioría dos casos do pequeno empresariado e dun sector en risco continuo como é o caso dos autónomos.
Nas vilas a folga tivo menor repercusión. Como anécdota dicir que a xente das aldeas por un día non baixou ás vilas, os nenos e nenas quedaron na casa, e só pararon os centros comerciais pola acción dos piquetes.
Para nós a folga foi unha vitoria por varias razóns. En primeiro lugar, polas dificultades que tivo que saltar para poder levarse a cabo. Ó contrario que outras centrais sindicais, dende a CIG apostamos por convencer, por vencer pola forza das ideas. Para iso leváronse a cabo asembleas durante todo este mes nas empresas, nos tempos de descanso ou na saída das fábricas. Para nós é máis importante dar o debate nun centro de traballo que facer un piquete contundente, xa que o traballador ou traballadora debe saber por que é esta folga, cal é a saída que se lle está dando a crise: os seus motivos e consecuencias, as alternativas. Convencer é vencer. E ese foi o noso obxectivo.
Por outra banda, a outra banda: a "dereitona", a falsa esquerda, a patronal (defendendo os seus intereses e os da súa clase ou posición social de supremacía), tamén tratou de convencer e fíxoo, grazas ós seus medios moito máis eficaces que os nosos. Cun populismo e cunha campaña longa no tempo e moi ben estudada que comezou co ataque e o desprestixio ós funcionarios e ós servizos públicos como causantes do déficit, seguiu coas pensións como gasto inútil e masivo e proseguiu os días previos á folga co ataque desmesurado contra as organizacións sindicais e os seus traballadores (liberados, delegados e afiliados).
Eu persoalmente entendo estes ataques: por medo, por defender os seus privilexios. Non hai verdade máis certa: o empresario mira polo seu e o obreiro tamén. Ou así debería ser.
Esta loita de ideas foi unha loita desigual. O goberno rexeitaba a folga e a oposición tamén. Máis aí estaba o nacionalismo e o sindicalismo nacionalista contra vento e marea berrando: Avante toda!!!
E chegou o día e con el os piquetes. Piquetes que informaron, mais tamén loitaron. Loitaron contra o individualismo, loitaron contra a falta de solidariedade, contra os interese dunha patronal que fixo os seus deberes nas semanas previas ameazando os seus empregados, cambiando as quendas para que ese día de folga non afectara á produción obrigando a traballalo outro día. Loitaron dialecticamente contra autónomos descontentos co goberno, cos sindicatos, cos funcionarios, cos empregados e co mundo en xeral, mais que ese día non ían fechar porque, que casualidade, tamén estaban descontentos coa folga.
Só dicir un dato para a reflexión: en Pontevedra comezamos corenta persoas no piquete e rematamos máis de duascentas. Moita xente con traballos en precario, con contratos temporais, ós que o medo ao despedimento podía máis que as intencións de ir á folga, agardaban o noso paso para sumarse e tamén, e así hai que dicilo, xente que non querían perder un día de soldo.
A prensa falou de medo, coacción, delincuencia, falta de liberdade... E empregou estas palabras para representar ós seu amos e a súa ideoloxía. E eu tamén falarei de medo, coacción, delincuencia e liberdade, en representación da nosa:
-Medo ao despido, ás represalias.
-Coacción e ameazas dos encargados, ás quendas dobres.
-Delincuencia: a da estafa inmobiliaria e financieira que provocou a crise, a dun mal goberno estafado pola banca que financia aos seus partidos políticos.
-Falta de liberdade: de prensa, do dereito á folga...
A folga mostrounos con dureza que sociedade temos e cal é a sociedade que queremos. E dende o meu punto de vista foi unha pequena gran vitoria. Sigamos camiñando.