Fechado
Os titulares da débeda grega son fundamentalmente os banqueiros alemáns e franceses
A loxa de Maruxa, que nos abastecía de produtos básicos para o noso vivir diario, que era o supermercado do barrio, cumpría para todos nós un servizo imprescindíbel. Os que vivimos no barrio estabamos moi ledos coa loxa. Pero está maña, a súa porta estaba atrancada e da mesma penduraba un cartel ¡Pechado!. A xente desacougada, comentaba e perguntabase, que pasaría? O Luís e a Maruxa, son novos. Ámbolos atendían con moita dilixencia o negocio. Teñen tres fillas. Os pais da Maruxa tíñanlle deixado a tenda. A familia vivía da mesma. Deu para estudar as fillas e para sacar uns salarios. A cousa ía. Agora, vense na obriga de pechar, xa que as ventas diminuíron fortemente, o que non lles permite facer fronte aos pagos. A familia queda nunha situación tráxica, sen ingresos, que será dela? Isto é o que lle ben sucedendo a maioría dos autónomos do noso país. Así é como se incrementa o paro e se destrúen sectores económicos que nos prestan grandes servizos, é como se están cargando aos comerciantes. Mais a traxedia da familia de Luís e Maruxa, ten un efecto domino que afecta: a señora Elvira que lle vendía froitas e hortalizas, cultivándoas na súa aldea de Fontao, e a carne de Pepe, o gandeiro de Pedre, o viño do bodegueiro de Reibo, ou o sabroso pan do forno de leña de Rosalía. Tamén eles verán mermados os seus ingresos. E que dicer do señor da limpeza, que co seu traballo na loxa, ia tirando e sobrevivindo malamente...
O drama estendese a amplos sectores socias e económicos.
Agora, a filla miúda que está estudando en Santiago, terá que prescindir de algúns gastos, e as outras, con títulos universitarios, trataran de emigrar, xa que aquí non atopan traballo. Emigraran a Alemaña que quere concentrar e acaparar aos talentos universitarios dos países da periferia europea. Que listo é o capital do centro da Europa, amais de impor certas mediadas económicas que prexudican gravemente a nosa economía, tamén queren aos traballadores cualificados, para obter un beneficio duplo. Isto xera, unha sangría social e económica no país. Alemaña, Francia, que din prestar a países como Grecia, Portugal ou Irlanda, axudas para saír da crise, na verdade o que conquiren é un suculento negocio para os seus sectores bancarios. O pobo grego, nen cartos ten para afrontar os xuros que lle impoñen os que se din salvadores das economías en crises. O plan de rescate?. .non é mais que intensificar a usura. Claro, a Europa poderosa, o que pretende e agrandar a súa economía, os seus bancos, aínda que sexa a costa do afogamento social e económico dos países da periferia europea. Métennos nunha atroz bancarrota. Así, que se non pagan os xuros relixiosamente, non terán máis colaboración. Colonialismo puro é duro. Espero, polo ben dos países da periferia que se plantexen a posibilidade de non realizar os pagos, de non pagar a débeda externa. Non esquezamos que os titulares da débeda grega son fundamentalmente os banqueiros alemáns e franceses. A confrontación da poboación da periferia europea co centro, camiña cara unha forte tensión, nos próximos anos, senón queremos perder todas as conquistas socias.
O debate de saírse do euro está xa na rúa.