Formación: de dereito a negocio
A formación profesional para o emprego sofre no noso país serias ameazas de mudar na dirección contraria á que debera
A formación profesional para o emprego sofre no noso país serias ameazas de mudar na dirección contraria á que debera.
Os niveis de desemprego están en Galiza nos niveis máis altos da historia. Máis de 270.000 persoas non teñen traballo segundo os recentes dados do pasado mes de xaneiro. E, definitivamente, non se trata dunha consecuencia da crise, senón do resultado das respostas que se lle están a dar á mesma. Dende o punto de vista de quen hoxe ten o poder para estabelecer políticas económicas, o desemprego non é un obxectivo a combater polas mesmas. Pola contra, o control do déficit e o tan sobado, equívoco e nunca aplicado a eles propios termo de "austeridade" o que están a provocar é maiores niveis de desocupados. Como entender, senón, os 6.000 millóns de euros adicionais (17.600 xa se concederon nos últimos anos) que o Goberno do Estado pon nas mans da banca. En definitiva, debemos ollar a crise non como unha maldición que xorde da nada, senón como un proceso de reestruturación do capital perfectamente levado adiante e onde a perda de dereitos da clase traballadora e de empobrecemento de amplas capas sociais son obxectivos coñecidos e procurados.
Neste contexto é onde se vai producir unha reforma estrutural da formación para o emprego. Consonte co estado de cousas actual, esa reforma vai provocar unha transferencia de recursos para o sector privado e unha perda de dereitos de traballadores e traballadoras de participar na xestión dos recursos que deberan incidir na mellora da súa empregabilidade. Isto é, se non somos quen de evitalo darase un maior negocio para as empresas privadas a conta da formación de traballadores e traballadoras, unha centralización crecente das políticas activas de emprego nesta materia, e unha exclusión do sindicalismo nacionalista do sistema de formación profesional.
O partido que arestora goberna, ao igual que xa prevía o anterior, ten a intención xa expresada de atacar as bases da negociación colectiva, como un flanco máis dentro desa guerra que o capital lle declarou abertamente ao mundo do traballo. Dese dereito á negociación colectiva e á liberdade sindical é onde xurde o papel central que teñen que ter os sindicatos á hora de ser axentes básicos na participación do deseño e execución da formación profesional. O malo é que os sindicatos españois xa están entregados a agachar a orella ante isto. Nada raro nunha deriva sindical que fixo do pacto contra a clase traballadora a súa inercia ano tras ano.
Todos os anos moitos millóns de euros saen das nóminas dos traballadores e traballadoras deste país coa finalidade de financiar a formación para o emprego (en concreto o 0,1% da base de cotización por continxencias profesionais todos os meses). Estas cantidades, ao igual cás pensións, son un gorentoso bocado para que se poida facer negocio con el. O sindicalismo nacionalista, que en base á representatividade outorgada por miles de traballadores galegos e galegas até agora pode participar e xestionar planos de formación dende unha perspectiva galega e liberadora, está ollando na práctica como os atrancos son cada vez maiores. Á exclusión contra toda racionalidade e dereito dos fondos de formación contínua e ocupacional estatais súmase a redución brutal dos fondos competencia da Xunta de Galiza, nun tratamento abertamente discriminatorio fronte a outras opcións sindicais que venden seguido a súa alma ao demo. O estrangulamento financeiro, a redución dos fondos, os retrasos nos pagamentos caen sospeitosamente sempre do mesmo lado, como se o obxectivo for acabar de vez coa participación do sindicalismo nacionalista no ámbito da formación profesional galega. Esta curiosa austeridade asimétrica, que se lle aplica ao "nemigos", lévanos a ter que denunciar esta práctica de eliminación de calquera discrepancia sindical.
O sindicalismo nacionalista debe respostar a esta nova agresión contra os dereitos dos traballadores e traballadoras galegas. A defensa do interese de contar con medios propios, a oposición á centralización e privatización dos fondos de formación que saen das nosas cotizacións son tarefas ás que estamos obrigados nos vindeiros meses. Todos os instrumentos ao noso alcance para mellorar as condicións materiais da clase traballadora galega son imprescindíbeis na loita contra o desemprego, e unha formación incardinada na realidade galega ten que seguir a selo, máxime cando nace de nós para nós mesmos.