Grecia como espello
Os procesos de concentración do capital traducen sempre novas formas de desenvolvemento desigual
A crise Grega, que actualmente concentra a atención mediática, a fraxilidade extrema das economías das antigas democracias populares e das repúblicas bálticas que tiveron que recorrer a créditos do FMI ou de Rusia para evitar a quebra ou as dificultades nas que se atopan os Estados que na xerga económica actual deron en denominar PIGS, non son explicábeis sen ter en conta a xenética e natureza do proxecto europeo a dificultade de inserción das súas periferias así como a consideración do mesmo como un espazo para o desenvolvemento desigual . Os procesos que vimos de referir, coas súas especificidades, derivadas de puntos de partida distintos, son un espello no que debemos mirarnos para tentar comprender o xeito no que a crise vai golpear as periferias da Unión Europea pero tamén para anticipar a xestión que da mesma pretende facer o capital. O nacionalismo galego ten por diante a tarefa de sumar sinerxías que permitan crear unha correlación de forzas que posibilite artellar a resposta a esta situación, pero ao mesmo tempo, aproveitando todo o seu bagaxe doutrinal, debe perfilar outra volta en solitario un marco teórico para este contexto, que supere o relato imaxinario das forzas do sistema e as limitacións eurocentristas da esquerda de orientación ortodoxa.
Os mesmos analistas que até fai pouco gababan o milagre grego, son os que hoxe critican a súa situación. Isto é un modelo sumamente especializado propio dunha economía periférica que se sustentou na financierización que alimentou a burbulla inmobiliaria tan característica dun crecemento vinculado ao turismo, que se beneficiou do grande desenvolvemento do transporte marítimo de mercadorías e dunha banca que participou dos desenvolvementos urbanísticos no leste de Europa. A mesma andamiaxe teórica que mereceu os parabéns do capital internacional, hoxe serve de coartada ideolóxica para imporlle o estado heleno planos de axuste polo seu excesivo déficit ou pola súa exposición as manobras especulativas.O déficit grego (12,7%), por certo moi inferior ao Norteamericano ou Xaponés, e que se sitúa nos niveis do Reino Unido,de Irlanda, ou do Estado Español, déficit cuxa perversidade deriva da dubidosa teoría de considerar que é o mesmo cubrir os déficits das finanzas públicas con endebedamento que con impostos, receita que o FMI só se atreveu a aplicar nos países semicoloniais.
Porén as dificultades actuais de Grecia derivan da súa integración no marco comunitario e da aplicación das políticas europeas tanto polos gobernos demócrata cristiáns como socialdemócratas e que se concretaron no proceso de concentración de capitais e nunha redistribución da renda(80 grandes armadores posúen un patrimonio equivalente a totalidade do PIB do Estado e un cuarto da poboación entre cero e quince anos viven na pobreza), na destrución do emprego no sector primario e na terciarización da economía ( no momento da integración da CEE o 47% vivía do agro e pesca, hoxe representa o 18%), na desaparición de miles de comercios e Pemes, cuxo lugar ocuparon as grandes empresas de distribución de capital francés e nomeadamente na crecente finacierización da economía. A financieirización desemboca nunha penetración imperial aínda maior dentro das economías periféricas e incrementa así a súa dependencia financeira, marcadas polas políticas globalizadoras. As inxentes cantidades de capital diñeiro que aterraron en Grecia, atopando refuxio no negocio de ladrillo que acompañou ao turismo residencial, contribuíron a manter uns “fundamentos económicos mellores” até que a billa da liquidez se retrae e as inversións abandonan as illas buscando máis beneficio. Franza é a día de hoxe o principal Estado acredor de Grecia, a débeda desta co estado galo representa o 6%, do PIB grego, por iso o interese de Sarkozy en rescatar as illas do mediterráneo contra oposición de Alemaña e a pesar da prohibición explícita do Tratado de Lisboa para executar ese tipo de operacións.
A pesar da narración sobre as vantaxes que para os territorios menos desenvolvidos representaba a Unión Europea a realidade é ben diferente, até o punto que máis da metade da riqueza que se cria en Europa se concentraba nesa grande megalópoles, que en forma de arco vai desde Londres até o norte de Italia, cuxo centro de gravidade se sitúa en Londres, París e a Conca do Rhur, e que deron en chamar a “banana”Europea. Nesta área, falamos da “banana” ,concéntranse na última década as rexións con máis dinamismo demográfico, con máis creación de emprego, con máis crecemento do PIB, e tamén do PIB per Capita, o que provocou que se triplicara o nivel de renda das rexións máis ricas en relación coas rexións máis pobres na última década; na contra na cola das 210 rexións da UE-15, 22 correspóndense con territorios situados no Estado Español(Estremadura, Andalucía,Galiza) , tres en Portugal, catro do mezzogiorno italiano, catro da antiga Alemaña Democrática e oito de Grecia, até o punto que as dez rexións máis pobres teñen unha renda per capita un terzo inferior que as dez máis ricas. Agora ben o nó gorgiano deste fenómeno situase na satelización que por parte dos oligopolios do centro se leva a cabo dos centros de produción das zonas máis desfavorecidas, polo que os procesos de concentración do capital corren, por tanto, parellas a mecanismos de localización espacial das actividades, que traducen novas formas de desenvolvemento desigual.
As perspectivas do proceso en curso non fan presaxiar un futuro moi diferente para as desigualdades rexionais no espazo europeo, sobre todo, tendo en conta que a autentica converxencia implicaría unha absoluta rectificación do proceso andado desde o Pacto do Carbón e do Aceiro. A maior afondamento, por unha banda o crecente protagonismo do capital privado e o mercado e por outra a proliferación das receitas neoclásicas anegando os fundamentos das políticas rexionais, deixando en mans do mercado lograr unha distribución territorial máis equilibrada da actividade económica, que chegou a esa distribución desigual das man das forzas do mercado, levan máis ben a pensar a unha maior fondura das desigualdades. Neste sentido parécenos particularmente agudo o comentario de Samir Amin, que a hora de analizar as políticas rexionais da Unión Europea, non dubidaba en afirmar que na medida que as mesmas responden a incentivar o consumo e favorecer a competencia, rematan sempre por aumentar a desigualdade interna e afondar no papel que a cada territorio ten asinado na división do traballo.
O paquete de medidas que ven de anunciar o Goberno Grego, dirixido pola socialdemocracia, sinala ao noso entender dous aspectos de particular interese. Primeiramente, a asunción como propio e a conseguinte aplicación do paquete de medidas da Comisión, que entre outros aspectos recolle o aumento da idade de xubilación ou a suba do IVE, medidas que manexa o Goberno do Estado Español, indica a terapia de choque que o capital lle pretende impoñer aos pobos e aos traballadores na súa particular guerra de clases desde arriba que está a aplicar desde finais dos setenta. Nun segundo lugar, exemplifica cal é hoxe o programa da socialdemocracia realmente existente, o programa neoliberal, o único que lle vale hoxe ao capital, e evidencia o seu papel como alternativa irma de liberais e demócrata cristiáns . Xa que logo, é necesario, que sobre outras trabes, construamos unha historia moi distinta, na que nos podamos sentar a mesa de Europa como iguais, unha historia distinta, pero sobre todo, moi distante á que desde o sistema se nos ofrece.