I congreso galaico transmontano das areas comunitarias (Montes veciñais)
As terras comunitarias que existen en Galiza e en Portugal, son futuro, non son relíquias do pasado
De todas as nacións que conforman a Unión Europea, somentes en Galiza e en Portugal (do río Douro cara o norte), as terras veciñais, comunitarias, están recoñecidas e son xestionadas democraticamente polos veciños e veciñas comuneiros, polos compartes. Repárese que o territorio coincide co territorio do Antigo Reino de Galicia.
Dende fai varios anos, a Organización Galega de comunidades de montes (Orgaccmm) e a Asociaçao para a Cooperaçao entre Baldios (Aceb), veñen traballando, colaborando e intercambiando experiencias, sobre a problemática e posta en valor dos montes veciñais en mans común/baldíos. Ambas organizacións, coinciden na estratexia que precisan estas terras comunitarias.
Esta estratexia necesaria, ten tres eixos fundamentais: a defensa de esta titularidade singular, como unha titularidade mais e distinta das titularidades públicas e privadas, a xestión veciñal e xa que logo, democrática de estas terras comunitarias e a súa posta en valor de xeito multifuncional e sustentable.
As dúas organizacións a, Organización Galega de comunidades de montes (Orgaccmm) e a Asociaçâo para a Cooperaçâo entre Baldíos (Aceb), tamén coinciden no análise de que os gobernos neoliberais da Xunta de Galiza e da República Portuguesa, teñen como obxectivo, a privatización destas terras comunitarias. Se ben é certo que en Portugal, os arietes do neoliberalismo téñeno mais difícil, xa que a Constitución Portuguesa, produto da Revoluçâo do 25 de Abril, recoñece a titularidade comunitaria. Na Galiza, os veciños e veciñas
comuneiros cando se suxire a Reforma do Estatuto Galego, temos que loitar para que nel, se recoñeza a titularidade veciñal como tal, e non como esta hoxe, dentro das titularidades privadas.
Esta coincidencia no análise e na estratexia, fixo que as dúas organizacións deran un paso adiante na súa relación e acordasen traballar conxuntamente. Neste novo escenario, hai que situar a celebración do I Congreso Galaico Transmontano das Areas Comunitarias. Congreso que terá lugar os días 8 e 9 de Abril de 2011, na vila portuguesa de Mondim de Basto. Congreso no que se van a debater as seguintes cuestións: o monte veciñal/baldío, a dia de hoxe, os montes veciñais e os baldíos nos programas da Unión Europea e a Unión Europea e os espazos comunitarios.
Os obxectivos de este I Congreso Galaico Transmontano das Areas Comunitarias, son dous. O primeiro obxectivo e asumir unha actitude transnacional en beneficio das populacións do medio rural, como condición necesaria para o desenvolvemento destes dous espazos transfronteirizos que son Galiza e Trás os Montes. Tendo en conta para elo, que somentes, dende a defensa das características de estas terras comunitarias, poderanse presentar iniciativas innovadoras para por en valor estes espazos.
O segundo obxectivo situase en facer unha análise comparativa entre os diferentes Programas de Desenvolvemento Rural aplicados nas dúas zonas, así como avaliar os resultados das diferentes accións e medidas deses programas. Porque, se cadra, non son os mais axeitados para estas terras veciñais, comunitarias.
Mais de un millón de hectáreas de terras veciñais, de terras comunitarias que existen en Galiza e en Portugal, son futuro, non son reliquias do pasado. E polo tanto, a súa posta en valor de xeito multifuncional e sustentable, debe ser considerada estratéxica para os dous países. Esta é a mensaxe (e a loita), que
a Organización Galega de comunidades de montes (Orgaccmm) e a Asociaçâo para a Cooperaçâo entre Baldíos (Aceb), quere facerlle chegar ao goberno galego, ao goberno portugués e (ia a dicir goberno), aos mercados especulativos que gobernan a Unión Europea.