Ex presidentes en nómina das multinacionais
As contratacións de Felipe González por Gas Natural e de José María Aznar por Endesa son un dos máis claros exemplos da supeditación das políticas do PP e do PSOE aos intereses das grandes empresas
Por que os grandes grupos enerxéticos españois se disputan os ex presidentes do Goberno? Quizais porque namentres gobernaron tomaron decisións que influíron na evolución das empresas que hoxe lles pagan ou quizais o fan co ánimo de utilizaren as súas influencias. En decembro, recibiamos a noticia da entrada de Felipe González no Consello de Administración de Gas Natural, e hai uns días, José María Aznar "fichaba" como asesor externo de Endesa, empresa que rematou de privatizarse grazas ao PP. Non só as eléctricas buscan integrar entre as súas filas ex presidentes do Goberno español, outras cotizadas compañías tamén se fan cos servizos de ex altos cargos. É o caso, entre outras, de Acciona, con Javier Solana, Carmen Becerril e Pío Cabanillas; Caja Madrid, con Rodrigo Rato; Josep Piqué, con Vueling ou Isabel Tocino, co Santander.
Non é ético nin oportuno que ex presidentes sexan contratados por grandes empresas privadas xa que non actúan consonte os intereses das maiorías sociais. E menos tendo en conta que o sector enerxético depende en moitas cuestións de decisións estritamente políticas e que tanto González como Aznar manteñen unha relación activa coas súas respectivas formacións políticas e exercen influencia en defensa dos intereses de PSOE e PP, respectivamente. Sen ir máis lonxe lembremos que a fixación das tarifas fica supeditada á aprobación do Consello de Ministros.
Tampouco é ético nin oportuno que cos tempos que corren ex presidentes do Goberno cobren as pensións vitalicias (segundo os Orzamentos Xerais do Estado no 2011 cobrarán este ano uns 80.000 euros -máis do que cobrará Zapatero-) e sigan gozando de privilexios a cargo dos cartos de todos os contribuíntes -como o coche oficial ou a seguridade- a maiores dos salarios desorbitados cos que serán remunerados por parte das compañías privadas. Segundo recollen os medios de comunicación, Felipe González recibirá de Gas Natural unha remuneración bruta de 126.500 euros e Aznar, quen xa cobra de seis empresas máis de un millón ao ano, recibirá de Endesa perto de 200.000 euros anuais. Nun contexto de recortes sociais impulsados polo PSOE, co beneplácito do PP, os ex presidentes do Goberno cobran pensións ficando en activo. E as traballadoras e traballadores? E os máis de 4.100.000 paradas e parados rexistrados nas listas dos Servizos Públicos de Emprego do Estado español?
É necesario estabelecermos límites
O debate das incompatibilidades volveu saltar en Galiza o pasado ano co caso do actual conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, quen foi apoderado da construtora Sercoysa -segundo consta no Rexistro Mercantil- desde agosto de 2005 até xaneiro de 2008. Hernández fora director xeral de Obras Públicas con Xosé Cuíña, cargo que mantivo cando Cuíña foi substituído por Feijóo, antes de se incorporar á Deputación de Pontevedra como director da área de Infraestruturas. Os contratos públicos a Sercoysa suscitaron o pasado ano unha gran polémica que espertou a necesidade de reformular as incompatibilidades e facelo máis claro e taxativo.
Cómpre estabelecermos límites para evitarmos confusións entre intereses públicos e privados. O BNG vén de propoñelo coa presentación dunha proposición non de lei que forzará o debate no Congreso. Contratacións como a de Felipe González ou a de Aznar non axudan para a posta en valor da actividade política ao servizo dos veciños e veciñas, para a ética nin para o exercicio transparente das funcións públicas. As reaccións da cidadanía ás informacións que deron conta das "fichaxes" dos dous ex presidentes por Gas Natural e por Endesa eran de desconfianza ao advertir a posibilidade de que se tomasen decisións ao ditado dunha influencia indebida tras ter ocupado altas responsabilidades de carácter público. Cómpre reforzarmos a calidade democrática, a honestidade e a dignidade da actividade política e cómpre frearmos o caldo de cultivo para o fascismo.