Galiza participa na xornada de loita europea do 14 de novembro
A autoorganización dos traballadores e traballadoras galegos e galegas á fronte da rebeldía
Foi o sindicalismo nacionalista e de clase, a auto-organización dos traballadores e traballadoras galegos e galegas, quen leva encabezando a rebeldía dende o inicio da crise, fomos nós os que impulsamos a convocatoria das folgas xerais, incluso en solitario contra os recortes e contrareformas impulsadas polos distintos gobernos e a UE. Tiñamos claro que o modelo de concertación e pactismo era unha vía esgotada, o tempo deunos a razón e son outros os que mainiñamente se achegan as nosas posicións. Sempre defendemos un xiro nas políticas sindicais da Confederación Europea de Sindicatos, ante a ofensiva brutal do capital. A xornada de loita europea evidencia o atinado do noso modelo sindical de combate e resistencia.
Cada día as decisións que nos afectan tómanse mais lonxe da cidadanía, pasaron de tomarse en Madrid a tomarse en Bruselas ou Berlin, pretenden así presentar como inevitábeis recortes, contra reformas e privatizacións. Xa se sabe, canto mais lonxe se toman as decisións, mais difícil semella combatelas.
Europa é unha ditadura das grandes empresas e corporacións, que impoñen as súas regras, espoliando o patrimonio de todos e todas (con privatizacións, recates da banca, etc) e sentando as bases para un novo modelo de relacións laborais no que pretenden impoñer a lei da selva. Nesta Europa mandan os patróns e o norde, por riba da cidadanía e dos pobos.
A destrución masiva de postos de traballo é un instrumento para tratar de dobregar a nosa vontade de resistir e loitar por outro modelo social e laboral. Iso explica que primeiro lle facilitaran aos patróns privados poder despedir a través de ERE´s, modelo que agora queren estender ás administracións públicas. Explica tamén que dende a UE se impoñan cada vez mais vetos para que os nosos sectores podan producir (naval, pesqueiro, agrogandeiro, etc).
O paro é unha ferramenta de control social, fomenta o medo, dividindo a sociedade entre quen perdeu o traballo e quen ten medo a perdelo. Aproveitándose dese medo a perder o posto de traballo pretenden que no verano do 2013 desaparezan centos de convenios colectivos, para que desaparezan todos os dereitos sociais, un efecto directo da reforma da negociación colectiva do PPSOE.
Todas estas medidas regresivas (baixa de salarios, maior custe dos servizos básicos, subas de impostos non progresiva, privatizacións,etc) empobrecen á clase traballadora, introducindo maior desigualdade no reparto da riqueza. Pero ademais, neste modelo de Europa, canto mais lonxe está un pobo dos centros de poder, menor é a súa participación no reparto da riqueza, de aí que o Estado Español, Portugal, Italia ou Grecia sexan os paganos da súa falsa crise, unha situación que se agrava en Galiza, carente de soberanía e na periferia da periferia.
É por iso que a xornada de loita Europea terá un seguimento desigual, convocatorias de FOLGA XERAL en Galiza, o Estado Español, Portugal, Grecia e Italia. e pasividade cómplice do norte e centro de Europa. Hai clases e hai nazóns.