Globalización e Tecnoloxía
Debemos rachar coa apropiación da tecnoloxía por parte do capital para darlle un carácter máis social e integrador
O espectacular desenvolvemento das tecnoloxías da información e das comunicacións (TICs) nos últimos trinta anos foi o que contribuiu decisivamente ao éxito do novo concepto de relación e dominación mundial chamado globalización. Baseada na teoría neoliberalista que apela a un uso interesado dos termos "liberdade" e "democracia", a globalización está a significar un novo xeito de imperialismo. Mais agora non son os estados os que conquistan novos territorios; o que se conquistan son mercados, procurase a apropiación da riqueza.
As estruturas xeopolíticas e sociais tradicionais están a ser varridas, pois a globalización conleva a extensión totalitaria da lóxica dos mercados financieiros a todos os aspectos da vida. Un só modelo, unha soa forma de vida, un gran mercado. Non é un proceso á procura do maior ben e igualdade mundial, senón a procura do sometimento aos intereses do capital, que ten liberdade de movemento mundial, coa eliminación de alfándegas e restricións administrativas. A globalización está a agravar as desigualdades no mundo no canto de equilibralas.
O neoliberalismo procura na tecnoloxía -ou nun concepto máis xenérico "tecnociencia"- maior capacidade de globalización, deslocalización e uniformidade: maior rapidez nas comunicacións, maior capacidade de control e de intimidación, creación de necesidades de consumo, pensamento único, semellantes xeitos de vida e eliminación da diversidade. Escollamos algúns exemplos:
- Nos paises máis industrializados, existe un consumo desaforado e crecente de enerxía e de recursos naturais, propios e dos chamados países do terceiro mundo, producindo ademais unha enorme morea de refugallos e desastres medioambientais.
- Un alto grao de coñecemento dos procesos biolóxicos abre unhas enormes posibilidades tecnolóxicas: novos medicamentos, mellora nas colleitas cos alimentos transxénicos, alteracións xenéticas dos seres vivos,... Pero todo isto está en mans de grandes corporacións farmacéuticas e alimentarias, que priorizan o seu beneficio económico, controlando o seu uso mediante o control da información e das leis creadas á súa medida.
- As TICs están a producir contidos uniformizadores no canto de permitir unha maior comunicación entre as persoas e os pobos. Internet, por exemplo, presentada como a promesa de democratización para o futuro, até hoxe ten aumentado aínda máis a desigualdade: o 20% máis rico da poboación da Terra dispón do 93% do uso total de Internet. As persoas marxinadas e pobres non teñen posibilidades de acceso aos equipamentos e ademais o seu uso precisa estar alfabetizados. Os medios de comunicación global propagan unha vasta monocultura de novas globais e de americanización do lecer, potenciando aínda máis os procesos de minorización lingüística e cultural dos pobos menos poderosos, convertíndose nunha sorte de colonización tamén cultural.
En Galiza temos por desgraza aínda exemplos de políticas que fan un mal uso das tecnoloxías e nas que priman os intereses económicos:
- Existen industrias de enclave altamente contaminantes como ENCE na ría de Pontevedra.
- Hai un grave problema de contaminación das nosas rías por falta de depuración e falta de estratexia para a defensa e explotación sostíbel.
- A xeración de enerxía eléctrica prodúcese en condicións agresivas cos ríos e montes (encoros, baleirado de caudais, aeroxeradores) e coa atmósfera (obsoletas e altamente contaminates centrais térmicas).
- A política de tratamentos de residuos como a incineradora de Sogama en Cerceda ou o almacén de As Somozas é obsoleta.
- Ten lugar a explotación sen control de materias primas, como a lousa e o granito, que destrozan os montes e contaminan os ríos e non se lles tira o valor engadido no noso país.
A globalización e o desenvolvemento tecnolóxico non ten porqué producir estes efectos perniciosos e destrutores. A tecnoloxía ten un enorme potencial -como xa demostra ás veces- para contribuír a unha mellora na calidade de vida, a un desenvolvemento sostíbel, para a eliminación da pobreza, o achegamento entre os pobos e a eliminación das desigualdades sociais. O importante é rachar as estratexias de apropiación das tecnoloxías por parte do capital e darlle un carácter máis social e integrador, como lle corresponde de seu.
A tecnoloxía non debe funcionar como unha caixa negra a través dun suposto pacto dos investigadores e investigadoras coa sociedade, que deposita neles a súa confianza cega, perdendo o control sobre ela e sobre as súas consecuencias. Cómpre participación pública nas políticas científicas e tecnolóxicas, cómpre regulación social. Cómpre unha maior alfabetización científica e tecnolóxica. Sen coñecemento non hai opinión, non é posíbel a participación. A nosa sociedade debe camiñar cara a sociedade do coñecemento, pois só así seremos quen de manter e valorar a nosa identidade colectiva e de comprender e compartir con outros pobos as riquezas culturais e naturais que son de todos nós.