Liberación do capitalismo

Liberación do capitalismo
A revista Concilium, coa secretaría xeral en Madrás, India, dedicoulle o nº 343, novembro de 2011, á análise da economía fronte ás relixións

A revista Concilium, coa secretaría xeral en Madrás, India, dedicoulle o nº 343, novembro de 2011, á análise da economía fronte ás relixións. Erik Borgman aborda o tema desde unha perspectiva luminosa.

Difire dos críticos que atribúen a crise actual á avaricia institucionalizada " que explota as rexións pobres do mundo e destrúe sen escrúpulos as riquezas naturais". Con indignarnos non aclaramos o que está a acontecer no mundo.

O capitalismo non é unha ideoloxía contra a que se pode estar por razón morais. E "un sistema práctico que nos fai continuamente actuaren e que queda confirmado en e por os nosos actos". Walter Benjamin(1892-1942) cualificouna de, é coma unha relixión. Di: "É tal vez a relixión cultural máis extrema que nunca teña existido". Non ten doutrina a crer, existe na pura acción.

Benjamin pensaba que o capitalismo non ía morrer de morte natural. Non se pode cambiar a sociedade retirándose dela. Vivindo nese magma somos conscientes de que no capitalismo "hai algo fundamentalmente erróneo". O capitalismo non explica a "relacionalidade". Inda máis négaa. M. Thatcher afirmou, "non existe iso que chaman sociedade". O individualismo é o eixo do capitalismo.

O capitalismo produce un punto cego en relación co aspecto fundamental da economía de mercado; ese punto está na ambigüidade do diñeiro dentro do capitalismo. O diñeiro, di K. Marx"establece unha separación entre o valor de cambio dos bens e o seu valor de uso, e os converte en mercadurías". Se observamos o que inicia a carestía crediticia foi o descoido excesivo de que os bens son para uso e ten valor de cambio porque son útiles. "Unha economía que produce un exceso de produtos inútiles é insostíbel".

O capitalismo está a alimentar a ilusión de que todo o resolve o diñeiro. Mais é hora de aclararmonos: "é necesario que o valor de uso non estea oculto detrás dos misteriosos mecanismos do valor de cambio. Senón que a vida humana volte aparecer como o obxecto fundamental de toda economía. Non é suficiente restablecer a confianza na economía, hai que esixiren que o valor do diñeiro nos mercados financeiros, e os valores de créditos e acción non se poidan manipular (G. Soros).

A economía non é un campo coas súas leis propias, comparábeis ás leis da natureza. "A ciencia económica non é unha ciencia exacta, senón que se  debe entender como unha ciencia social práctica". O fetiche diñeiro ten que ser exortizado; o cetro de toda economía é a vida humana. Todo ser humano se relaciona coa natureza e cos humanos, esa relacionalidade é substancial para vivir dignamente.

Se Benjamin  non confiaba na morte natural do capitalismo, a humanidade ten  de ouvir o grito dos excluídos e advertir os erros nos que estamos mergullados; son precisas outras formas produtivas dentro dunha ciencia económica da polis, dunha economía política.

Eric Borman advirte no cristianismo a luz que debería liberarnos do capitalismo porque proclama o amor mutuo, as relación humanas de axuda e colaboración. A sociedade é ese monllo de interrelacións humanas que son imposíbeis sen certa igualdade e sen aprezo común.