Galiza ten o índice máis alto de accidentes laborais do Estado
En Galiza non existe unha conciencia social sobre o drama e a importancia da sinistralidade laboral que padecemos
O 8 de novembro do ano 95 (hai 15 anos) aprobouse polo Goberno do Estado a Lei de prevención de riscos laborais, e esta unha referencia fundamental na asunción da problemática da sinistralidade laboral. Nesta Lei do ano 95, entre outras novidades, transpoñíanse diferentes directivas europeas dos anos 89, 92 e 94. Pois ben, desde a aplicación desta lei, en Galiza levamos entre 1.300 e 1.400 mortos en accidentes laborais. Isto supón unha media aproximada de case dous traballadores/as mortos á semana, nos últimos 15 anos.
Fago esta referencia porque, a pesar do avance que supuxo esta Lei, Galiza ten hoxe un alto índice de incidencia en accidentes laborais, moi superior a do Estado e doutros países da Unión Europea.
Porén, non existe unha conciencia social desta situación, cando menos semellante ao que se ten avanzado noutras situación dramáticas como son as consecuencias dos accidentes de tráfico ou da violencia machista, neste caso aínda non temos interiorizado o nivel de accidentes laborais que padecemos. Mais precisamente na comparación de dados é onde podemos apreciar a realidade da nosa situación. E para permitir unha comparación homoxénea é preciso empregar os Índices de incidencia, que definen os accidentes segundo a súa gravidade e considerando o número de traballadores/as de cada territorio. Índice de incidencia= accidentes en xornada de traballo x 100.000 / afiliación á Seguridade Social
Accidentes Mortais
Para comprender o necesario uso dos Índices de incidencia podemos ver o número de accidentes mortais dos últimos cinco anos en Galiza (entre parénteses, tanto en xornada de traballo como in itínere), tomando como fonte o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Issga: 2005 (130), 2006 (106), 2007 (95), 2008 (102), 2009 (88). Esta información, aínda trasladando o alto número de accidentes, non permite avaliar a gravidade da situación, algo que se visualiza mellor cando falamos en termos comparativos co Estado ou coa UE.
- Índice de incidencia de accidente mortais (en xornada de traballo) en Galiza: 2005 (12,60), 2006 (9,27), 2007 (8,56), 2008 (8,28) 2009 (8,93). Fonte: Issga
- Índice de incidencia de accidente mortais (en xornada de traballo) no Estado: 2005 (3,5), 2006 (3,5) 2007 (2,3). Fonte: INE
- Índice de incidencia de accidente mortais (en xornada de traballo) en Portugal: 2005 (6,5), 2006 (5,2) 2007 (6,3). Fonte: INE
- Índice de incidencia de accidente mortais (en xornada de traballo) en Alemaña: 2005 (1,7), 2006 (2,1) 2007 (1,8). Fonte: INE
- Índice de incidencia de accidente mortais (en xornada de traballo) en Suecia: 2005 (1,7), 2006 (1,5), 2007 (1,4). Fonte: INE
- Índice de incidencia de accidente mortais (en xornada de traballo) nos Países Baixos: 2005 (1,6), 2006 (1,7), 2007 (1,8). Fonte: INE
Accidentes Graves
Pero, a situación de Galiza pódese dimensionar no caso dos accidentes graves; nos últimos cinco anos Galiza, cunha poboación afiliada á Seguridade Social no entorno das 830.000 persoas, en termos absolutos tivo máis accidentes graves que a Comunidade de Madrid, que ten unha poboación afiliada de 2.450.000 persoas.
- Número de accidentes graves (en xornada de traballo) en Galiza: 2004 (937), 2005 (871), 2006 (846), 2007 (811), 2008 (663). Fonte: INE
- Número de accidente graves (en xornada de traballo) na Comunidade de Madrid: 2004 2005 2006 2007 2008 986 812 743 758 543 Fonte: INE
Por iso, se relativizamos estes dados e os medimos co Índice de incidencia vemos como, neste último ano (refírese ao 2009), Galiza tivo o Índice de accidentes graves máis alto do Estado, que é de 69,5, cando a media estatal é de 32,7 e na Comunidade de Madrid de 16,2.
Motivos
Sería profuso entrar nos motivos desta situación, mais pódense enumerar algúns; desde un tecido económico onde predominan as Pemes, con moi poucas grandes empresas, o escaso número de inspectores/as de traballo, a temporalidade e a precariedade laboral –e nisto ten moito a ver as sucesivas reformas laborais-, a prolongada xornada laboral en Galiza –a cuarta máis longa do Estado-, até a dispersión poboacional, única no Estado, que repercute nos accidentes in itínere ante a falta dun transporte colectivo real.
En calquera caso, nesta situación faise preciso e urxente o traspaso de competencias do Estado á Xunta de Inspección de Traballo. Agora, neste ano 2010, polo efecto da crise económica e o aumento do paro, están baixando o número de accidentes, polo que a actual Xunta do PP tira unha lectura moi positiva, mais sen realizar ningunha medida concreta. Debemos lembrar que cando a finais do ano 2007, co Goberno Bipartito, se creou por Lei o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, o PP, daquela no oposición, abstivérase.