Explotacións agrarias, outra crise máis
E se nos poñemos a pensar vemos que a evolución de moitos aspectos nas explotacións de leite foron enormes e cada paso que se daba era contrarrestado por outro do poder económico que acababa por derrubar toda esa vantaxe
Non fai moito tiven a oportunidade de escoitar unhas declaracións do presidente dunha importante e significativa cooperativa agraria galega e, asegúrovos que, aínda estou debullándome os ollos. Xa sen entrar en matices da política seguida pola gran maioría das cooperativas do noso país, sen entrar na submisión, á que se entregaron voluntariamente, tanto das súas decisións operativas, comerciais e aos designios políticos que se expandiron a pracer nese campo de cultivo, o que máis chamaba a atención desas declaracións era a espesura, incongruencia e contradición da mensaxe. Por un lado estábase a dicir que as explotacións non eran rendibles, que a situación de “quebra técnica” para un gran número de socios e socias era inminente, que os prezos aos que lograban colocar o seu produto no mercado non eran quen de sustentar os custos de produción. A continuación e cunha parsimonia do mellor vendedor de soños, esquecendo por completo o anteriormente mencionado, pasou a relatar unha serie de “mantras” cos que pretendía ser resolutivo e crible de cara a un público (socios e socias, espectadores e espectadoras, etc) cada vez máis incrédulo. E non se trataba máis que de profundas reflexións como que podemos aínda ser máis competitivos, temos aínda marxe para mellorar, etc.
E non é que o meu desacordo sexa palpable, non, non se trata diso. Hoxe calquera que pise o rural galego sabe que efectivamente existe unha marxe importante de mellora pero que non vai solucionar nada o futuro das explotacións, mentres estas non demostren o seu poder e o seu control sobre certas fases da comercialización do seu produto. Digo isto xa que son moitas as explotacións que hoxe son empresas de dubidosa rendibilidade onte foron exemplo a seguir. E se nos poñemos a pensar vemos que a evolución de moitos aspectos nas explotacións de leite foron enormes (non quero dicir correctos, que conste) e cada paso que se daba era contrarrestado por outro do poder económico que acababa por derrubar toda esa vantaxe, ese posible beneficio para as explotacións. Se nos poñemos a contar todos os trocos que se teñen feito nas nosas granxas dende fai uns anos quedariamos sorprendidos polo continuo movemento ao que se teñen que someter para non verse “relegadas” ao anonimato ou a presión social de ser “diferentes”. Moitas destas explotacións hoxe están pagando o prezo de medrar en situacións delicadas, nas que o factor produtivo está en mans alleas e polo tanto pasa a ser un factor de risco e dependencia que nos impide un desenvolvemento normal da nosa extensión económica.
Moitas explotacións parece que se dedicaron a perpetrar unha fuxida cara diante en vez de fortalecer o seu futuro e iso crea unha serie de deficiencias estruturais de difícil resolución. Pero non contentos con todo isto podemos engadir dende unha perspectiva aséptica todo o realizado por nos mesmos neses entes cooperativistas que, definitivamente, perderon a oportunidade de facer honra ao seu nome e que hoxe non son máis que rémoras edificadas nunha base comercial da que non dan saído e arrastran ás súa bases a unha loita ou supervivencia allea á súa fin. Perdemos moito tempo, posiblemente se as cooperativas xunto ás forzas sindicais e todo tipo de colectivos que traballan no medio rural a pro deste tivesen optado por clarificar a súa estratexia hoxe estaríamos falando noutros termos. A defensa da nosa produción, o control que sobre esta deberíamos ter está hoxe fora das nosas mans, non temos capacidade algunha para poder reverter estes factores nun beneficio propio e son quimeras que hoxe están capitaneados por elementos esóxenos ás nosas explotacións, con centros de decisión totalmente alleos e cunha perspectiva de afogamento e dominio ás bases que os sustentan. E o problema é que no aprendemos nada. Hoxe a xestión nas explotacións nin sequera está minimamente valorada, a compra de produtos faise ao chou, sen ningunha base e a guerra entre os actuantes neste medio rural é notoria e sangrante, co cal a ferida non fai máis que agrandarse. Posiblemente teríamos que reflexionar moito, pero quen é capaz hoxe de poñer un pouco de sentido a todo isto?
O problema é que as declaracións dese presidente son as declaracións e o pensamento de moitos máis.