Europa no espello arxentino
O euro desplómase e a Eurozona está a piques de se desintegrar
Logo de facer estragos na súa patria de orixe, Estados Unidos, o "virus neoliberal", para usar a atinada expresión de Samir Amin, contaxiou a Europa. Ante os síntomas inocultábeis da crise, os mercados reaccionan coa súa explosiva mestura de rapacidade e irracionalidade e evidencian o seu escepticismo ante as receitas de saída da crise elaboradas polo G-20, o FMI ou o BM. Para colmo, esta fin de semana, Jean-Claude Trichet, Presidente do Banco Central Europeo, declarou "a salvación dun billón de dólares aprobada pola UE e o FMI é só para gañar un pouco de tempo". Esta opinión foi secundada polo economista-xefe do BCE, Jürgen Stark, quen ademais dixo que "cando os mercados tolean, ninguén pode previr as consecuencias".
O caráter estrutural e de longa duración da crise é evidente, e as súas dimensións son impresionantes: en Grecia o déficit fiscal en relación co PIB ronda o 14%; en Irlanda, case o 15; en España, está a centésimas do 12, en Portugal supera xa o 9 e en Gran Bretaña, da cal poucos falan, o déficit fiscal é apenas unha centésima inferior á incendiada Grecia: 13%. Estas cifras apártanse brutalmente das estipuladas no xa defunto Tratado de Maastricht, polo cal os países europeos comprometéronse a manter o seu déficit fiscal por debaixo do 3% do PIB. Todo isto ocorre porque ante o estalido da crise do verán boreal do 2008, os gobernos ordenaron ao Banco Central Europeo e aos seus propios bancos rescatar ás empresas afectadas pola crise; tal como o fixeran en Estados Unidos Bush e Obama, demostrando, pola vía do exemplo, que a doutrina da "autonomía do Banco Central " é un engano só destinado ao consumo dos sumisos gobernos da periferia.
O problema con estes rescates é que máis cedo que tarde os fenomenais desembolsos realizados polos gobernos convértense nunha débeda de proporcións xigantescas, orixinando un inconveniente crecemento do déficit fiscal. Dado que até fai poucas semanas o FMI abstívose de sequera lanzar unha advertencia aos países do mundo desenvolvido (cando por déficit moitísimo menores as súas letais misións a calquer país do Terceiro Mundo), o problema non suscitou maior atención agás entre os poucos que estaban realmente ao tanto da situación e non crían nas enxeñosas metáforas empregadas polos gurús do capitalismo que fai un ano viñan falando de "gromos verdes" que anunciaban a fin da crise. Charlatáns irresponsábeis (ao igual que os que na Arxentina pronosticaban en marzo do 2002 que para fin dese ano o dólar se cotizaría entre 12 e 14 pesos por unidade), senten agora que o mundo se lles vén abaixo: o euro desplómase e a Eurozona está a piques de se desintegrar, e como os gobernos capitalistas só coinciben a saída da crise facéndolla pagar aos traballadores, o clima social cárgase dunha conflitividade non vista desde os sucesos de 1968, aínda que algúns se remontan até as postrimerías da I Guerra Mundial.
A proposta para gregos e españois é un calco das que o FMI impuxera en América Latina e que só serviron para acelerar a caída, sendo o caso arxentino o espello máis fiel do que probabelmente lles agarde a moitos países da Unión Europea que todavía se aferran ao catecismo neoliberal. O Wall Street Journal do 12 de maio sinalaba que "Na Eurozaona e en menos dun mes o FMI deixou de ser un paria para se converter nunha institución esencial a cal a súa beizón é necesaria para os países que precisan paquetes de rescate". Este verdadeiro Dr. Menguele das economías -que segue a ser o mesmo de antes, pese as declaracións públicas en contrario- foi o que as autoridades da Unión Europea elixiron para que administre os remedios que resolverán a crise. Por iso non sorprende ver a unha Europa en pé de guerra social, como resposta a un programa de axuste tan vital como o que padecemos en América Latina. Ao igual que en Grecia, o axuste recesivo de Rodríguez Zapatero en España ten un dos seus puntais na redución salarial do 5% para a maioría dos traballadores e a conxelación para os de menor ingreso, os chamados "mileuristas" (por ser aproximadamente esa a suma que gañan mensualmente). Para demostrar que haberá austeridade para todos, e que esta será progresiva, o goberno español decidiu que desde o cargo de Secretario de Estado por arriba, a redución sería do 15%. O único detalle é que namentres o Presidente español gana 91.982,40 euros por ano (cerca de 8.000 euros mensuais, amén de diversos gastos que corren por conta do erario), o recorte do 15% dificilmente lle producirá algunha merma na súa capacidade de aforro e consumo. Pero para os sectores inferiores da administración pública -onde os seus ingresos oscilan, en torno aos 2.000 euros mensuais- os 100 euros que lles serán reducidos incidirán negativamente no seu nivel de vida.
David Cameron, o novo Premier británico, foi o máis flemático e e ordeou unha redución do 5% dos seus emolumentos, pese a que o seu soldo anual de 207.500 libras esterlinas (sumando o que lle corresponde como Premier e como membro do Parlamento) máis que duplica ao seu colega español. Estos dous exemplos bastan para caracterizar a filosofía que inspira estes dous programas de axuste. Agréguese a isto que en ningún dos estado da UE esta redución afecta ao voluminoso orzamento militar, parte do cal se destina a financiar guerras inmorais e infames como as que se están a librar no Iraque e en Afganistán. O que si se reducirá é a suma destinada á cooperación internacional. Só no caso español isto significa unha baixa e 600 millóns de euros, un 8% en relación co previamente orzamentado.
Neste contexto, non deixa de ser negativa a conversación telefónica que sostiveron o 11 de maio Obama e Rodríguez Zapatero, sobre todo cando o primeiro lle aconsellou que tomara medidas resolutivas "para calmar aos mercados". Esta frase é máis que semellante á que no seu momento pronunciara o ex-presidente Fernando De la Rúa en vésperas do derrubamento da convertibilidade, cando tamén el -como Obama agora- creía que era imprescindíbel e factíbel "levar tranquilidade aos mercados". En realidade, os mercados son unha institución na cal a crispación, o desenfreo e a irracionalidade son a norma; ademais, sen importar canto se faga ao seu favor, son insaciábeis e sempre quererán máis, como llo fixeron saber a De la Rúa e Cavallo en decembro de 2001. Nas páxinas finais do primeiro volume de El Capital, Marx describiu con vívidos carácteres a natureza dos capitalistas e os mercados ao dicir que "o capital experimenta horror pola ausencia de ganancia... Se a ganancia é axeitada, o capital vólvese audaz (...). Ao 20%, porase impulsivo; ao 50% vólvese temerario; ao 100%, pisoteará todas as leis humanas; e ao 300% non hai crime que o arrede, aínda que corra o risco de que o aforquen". A experiencia dos últimos dous anos dálle a razón, e a crise recente está comezando a manifestarse.